Índice

www.galiciasuroeste.info

 

 

CLASSA - LAPE (Líneas Aéreas Postales)  - HISMA

(Hispano –Marroquí de Transportes SA) – IBERIA ( Líneas Aéreas de España)

por José Antonio Uris Guisantes

Líneas Aéreas Postales Españolas (LAPE) que operaba na zoa republicana ata 1939.

CLASSA foi un Monopolio creado en 1929, baixo a presión do Directorio Militar que dirixía o xeneral Miguel Primo de Rivera y Orbaneja, forzando a integrarse as demais liñas aéreas  españolas que viñan operando en distintos lugares.  Compañía Española de Tráfico Aéreo-C.E.T.A.)” “Iberia y Unión Aérea Española” e “Trans-aérea Colón” fundaron CLASSA (Concesionaria de Líneas Aéreas Subvencionadas S.A.)

Un 23 de setembro de 1931 foi declarado nulo o contrato da empresa CLASSA co Estado para o transporte aéreo postal, pasando a LAPE (Líneas Aeropostales Españolas), dereitos recoñecidos pola Lei do 8/04/1932).

Primeiro tivo as liñas Madrid -Sevilla e Madrid – Barcelona e un ano despois Barcelona - Palma de Mallorca, Barcelona - Valencia e Valencia - Palma de Mallorca. En xuño de 1934 operou con Canarias e en xuño de 1936 Las Palmas - Tenerife.

Esta empresa LAPE mediante convenio con Air France explotaron as liñas Madrid- Burdeos - París (maio de 1935), Madrid - Lisboa. En 1936, París - Villa Cisneros que antes estaba concedida a Compagnie Générale Aéropostale e logo mercada por Air France. Operaban en España as compañías Deutsche Lufthansa, a Societá Anómina Navegazione Aérea (S.A.N.A.) de Italia, e a Societé Anonyme Belgue d´Explotación de la Navigatión Aérienne (Sabena) de Bélxica. 

Na zoa republicana continuou operando a compañía LAPE, mantendo o servizo Madrid - Barcelona, ata Tolouse (Francia), Madrid - Alacante e Madrid - Santander (ata a caída desta poboación no poder do Bando Nacional), mais tarde cando era inminente a caída de Madrid se substituíu por Albacete - Barcelona.

As primeiras tropas sublevadas contra a República en Canarias e Marrocos foron transportadas por avións da compañía HISMA nese xullo de 1936 que se chamaba Compañía Hispano Marroquí de Transportes SA (HISMA), con tres avións Junkers 52, cedidos pola compañía alemana Deutsche Lutthansa, logo en 1937 constitúese a Compañía Iberia, creando as liñas Sevilla - Cáceres- Salamanca-Burgos - Vitoria; Sevilla – Larache – Ifni - Cabo Juby - Las Palmas e Sevilla – Salamanca – Valladolid - Santiago de Compostela.

A empresa Hisma fora fundada polo espía alemán Johannes Bernhardt e apoiado por SOFINDUS (Sociedad Financiera Industrial), propiedade do Tercer Reich, que era quen controlaba no seo de SOFINDUS a mais de vinte empresas e mais de cincuenta e tres buques mercantes. O mando de todo o entrabado estaba o tal Johannes Bernhardt asentado en Tetuán.

Para a constitución de Hisma usou a un home de palla español, fundando unha sucursal o 1º de abril de 1936, con sede no Hotel Cristina de Sevilla.

Bernhardt funda despois a empresa ROWAK (Rohstoffwaren Kompensation Handelsgesellschaft) & (Sociedad Mercantil de Compensación de Materias Primas). En 1938 fusionáronse as dúas empresas co consorcio Sofindus.

Avión DC-4 que estableceu a primeira liña aérea  transatlántica entre España e Arxentina en 1946

Líneas Aéreas de España Iberia foi constituída en 1927 por Horacio Echeberrieta. En 1937 converteuse na liña aérea do Bando Nacional sublevado contra a República. En 1938 facía as seguintes escalas, Tetúan – Sevilla – Salamanca – Valladolid – Burgos – Vitoria -  Zaragoza. Salamanca – Burgos - Zaragoza

22 de setembro de 1946 a tripulación de Iberia antes de embarcar para Arxentina.

