|
Xoves, 9 de setembro de 2010 Prazas vacantes no curso de Instalación de elementos de carpintería O Centro de Formación do Concello de Tui informa que hai prazas vacantes para o curso de “Instalación de elementos de carpintería” que se impartirá ao abeiro do Plan de Formación e Inserción Profesional. As clases van ter lugar de luns a sábado de 7.30 a 16 horas entre o 17 de setembro e o 11 de decembro. Durante o mesmo contémplase prácticas en empresas e axudas de asistencia. Ao remate os alumnos recibirán un certificado de profesionalidade. Os requisitos que deben reunir os alumnos son ter o título da ESO e o certificado do Celga 3. Os interesados deben inscribirse á maior brevidade no Centro de Formación en Guillarei presentando o DNI, a tarxeta de emprego, título da ESO e título do Celga.
Reunión este sábado do CD Ribadelouro O Club Deportivo Ribadelouro convoca este sábado, ás dez da noite, a unha reunión aos afeccionados, pais e socios do club no Centro Cultural de Ribadelouro. O obxectivo da xuntanza é informar sobre o traballo que se vai levar a cabo en fútbol base nas categorías inferiores.
Los padres del Colegio Nª 2 denuncian que el jefe territorial de Educación, César Pérez Ares, incumple su compromiso A escasos días del comienzo del nuevo curso escolar, los padres del Colegio Nª 2 de Tui denuncian el incumplimiento del compromiso ausmido por el jefe territorial de Educación, César Pérez Ares, para dotar de medidas de seguridad básica al centro. Recuerdan los padres que Pérez Ares se había comprometido, con un presupuesto de 17.000 euros, sólo para automatizar la puerta principal de la Avenida de la Concordia, por donde acceden los autobuses, quedando las dos puertas peatonales nuevamente abiertas, aun asíu, a día de hoy sólo se ha puesto el cableado en un tramo del suelo y de manera incompleta. No entienden los padres como habiendo presentado el ANPA presupuestos de menos de 10.000 euros en los que se colocaban portales nuevos, pilares de nueva construcción y automatización completa de las tres puertas, la de autobuses y las dos de peatones, cómo ahora con casi el doble de dinero sólo se hará una mínima parte del proyecto. Recuerdan los padres que el pasado 6 de julio el jefe territorial de Educación de Pontevedra informaba a la Inspección Educativa y a la Consellería de Presidencia e Administracións Públicas de la Xunta que “A Consellería de Educación, a través da Xefatura Territorial de Pontevedra, considera que o plan de seguridade do CEIP nº 2 de Tui como solicitaron os país, quedou resolto por parte desta Xefatura ao colocar un portal automático que se activa dende o porteiro do centro, evitando así que os nenos saian en horas lectivas, cumprindo asi coa nosa obriga”, algo afirman los padres, que no es cierto, sintiéndose engañados y ninguneados al confiar en la palabra de Pérez Ares que no soluciona el problema y el colegio continúa abierto. Pero tampoco tienen la solución que debería ofrecer el ayuntmaiento y la valla que remendaron al final del curso pasado ya tiene un agujero por donde puede colarse una persona. Aunque los padres dicen que se han limpiado de maleza las fincas colindantes al centro, no se han recogido las hierbas cortadas, tampoco las ramas de árboles y palos que hay al fondo del patio. No tienen noticia, los padres, del plan de tráfico prometido por el Concello (semáforos, pasos de peatones, regulación del tráfico rodado), pese a que el el aclade, según aseguran los padres, dijo a principios de junio que ya estaba hecho, destiándole 36.000 euros, y sólo faltaba aprobarlo. Se preguntan los padres a dónde va a parar el dinero y el porqué los políticos no atienden las peticiones y preocupaciones que les platean y que, en este caso, afecta a la seguridad de 500 niños. “Reclamamos”, añaden los padres, “lo que nos es legítimo por derecho, como así lo avala la legislación vigente. Creemos que es una vergüenza que nos mientan y engañen, que se reúnan con nosotros y se comprometan a hacer cosas que luego no se realizan o se hacen a medias. ¿A dónde va a parar ese dinero asignado para un proyecto concreto y completo? ¿quién se beneficia de todo esto? Desde luego no son nuestros hijos ni tampoco nosotros ni el resto de la comunidad educativa”.
