Índice

www.galiciasuroeste.info

 

 

Fonte  da Morea (A Guarda)

 

Por José A. Uris Guisantes

Lavadoiro da Morea. O fondo de fronte miñas tías Concepción e María Uris Pena. A fotografía foi sacada por seu tío Agustín Pena Pacheco.

Primeiro existiu o lavadoiro  de A Morea na parte do mar de As Chabolas, que servía en 1960 para que as veciñas de Inguieiros e parte da rúa Calvo Sotelo (hoxe  rúa do Porto) lavasen a roupa de súas familias. polo menos ata 1984, ano no que  se fixeron as obras da Avda. Fernández Albor  quedando soterrado o lavadoiro que xa había anos ninguén ía lavar roupas. O lavadoiro de A Morea quedaba a altura do actual Restaurante Xeito.

 

Croquis da Fonte da Morea

Por outra banda a Fonte da Morea foi inaugurada o 20 de marzo de 1964 con un presuposto de 14.996 pesetas. A auga potable foi levada por 155 m de tubaria galvanizada, con arqueta de ladrillo  de 0,40 x 0,40 dispondo dunha chave de paso.

A unidade da fonte incluía unha base de cemento con fábrica de ladrillo con fronte de pedra con saída o mar. E tamén desapareceu pola presión do modernismo, as lavadoras e a auga potable (clorada) en tódalas vivendas.

José A. Uris Guisantes