O Consorcio Sofindus comezou a mercar Tungsteno (tungstato de ferro e manganeso), Wolfranita ou Wolfranio. O comezar a Segunda Guerra Mundial o wolfranio valía 100 dólares a tonelada que pagaba Sofindus para armamento. Desde 1942 tamén Inglaterra e Estados Unidos  mercaban wolfranio, pasando en 1943, a pagarse a tonelada a 27.000 dólares. Calcúlase que os aliados mercaron unhas 3.035 Tm  e os alemáns 1.309 Tm, chegando a pagarse a 30.000 dólares. Naturalmente o goberno franquista era quen supervisaba e controlaba a extracción e venta do wolfranio, pero o contrabando estaba a orde do día.

Johannes Eberhard Franz Berhunhart (1897-1980). Formou parte dos Freikorps, forzas paramilitares de estrema dereita que combateron as revoltas comunistas en Alemania. Mais tarde se trasladou a Hamburgo fundando unha empresa naviera. Un dos principais clientes era a firma química Stoltzenberg, acusada de  suministrar armamento químico ao exército español e a Unión Soviética.

Logo se trasladou a Marrocos francés como representante do consorcio Mannesmann. En xaneiro de 1930 entrou en contacto co Marrocos español. O 24 de xullo de 1936 viaxou xunto a Lagenheim, secretario do partido nazi en Tetuán, mais o capitán de aviación Francisco Arranz Monasterio a Alemania en demanda de axuda militar e loxística para o exército sublevado. Levaban unha carta persoal do xeneral Franco na que solicitaba o suministro de avións de transporte  e cazas.

Durante os seguintes días, vinte avions Junkers J-52 chegaron al Marrocos español na chamada Operación Fuego Mágico. Foi o comezo da grande cooperación militar co bando sublevado e o comezo dunha grande actividade empresarial para Bernhardt, convertido desde enton no intermediario das demandas franquistas diante do goberno nazi.

Foi cando Berhnardt fundou a Compañía Hispano-Marroquí de Transporte (Hisma), con domicilio na rúa O’Donnell nº 12 de Tetuán e con un capital social de 200.000 pesetas, aportadas a partes iguais polo empresario alemán e por un oficial de Marina xubilado, Fernando Carranza, que actuou como simple testaferro para xustificar a presencia española no accionariado e que nunca se implicou en ninguna xestión.

A aerolínea italiana Ala Littoria tamén operou con España no bando dos sublevados, facendo Roma – Pollensa – Melilla.- Cádiz. Fundada en 1934 froito da fusión da Societá Mediterránea Aérea (SAM), Societá Anónima Navegación Aérea (SANA), Societá Italiana Servizi Aerei (SISA) e Aero Expreso Italiano (AEI) operou durante 1934 a 1943.

A relación da Líneas Aéreas Postales Españolas co Aeródromo da Canosa

A primeira noticia  que temos os guardeses sobre o aeródromo da Canosa foi a tratada na sesión plenaria celebrada o 21 marzo 1932, presidida polo 1º Tte de alcalde (alcalde en funcións), Agustín González Sobrino, por estar con licenza o alcalde.

Ysla Canosa.- Se lee un escrito de la (Dirección) Federación Aeronáutica Española en que pide datos respecto a las condiciones de esta isla como campo de aterrizaje para tenerlo en cuenta en la segunda prueba aérea de la Copa España.

Se acuerda suministrar los referidos datos, enviar fotografías y marcar el campo conforme lo habían explicado los aviadores Sres. Roquette, Corbal y Nemesio Álvarez Sánchez, cuando aterrizaron en él ultimamente, y que, después de hecho se comunique a la mencionada Federación y a la Dirección General de Aviación.

Illa de A Canosa

O 30 de abril de 1932 o alcalde guardés don Manuel Álvarez Vicente recibe a contestación a un oficio da Corporación municipal onde se invitaba a seus responsables para visitar a vila guardesa. A Dirección General de Aeronáutica Civil do Ministerio de Comunicacións envía oficio nº 670:

“Tengo el gusto de acusar a VI recibo de su Oficio fecha 26, comunicando a esta Dirección General el acuerdo del Ayuntamiento de su presidencia de invitarme a hacer una visita a esa ciudad, con el objeto de poder apreciar sobre el terreno las condiciones, que parecen excelente, del campo de aterrizaje denominado La Canosa, convenientemente señalado para que pueda ser utilizado por todos los aviones que se dirijan a ésa ciudad y particularmente como punto de escala para la Segunda Vuelta a España, en periodo de organización.

Al agradecerle dicho acuerdo, tengo el gusto de manifestarle la satisfacción con que esta Dirección ha conocido los trabajos de creación de dicho campo, de tanto interés para la Aeronáutica Nacional, anunciándole que tan pronto sea posible, se verificará la mencionada visita. Fdo. El Director General.