Charlas sobre o Plan Xeral de Tui en Pexegueiro e Caldelas O BNG de Tui invita aos interesados a duas charlas informativas que terán lugar mañá, venres, ás 21.00 horas na Escola de Pexegueiro, e o sábado, ás 21.00 horas, no Centro Cultural de Caldelas. Nestas charlas os nacionalistas esporán a situación na que se atopa o Plan Xeral de Ordenación Municipal.
Os nacionalistas critican a suciedade e o estado no que se atopa o casco histórico de Tui O BNG considera que en Tui se asiste, nestes ultimos anos, a unha continua degradación da calidade de vida e da conservación e mantemento do casco histórico de Tui. Ao respecto os nacionalistas téñense interesado, a través de mocións e preguntas nos plenos municipais, por esta cuestión para intentar que o grupo de goberno actúe, pero os logros son poucos. A derradeira cuestión foi a presentación, vía Moción de Urgencia, da necesidade de retomar os traballos do Plan Especial do Casco Histórico (Pech), ante a parálise que sofre o urbanismo de Tui desde o ano 2003. Esta iniciativa foi aprobada e agora hai unha subvención de arredor de 500.000 euros para continuar os traballos. O BNG din que non pode permanecer iimpasible ante feitos tan graves como a ausencia de limpeza e recollida de lixo os domingos pola mañá, o que crea gran malestar e incomodidade entre os veciños e amosa unha triste imaxe cara o turismo. Ademais do lixo, manifestan que existe gran cantidade de maleza por moitos lugares: muros, rúas e casas abandonadas; as pintadas aparecen por distintos lugares e non son borradas a non ser que aludan ao propio alcalde. Pestilentes fedores, carencia de vixianza e ruídos nocturnos, son outras cuestións que cita o BNG, quen lamenta, especialmente, as pintadas que mancillan o Monumento ós represaliados do 36 na Alameda de Santo Domingo que , engaden, son mostra do abandono e desinterese do Goberno do PP.
Mércores, 8 de setembro de 2010 En agosto pasaron pola Oficina de Turismo 9.717 persoas, 2.300 máis que en xullo A Oficina Municipal de Turismo do concello de Tui situada no Paseo da Corredoira recibiu o pasado mes de agosto 9.717 consultas, das que 8.741 foron de turistas nacionais e 973 de cidadáns estranxeiros. Estes datos superan en 2.300 as consultas recibidas neste servizo durante o pasado mes de xullo. O día en que máis persoas se achegaron ata esta oficina foi o mércores 11 de agosto cun total 477 demandas de información. No que respecta ao turismo nacional os madrileños seguen á cabeza no número de visitantes que pasan por Tui cun total de 5.430 consultas, seguidos de lonxe polos andaluces con 1.041 consultas e polos cataláns con 1.016. Houbo turistas das 17 comunidades autónomas. No que se refire ao turismo estranxeiro realizáronse consultas por cidadáns de 37 países entre os que están Arxentina, Corea do Sur, Italia, Chile, Xapón, Canadá, Camerún, Finlandia, EEUU ou Sudáfrica. A meirande parte de consultas por cidadáns estranxeiros foron realizadas por portugueses con 312 persoas que se achegaron á Oficina Municipal, seguidos de franceses con 117 consultas, e de alemáns con 102. Na Oficina Municipal de Turismo tamén demandaron información sobre o Camiño de Santiago 505 peregrinos durante o mes de agosto, dos que 460 eran españois, e 45 estranxeiros. Entre os peregrinos nacionais os que máis consultas realizaron están os madrileños con 191, seguidos de valencianos con 40. Mentres entre os estranxeiros están á cabeza os alemáns con 11 persoas que se achegaron ata este punto de información, seguidos de portugueses con 9 consultas e os surafricanos con 5. Por outra parte a Oficina Municipal