Índice

www.galiciasuroeste.info

 

 

Xigantes e Cabezudos en Galicia

Por José A. Uris Guisantes

A tradición dos xigantes e cabezudos en Galicia data do século XVII. Na vila da Guarda ven de comezos do século XX.

As localidades que tiñan xigantes e cabezudos eran, Tui, Baiona e A Guarda, polo que tanto Tui como A Guarda prestaban tales artilugios para eventos importantes. A O Rosal chegaban os xigantes e cabezudos de Tui e algunha vez os da Guarda a Oia.

Xigantes e cabezudos de Tui na Praza do Calvario (O Rosal). Fotografía  propiedade de Xoan Martínez Tamuxe, publicada por Juan Ramón M.B. www.noticiasorosal.blogspot.com.

Xigantes e cabezudos de Tui en O Rosal nos anos sesenta, acompañados dos Gaiteiros Os Albariños no Calvario. Fotografía publicada en www.galiciasuroeste.info (Fotos de ayer).

Xigantes de Tui co Grupo de Gaitas Airiños de Sampaio (Lavadores)

 

Xigantes e cabezudos de Tui en 1953.

Xigantes de Tui en 1953

Xigantes de Tui.

A cidade de Tui non debeu ter xigantes e cabezudos ata  mais aló de 1930, porque nunha sesión de pleno ordinaria correspondente ó día 10 de xullo de 1933 a Corporación guardesa trata, entre outros asuntos, de:

Gigantes.- El concejal don Brasilino Álvarez Sobrino, pide a la Corporación que se faciliten los Gigantes para unos festejos que próximamente s ecelebrarán en la Ciudad de Tuy, cuya petición se la hacen a él amigos de aquel pueblo. El Ayuntamiento, después de deliberar sobre el particular, acuerda facilitar los Gigantes viejos, cobrando cincuenta pesetas de alquiler por los días que duren los festejos, respondiendo los interesados de los daños que pudieran ocasionarles.

Era alcalde  e dirixente do Partido Radical de A Guarda (Lerrouxista) don Antolín Silva Vicente.

Xigantes e cabezudos en Tui en 1948.  Fotografía de Juan Vila Botana

Xigantes  en Allariz.

Desde os anos noventa na Guarda soamente saen os cabezudos porque os dous xigantes non teñen a ninguén que cargue con eles, permanecen no garaxe do Concello a espera de que algunha Corporación cambie o entrabado de madeira por outro menos pesado, como pode ser a fibra de vidro ou calquera tipo de plástico. 

Xigantes de Vilagarcía

Xigantes de Forcarei en 1940.

Xigantes de Forcarei.

Xigante de Forcarei en 2015.

 

Cabezudos de Forcarei na procesión da Virxe dos Dolores.

Xigantes en Pontedeume en 1950.

Cabezudos de Biduedo - Parroquia de Santa Baia de Pereda (Concello de San Cristovo de Cea-Ourense.www.biduedo.com

As Almazonas (un home e unha muller) xigantes de Biduedo (Parroquia de Santa Baia de Pereda – Concello de San Cristovo de Cea (Ourense) www.biduedo.com

O Irrio peliqueiro a esquerda e un Cabezudo de Castro Caldelas.Fotografía de Eladio Osorio Montenegro.

Cabezudos e O Irrio peliqueiro (no centro de barbas) de  Castro Caldelas, nos anos sesenta.Fotografía de Juan Bautista Sotelo Blanco

Xigantes de  A Hermida (Quiroga-Lugo) cos gaiteiro de Baronzás. Fotografía de Félix e Castor Castro Vicente.

Xigantes de Redondela en 2014.

Xigantes de Redondela en 1940. Fotografía de Avelino Cal.

Xigantes de Pontevedra en 2007.

Xigantes de Ponteareas en 2002. Fotografía de La Voz de Galicia.

Xigante de Vigo.

Xigantes e Cabezudos en Baiona. 

Xigantes de Compostela en 1920. Fotografía de Lucien Roisin

 

Xigantes de Compostela en 1922

Xigantes e Cabezudos en Porriño

José A. Uris Guisantes