PORTADA

NOTICIAS  

A GUARDA

TUI

O ROSAL

OIA

TOMIÑO

BAIXO MIÑO

LOCAL

OUTRAS NOVAS

DEPORTE

AXENDA

NECROLÓXICAS

ENTREVISTAS

COMUNICADOS

PORTUGAL

HEMEROTECA

PÁXINAS

 REPORTAXES

CONCELLO DA GUARDA

RÚAS DA GUARDA

VARIA

FOTOSAYER

FOTOS LECTORES

PATRIMONIO arquivo e documentación

XENTES de Ribadavila

Calendario

ENLACES

 
 
 

 

galiciasuroeste                                                       José Antonio Uris Guisantes

Tras 20 anos de presidencia de Érguete Baixo Miño, José A. Uris Guisantes deixa a dirección deste colectivo

 

José Antonio Uris Guisantes é unha persoa moi coñecida, e recoñecida, na Guarda pola súa implicación en temas sociais, por ter sido, tamén, concelleiro da Corporación da Guarda polo PSdeG e presidente da Agrupación Cultural Guardesa cando se fundou este colectivo en 1982.

Chegou a hora do relevo e José Antonio Uris Guisantes que presentou a súa demisión como presidente de Érguete Baixo Miño.

 

Uris, falar de Érguete supón falar tamén de 20 anos da vida de José Antonio dedicados a este proxecto. Por que xurdiu Érguete Baixo Miño?

            No ano 83, e ata os 90, comprobo que hai unha demanda, que ía en aumento, de xeringuillas que me fai reflexionar. Por outras circunstancias, entro por aqueles anos en contactos con Mari Carmen Avendaño, en Vigo, cidade na que se fundara Cedro, organización coa que tamén entro en contacto. Teñamos en conta que nos anos 84-85, o uso e abuso da heroína no Baixo Miño era enorme. Á farmacia na que traballaba, e mesmo á miña casa, acudían personas que necesitaban axuda, que lles prestaba a título individual. Con outras persoas tratamos de informanos sobre esta problemática. Inicialmente só podíamos aportar apoio moral, porque outra cousa non tiñamos. Xunto con Tonino Torrón, Mª Jesús Darriba, María José, e outras persoas máis, falamos e decidimos facer unha convocatoria pública, no antigo colexio Rodríguez Sinde, con asistencia masiva, na que tamén participou Mari Carmen Avendaño e un psicólogo de Cedro, Jorge Cabrera. Daquela asamblea xurdiu, en xuño de 1990, unha xestora da que me nomearon presidente.

 

Desde aqueles primeiros anos de loita e concienciación dun fenómeno de consecuencias nefastas, sobre todo para a xuventude, como estamos agora?

            No Baixo Miño, nos vinte e sete anos que levo neste tema, polo tanto antes de se fundar Érguete, nunca faltou a droga, e os consumidores habituais ou esporádicos, tiñan acceso á mesma. A heroína, no Baixo Miño, volve a ser consumida, sobre todo polos que superan os corenta anos. É unha situación de preocupación, ou de fustración, porque despois de tanto loitar, de tantas manifestacións, de tantas capturas e apreixamentos, dos millóns gastados, de anuncios, a droga segue presente no día a día da sociedade.

            Pero o máis triste é que esta sociedade, na que vivimos, mira para outro lado. A droga importa cando afecta á propia familia.

 

Algunha vez se sentiu Uris ameazado?

            Si, si. O meu teléfono fixo hai 19 anos que non figura na guía telefónica, porque a través del e nos momentos que houbo que loitar contra narcotraficantes afincados no Baixo Miño, e que incluso me custou unha querella por inxurias, e fun felicitado pola xuíza, non deixaba de recibir ameazas.

 

Cales foron os momentos máis “felices” de Uris como presidente de Érguete?

            Pois un deses momentos foi cando ACIGU me nomeou Guardés do Ano, o primeiro recoñecemento que me fixeron. Logo veo o da Agrupación Cultural Guardesa. Pero quizais o máis emotivo foi cando o grupo de amigos íntimos, e por sopresa, nocturnidade e alevosía, encabezados por José Manuel Domínguez Freitas, Pedro Borrajo, Victoriano Rodríguez, Chechu, o meu antigo xefe na Farmacia, as miñas compañeiras de profesión, etc., me deron por sopresa unha homenaxe nunha cea amañada co gallo da miña xubilación.

 

Houbo, tamén, momentos delicados en Érguete. Fálenos deles.

            En Érguete tivemos que soportar unha pequena escisión creándose outra asociación que desapareceu aos poucos anos. Aparte da loita contra o narcotráfico, que foi moi dura, outros momentos duros foron por cuestións económicas, que aínda arrastramos, o mesmo que outras asociacións. O local no que nos reunimos carece das mínimas condicións hxiénico sanitarias, e cando chove, mete auga estragando o material que temos. Os cambios de Goberno tamén nos afectan. Cada catro anos temos que volver comezar coas cuestións burocráticas porque cambian as directrices; cambian ás persoas especializadas e cambian os plans, e diminúen as subvencións.

            Tamén me decepcinou a falta de voluntarios dispostos a colaborar cos labores de Érguete.

 

O 31 de decembro, Uris deixou a presidencia de Érguete. Se buscamos motivos para rematar esta etapa, cales mencionaría?

            Levo dous anos reflexionando e cheguei á conclusión de que, logo de vinte anos ao fronte de Érguete, preciso tempo para min, para dedicar a miña familia. Ademias veño arrastrando, e cada vez con maior intensidade, un problema de cadeira que me impide facer as cousas que ata agora realizaba, impedíndome estar ao tanto da situación e dedicación á asociación. Pero sobre todo é que eu non vou eternizarme aí. Teño 67 anos; levo vinte anos oficialmente presidindo Érguete, pero desde 83 traballando neste ámbito.

            Cantas veces se convocaron eleccións á presidencia non se presentou ninguén. Como digo, como é un cargo sen retribución, que aínda te saca cartos do peto, que tes que facer viaxes, etc., non anima a coller a presidenica a ninguén. Quizais se fose remunerado...

 

Ben, e así as cousas, hai xente dispota ao relevo?

            Conto con María José González Lomba, e outros membros da directiva que confirmaron que non dimitirán, e tamén as dúas traballadoras sociais, que forman parte da asociación, para seguir tirando. Eu xa lles dixen que con toda a dor da alma, se non aparece ninguén e eles non queredes continuar, pechamos a Asociación. Estou convencido que eso non sucederá.

 

Por onde pasará, trala demisión, a relación de Uris con Érguete?

            Vou seguir colaborando, doutro xeito, pero seguirei colaborando porque me une un cariño especial coa asociación, unha amizade profunda cos que están.

 

E para rematar, xa, sabemos que José Antonio Uris Guisantes é unha persoa moi activa. A que dedicará o seu tempo libre desde xaneiro?

            Seguirei colaborando con galiciasuroeste, que me encanta o traballo que se fai desde esa páxina. Estou preparando distintos traballos. Seguirei indagando na nosa historia local, da que son un namorado; visitando, na medida que poida, os arquivos. Pasearei pola Ruta das Cetáreas, pola Senda Litoral, polo Monte Trega... seguirei tendo a vida ocupada, pero agora mesmo, o tema físico estame impedindo esa mobilidade que quixese.

 

Xaneiro, 2011