de Turismo recolleu tamén datos entre as persoas que se achegaron a este servizo durante o mes de agosto sobre as pernoctacións realizadas. A cifra é case o dobre que a rexistrada no mes de xullo, o que pon de relevo unha tendencia a permanecer máis dun día na cidade, ou a facer de Tui o eixo das visitas aos concellos do redor. Os turistas que pasaron pola oficina e fixeron noite en Tui elixiron principalmente o Parador de Turismo, o Hotel Alfonso I e a Pensión O Novo Cabalo Furado. Amais 63 deles viñeron en autocaravana. A Oficina Municipal de Turismo abre de luns a venres de xeito ininterrompido de 10 a 20h, e as fin de semana de 10.30 a 14.30 e de 15.30 a 19.30h. O Concelleiro de Cultura, Moisés Rodríguez, logo de estudar os datos da Oficina Municipal de Turismo referidos ao mes de agosto, fai un balance moi positivo polo importante número de consultas recibidas que reflicten o gran número de turistas que pasaron pola cidade. Con este servizo municipal búscase, segundo explica, achegar aos visitantes información puntual e detallada de todos os lugares de interese que Tui posúe e das actividades que se celebran. Congratúlase amais de que ao igual que no mes de xullo se teña rexistrado unha alza no número de persoas que pernoctan en Tui, superándose, pouco a pouco, a materia pendente que tiña o municipio. Noutra orde de cousas Moisés Rodríguez lembra que dende hai uns días os turistas que se achegan ata a Oficina Municipal reciben xa o novo folleto turístico de Tui que vén de ser editado en catro idiomas: castelán, galego, inglés e portugués. Con este material moito máis gráfico e moderno que o existente ata o de agora búscase, sinala, brindar aos turista unha información rápida e visual sobre o municipio.
Hoxe inaugúrase a exposición “San Teotonio primeiro santo portugués”
Na inauguración está prevista a asistencia do alcalde de Tui, Antonio F. Fernández Rocha e o presidente da Cámara Municipal valenciana, Jorge Mendes. Nesta exposición amósase a biografía de San Teotonio, nado en Ganfei en 1082 e morto en Coimbra en 1162 foi canonizado ao ano seguinte, grazas ao impulso do primeiro monarca portugués Afonso Henriques, no primeiro santo portugués. Pero especialmente a infancia de Teotonio está vinculada a Tui, pois a súa terra natal formaba parte daquela da diócese tudense e mesmo do couto de Tui e foi educado no mosteiro de San Bartolomeu de Rebordáns, onde o seu tío Cresconio era abade ata o seu nomeamento como bispo de Coimbra. Testemuña de que a figura de San Teotonio ficou ligada á vida tudense é a representación que se conserva no Coro da Catedral ou nun lenzo da sacristía daquel templo tudense. Como complemento desta mostra o vindeiro 28 de setembro o Teatro Municipal de Tui acollerá a representación da obra “A vida de San Teotonio” a cargo do Grupo de Teatro Amador da Associaçao Cultural de Verdoejo – Valença do Minho. Para o concelleiro de cultura tudense, a presenza desta mostra en Tui, contribuirá a coñecemento mutuo entre ambas localidades veciñas, especialmente dunha historia milenaria compartida entre os habitantes de ambos territorios. Tamén esta exposición evidencia o importante grado de colaboración que nos últimos tempos desenvolvese entre os departamentos de cultura de Valença e Tui, favorecendo as sinerxías de ambas entidades no convencemento que de este traballo común redunda en mutuos beneficios. O concelleiro Rodríguez Pérez agradece o traballo da Cámara Municipal de Valença e da Confraría de San Teotonio, o Padre Manuel Gonçalo Pereira do Vale e Joao Eduardo Teixeira pola cesión de pezas para esta exposición.