Na sesión plenaria celebrada o 11 de xullo de 1932 a Corporación trata, entre outros asuntos de: Presupuesto Extraordinario.- Se acuerda encomendar a la Comisión de Hacienda que estudie la posibilidad de confeccionar un Presupuesto Extraordinario para atender a gastos urgentes que hayan de hacerse con motivo del Campo de Aterrizaje de La Canosa, y otras obras.

Os labregos que  aproveitaban as tonas da  Canosa  e tiñan vacas o pasto se xuntan para protestar pola construción do aeródromo, polo que as autoridade da Mariña de Guerra e alcalde toman medidas o respecto:

O 1 de outubro de 1932 a Ayudantía Militar de Marina de La Guardia oficia por escrito nº 496 ao alcalde da Guarda Manuel Álvarez:

“Para cumplimiento de lo dispuesto en decreto de la superioridad recaido en expediente que se sigue con motivo de los hechos ocurridos en la Isla Canosa en la mañana del 7 [setembro 1932] del actual, por haberse opuesto el público a la continuación de las operaciones de deslinde y amojonamiento de la Zona Marítima - Terrestre de dicha isla, ruego a US me manifieste, si por el Ayuntamiento de su digna presidencia se dio cuenta de dichos hechos al Juzgado correspondiente.La Guardia, 1º de Octubre de 1932. Firmado. Fernando de Llanes.

Na sesión plenaria celebrada o 26 de abril de 1933, presidida polo 1º Tte de alcalde  Antolín Silva Vicente (por enfermidade do alcalde) a Corporación trata, entre outros asuntos, de:

Canosa.- Para evitar abusos de vecinos del Rosal, que van a la Canosa á coger tonas, lo que se merma de un modo sensible la superficie de dicha isla, se acuerda nombrar un Guarda Jurado por el tiempo que se juzgue necesario.

A construción do aeródromo segue sendo un motivo de conflito entre labregos  da Guarda e do Rosal. Este en un breve resume da cantidade de oficios  das autoridades competentes desde que aterrara o aviador guardés en xullo de 1931 ata abril de 1933:

27 de abril de 1933. Oficios Relacionados con la Corta de Tonas y Torrones en al isla Canosa.

Oficio nº: 390 de 28 de Julio de 1931; Nº 425 de 11 agosto de 1931; Nº 541 de 14 octubre de 1931; Nº 559  de 20 de octubre de 1931; Nº 574 de 3 de noviembre de 1931; Nº 579 de 3 de noviembre de 1931; Nº 591 de 9 de noviembre de 1931; Nº 620 de 24 novembro de 1931.

Oficio nº 430 de 1 de agosto de 1932. Nº 492 de 6 de septiembre de 1932; Nº 493 de 6 de septiembre de 1932; Nº 494 de 4 de septiembre de 1932; Nº 496 de 9 de septiembre de 1932; Nº 502 de 14 de septiembre de 1932; Nº 503 de 14 de septiembre de 1932; Nº 504 de 14 de septiembre de 1932; Nº 536 de 3 de octubre de 1932.

Oficio nº 302 de 17 de abril de 1933. Nº 303 de 17 de abril de 1933; Nº 328 de 27 de abril de 1933.

Na sesión plenaria celebrada o 8 de maio de 1933, presidida polo 1º Tte de alcalde D. Antolín Silva Vicente (por enfermidade do alcalde Agustín González Sobrino) a Corporación trata, entre outros asuntos, de:

Aviación.- A petición del concejal D. Camilo Carrero [Lorenzo] se acuerda oficiar al diputado don Enrique Botana manifestándole que el Ayuntamiento dará toda clase de facilidades en la Isla Canosa para convertirla en aeródromo, como ya lo tiene ofrecido a las Direcciones de Aviación Militar y Civil, demostrado con los gastos que sufragó para arreglar el sitio de aterrizaje y recibir á los Directores Jefes de Aviación que con trece aparatos estuvieron en la Canosa varios días. Y no habiendo mas asuntos de que tratar se levantó la Sesión firmando la presente acta los Concejales presentes, y certifico. Fdo: Antolin Silva Vicente; Dámaso R. Trigo González; Camilo Carrero Lorenzo; Brasilino Alvarez Sobrino; Juan Noya Gil; Emilio Alvarez Alonso; José Lomba; Manuel Alvarez Vicente; Juan Alvarez Portela; Santiago González; Agustín González Sobrino: El Secretario Adolfo Mosquera Castro.

Fontes:

El contrabando de wolfranio en España y Portugal (Galicia y León)

Intervención Militar Italiana en España 1936-1939. Miguel Valverde Espín

Arquivo Municipal

Notas de Uris.

José A. Uris Guisantes