Martes, 7 de setembro de 2010 Ampla participación nos actos de celebración da XI Xornada Europea da Cultura Xudía en Tui
Nesta nova edición da Xornada Europea da Cultura Xudía as actividades programadas volveron suscitar o interese dos tudenses e de numerosos visitantes. O programa comezou o venres, 3 de setembro, coa inauguración da exposición “Prateiros xudeus en Tui” que integrada por unha ducia de pezas da propia Catedral e do Museo Diocesano amosa a presenza deste ourives, tanto xudeus como posteriormente conversos, traballando para o Cabido tudense na elaboración de obxectos de culto que testemuña a convivencia existente entre a comunidade xudía e a poboación cristián. Esta exposición está comisariada polos historiadores José Ramón Fernández e Suso Vila. Grande éxito de participación tiveron tamén as visitas guiadas que se realizaron durante a fin de semana e que congregaron a máis de 230 persoas. Así na mañá do sábado arredor de trinta persoas asistiron á visita guiada á colección de “sambenitos” do Museo Diocesano tudense dirixida por D. Jesús Casas Otero, o seu anterior director e autor dunha monografía sobre estas pezas excepcionais do noso patrimonio. En canto á visita ao conxunto histórico da cidade, celebrada onte domingo, foron duascentas persoas as que decidiron visitar os vestixios xudeus que se conservan no casco histórico tudense. Comezando na Praza do Concello, onde residían algún membros da comunidade xudía tudense, continuouse polo claustro catedralicio, visitando o gravado da Menorá, na rúa das Monxas, na ubicación da Sinagoga, seguindo pola “Casa Negra” onde está a “Torre do xudeu” do sistema amurallado medieval, para rematar na Igrexa de San Domingos, onde se reunían os familiares da Inquisición, o que serviu para ilustrar o seu papel con respecto dos conversos na Idade Moderna. Un percorrido dirixido polo historiador local, Suso Vila Botanes. Finalmente na tarde do sábado tivo lugar no antigo convento de San Domingos a presentación do libro “La clave Embassy” a cargo da súa autora Patricia Martínez Vicente, e que contou coa presenza de máis de 80 persoas interesadas na fazaña humanitaria levada adiante polo médico Eduardo Martínez Alonso de rescate de perseguidos polos nazis na II Guerra Mundial, entre eles moitos xudeus polacos, e que tiña en Tui (tanto en Guillarei coma na vella Ponte Internacional) un dos principais enclaves de saída. Estas actividades demostran o interese por achegarse ao coñecemento da vida dos habitantes da cidade na Idade Media e en especial dos xudeus que conviviron con tudenses naquela época. Tui agarda incorporarse á Red de Juderías, que organiza estas xornadas e que agrupa a 21 vilas e cidades españolas, á que tamén pertencen cidade galegas coma Ribadavia e Monforte de Lemos. Para os responsables municipais a celebración por terceiro ano desta Xornada Europea da Cultura Xudía en Tui posibilita ofrecer a veciños e visitantes o coñecemento de aspectos ata agora escasamente divulgados, como é neste caso o patrimonio vinculado á presenza dos xudeus en Tui, e que redundará nunha maior valorización do noso conxunto histórico. O Concello de Tui agradece a colaboración de persoas e entidades que teñen cooperado no éxito desta Xornada.
O concello de Tui recibiu a un grupo de 40 veciños de Arucas (Gran Canarias) que camiñan a Compostela
A Concelleira de Educación e Servizos Sociais do Concello de Tui, Patricia Ricón Alonso, recibiu na mañá de onte, luns, no Salón de Plenos da Casa do Concello a un grupo de 40 veciños da localidade canaria de Arucas que iniciaron nesta xornada o camiño de Santiago, dende a localidade veciña de Valença do Minho. Este grupo arauqueño estaba acompañado polo concelleiro de deportes daquela localidade e polo tudense, residente naquela vila, José Antonio Giráldez Rodríguez, distinguido como “Fillo adoptivo de Arucas”, escritor, animador social, editor na actualidade do xornal electrónico “Arucasdigital.com”. A concelleira tudense agradeceulles a elección de Tui como enclave para comezar a súa peregrinación a Compostela e convidounos a todos a volver á nosa cidade para gozar, con máis tempo, dos seus recursos naturais e patrimoniais. Tras un intercambio de agasallos, os peregrinos recibiron diversa documentación sobre a nosa cidade, o camiño portugués e unha pañoleta de “Tui, porta do camiño portugués” como lembranza deste acto. O Concello de Tui congratúlase pola continua presenza na nosa cidade de numerosos colectivos que escollen este lugar como inicio do seu camiño de peregrinación, e que contribúen á promoción da nosa cidade e dos seus valores históricos e culturais.
Comezan as festas da Guía en Randufe Hoxe comezan en Randufe as festas na honra á Virxe da Guía. Pola mañá o grupo de gaitas Xuntanza fará un pasarrúas pola parroquia, mentres que polas rúas de Tui actuarán Os Muiñeiros do río Tripes. Pola noite a verbena será amenizada polas orquestras Televisión e Palladium. Mañá mércores, ás 10 horas da mañá fará un pasarrúas a Banda de Música Popular de Tui. Ás 11 horas entrará no adro da Guía esta banda, para celebrarse misa solemne ás 12h con procesión. Pola noite a verbena correrá a cargo de La Oca e Fin de Siglo.
Cores Tourís recolle as solicitudes dos veciños de Areas en relación ao acceso ao polígono industrial de Areas O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou onte o concello de Tui onde se reuniu cos veciños da parroquia de Areas aos que escoitou as súas demandas sobre o acceso ao polígono industrial da vila. Nesta visita, Cores Tourís estivo acompañado do xefe territorial de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, José Luis Díez, e do xefe do Servizo de Infraestruturas, Fausto Núñez. Os veciños trasladáronlle ao delegado territorial o seu convencemento de que o proxecto da vía de alta capacidade Tui-A Guarda “vai ser o máis importante investimento no tocante a infraestruturas na comarca do Baixo Miño nas últimas e próximas décadas”, xa que consideran que permitirá o desenvolvemento da área de influencia da comarca “a sabendas dos problemas que imos soportar os veciños e propietarios dos terreos próximos á citada estrada”. Os veciños solicitáronlle aos responsables da Delegación Territorial a modificación do emprazamento do paso inferior previsto no punto quilométrico 1.800. Neste senso, o delegado territorial explicoulles que “por cuestións técnicas é imposible asumir esa posibilidade, polo que lle trasladamos outra alternativa: a de executar a prolongación das vías de servizo paralelas á A-55 de xeito que se poida manter a accesibilidade aos veciños”, explicou Cores Tourís, quen engadiu que neste senso, os veciños estiveron de acordo. Ademais, os responsables da Xunta tamén se comprometeron a solicitar á Confederación Hidrográfica do Noroeste o permiso para a execución das obras de limpeza do regato situado neste entorno e que se verá afectado pola canalización das augas do colector. “O noso obxectivo é solucionar esta situación para evitar problemas futuros aos veciños da zona, en especial, coas posibles crecidas do regato coa chegada dos temporais”. A Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra asumirá tamén outras peticións dos veciños como a execución de pantallas antiruído e a garantía dos pasos de regadío. Por outra banda, tamén se lles recordou aos veciños de Areas que nestes intres a Xunta de Galicia está a estudar distintas alternativas de cara ao proxecto definitivo para o acceso ao polígono industrial. “Sen embargo non é unha cuestión que competa unicamente á administración autonómica, xa que esta obra requirirá autorización do Ministerio de Fomento ao afectar ao enlace coa A-55”.
Sábado, 4 de setembro de 2010 Continúa en Randufe a Semana Cultural organizada pola Asociación Cultural Deportiva Xuntaza que cumpre 25 anos A Semana Cultural de Radufe, organizada pola Asociación Cultural Deportiva Xuntanza, que celebra o XXV Aniversario, ten esta noite unha cita co baile, o sorriso, as emocións e as sorpresas. Será a partir das 21.30 horas con “Playbacks”. E mañá, domingo, ás 11.00 horas, celebrarase a XVII Marcha Ciclista pola parroquia, con saída do Adro da Guía. Ás 17.00 horas todos os que o desexen poderán desfrutar coa Festa da Espuma e Xogos Hinchables. Ás 21.30 horas os actores dos frupos de teatro Infantil e xuvenil “Garabullada”, porán en escena “Princesas y Fantasmas” e “¿Dónde está el Arco Iris?”. A xornada dominical rematará cos sons da escola de gaitas e percusión “Xuntanza”. Estas actividades terán lugar na Casa Cultural. A Semana Cultural do 25 Aniversario da Asociación Cultural e Deportiva Xuntanza rematará o luns cun concerto que ofrecerá, na Casa Cultural, a Coral da Santa Igrexa Catedral de Tui, e ás 22.30 horas, actuará, como broche de ouro destas emana especial, o Grupo de Acordeóns Mascarenhas da Guarda. Na celebración da Semana Cultural organizada pola Asociación Xuntanza colaboran a Deputación de Pontevedra, o concello de Tui, a Comunidade de Montes de Randufe e diversas casas comerciais.
Visitas guiadas e presentación dun libro nas “Xornadas europeas da cultura xudía” a celebrar en Tui esta fin de semana
Hoxe, sábado, ás 12.00 horas haberá unha visita guiada á colección de sambenitos do Museo Diocesano tudense, que estará guiada por Jesús Casás Otero, anterior director deste centro e autor dunha publicación sobre esta colección. Estes “sambenitos” tudenses son testemuñas da presenza de conversos e xudaizantes en Tui nos incios do século XVII. Trátase dunha pezas de excepcional importancia pois son únicas non só na Península senón en Europa. Os “sambenitos” son os sacos que lles colocaban aos condeados nos procesos da Inquisición e neste caso son as teas que reproducen eses sacos e que eran colocadas nos templos para lembranza das penas impostas. Continuarán as actividades o mesmo sábado ás 19.30 horas no salón de actos do antigo convento de San Domingos coa presentación do libro “La clave Embassy”, de Patricia Martinez Vicente. Nesta obra descríbese a trama urdida polo médico vigués Eduardo Martínez Alonso (chamado tamén o Schindler do Miño ou Schindler galego) para a fuxida de xudíos e perseguidos durante a segunda guerra mundial e que tiña en Tui un dos lugares claves para a fuxida cara Portugal e logo a Inglaterra. Nesta rede colaboraban tamén xentes de Tui, especialmente de Guillarei que era o lugar por onde se realizada o pase cara Portugal. Coa presentación desta obra abordase unha nova temática nas relación de Tui e as súas xentes cos xudíos. Finalmente, o domingo 5 de setembro, a partir das 12.00 horas e con saida da Praza do Concello se realizará unha vista guiada polo historiador Suso Vila aos diversos lugares do conxunto histórico tudense ligados á presenza dos xudíos na nosa cidade ao longo dos séculos, pois aínda que en Tui, como nas outras vilas e cidades de Galicia con presenza xudía, non existía propiamente unha “Xuderia” ou espazo físico onde vivian os xudíos, si está documentada a “aljama” e a presenza dunha sinagoga, dun cemiterio e dunha carnicería. e as residencias de diversos persoeiros desta comunidade que acadaron relevancia social. De todos estes temas falarase no decurso deste itinerario polas vellas ruas do casco histórico de Tui. Ata o 22 de setembro na Catedral podemos contemplar a exposición “Prateiros xudíos en Tui” que organizada conxuntamente polo Cabido catedralicio e a Concelleria de Cultura tudense amosa unha escolma das principais pezas artisticas que se conservan no tesouro catedralicio e que foron realizadas por ourives hebreos ou de ascendencia hebrea. Son unha ducía de pezas de gran valor artístico as que conforman esta exposición. Esta exposición está comisariada polos historiadores Jose Ramón Fernández e Suso Vila. A Concellería de Cultura do Concello de Tui promove a celebración destas Xornadas para a promoción e divulgación do patrimonio cultural da nosa cidade, neste caso centrado especialmente na recuperación do importante legado que a presenza de xudíos ao longo da historia ten procurado á nosa cidade. Tui foi de sempre un lugar de acollida e mantivo unha das xuderías máis importantes de Galicia. Tampouco podemos esquecer o nome do filósofo e médico Francisco Sánchez, de ascendencia xudía, que naceu en Tui en 1550 ou a colección de sambenitos de inicios do século XVII.Revitalizar estas páxinas da nosa historia é un xeito de promover a conservación e valorización do nos conxunto patrimonial, sinalou o Concelleiro de Cultura que confía que nesta nova edición estas Xornadas reúnan a un numeroso público como sucedeu en anteriores anos, evidenciando o interese desta temática entre tudenses e visitantes.
Tui consolídase como terceiro lugar de inicio da peregrinación a Santiago con 5.656 peregrinos
No pasado mes de agosto foron un total de 3187 os peregrinos que comezaron o seu itinerario nesta cidade, o que representa o 5,82% do total. Só as localidades de Sarria e o Cebreiro, no camiño francés, posúen unha maiores porcentaxes. Os datos do Albergue de peregrinos da Xunta de Galicia amosan tamen este crecido número de peregrinos, pois alí foron acollidos un total de 733 peregrinos ao longo do mes. Entre os procedentes de España as comunidades con máis peregrinos foron: Andalucía, Madrid, Valencia, Castela-León, Galicia, Cataluña, Castela-A Mancha e Pais Vasco. No que atinxe a outras nacionalidades houbo peregrinos, segundo o seu número, de Portugal, Italia, Alemaña, Polonia, Irlanda, Francia, Paises Baixos, Austria, Bélxica, Reino Unido e Croacia. E tamén estiveron peregrinos de Sudáfrica, India, Canada, ou Corea. O número é superior tanto ao pasado ano 2009 en que houbo 686 peregrinos e no anterior Ano Santo de 2004 en que pernoctaron neste albergue 598 persoas. Cómpre salientar que neste mes de agosto estivo xa en funcionamento o albergue temporal do Concello de Tui, ubicado no antigo convento de San Domingos, que contou con case 400 peregrinos e os máis de 1200 acollidos neste pasado mes nos Pavillóns municipais tudenses. Con estas cifras, sinala o concelleiro de cultura Moisés Rodríguez Pérez, Tui consolídase como un dos principais núcleos xacobeos da Península Ibérica e o principal enclave, fora do tradicional camiño francés, para o inicio do Camiño de Santiago neste Ano Santo de 2010. Para o concelleiro tudense é un motivo de satisfacción comprobar como a nosa cidade sabe respostar ás demandas dos peregrinos que coa apertura do albergue temporal teñen un novo espazo de aloxamento público na cidade. Rodríguez Pérez convida aos veciños a coñecer as instalacións deste albergue temporal e do centro de interpretación “Tui, porta do camiño portugués”, ubicados no antigo convento de San Domingos, pois evidencian o esforzo do Concello tudense por favorecer e impulsar este fenómeno cultural dos peregrinos, que se converten, na maioría dos casos, en animados embaixadores da nosa cidade. O apoio aos peregrinos é unha das estratexias nas que traballa o Concello de Tui para a promoción turística da cidade e para a valorización dos seus elementos patrimoniais dos que forma parte o Camiño de Santiago ao seu paso pola nosa cidade.
Venres, 3 de setembro de 2010 Copa Galicia de Esquí Náutico El próximo domingo, 5 de septiembre, se celebra en Tui la 2ª prueba puntuable para la Copa Galicia de Esquí Náutico, con la participación de esquiadores pertenecientes al Club Náutico de Arcade, Club NovaSki de San Adrián de Cobres asi como los esquiadores del Club Náutico San Telmo. La prueba comenzará a las 9.00 de la mañana en el Rio Miño, frente a las instalaciones del Club Náutico San Telmo. Habrá varias categorías en función de la edad de los esquiadores que competirán en la modalidad de slalom, minislalom y wakecrossing.
Hoxe, venres, inaugúrase a exposición “Prateiros, xudíos e conversos en Tui”
A exposición, organizada pola Concellería de Cultura do Concello de Tui, coa colaboración do Cabido catedralicio, Museo Diocesano e a Asociación de Amigos da Catedral, está comisariada polos historiadores José Ramón Fernández e Suso Vila. No texto realizado para documentar esta mostra os historiadores salientan que “la importancia de Tui, la presencia de la Catedral y las necesidades del culto motivarán la creación de obras de platería, que en muchos casos serían responsabilidad de los plateros judíos y conversos, que a pesar del cambio social obrado tras la expulsión de 1492, seguirán trabajando y realizando obras de arte en esta ciudad”. Poderiamos lembrar que a documentación aporta a presenza en Tui dun ourive chamado David que tiña como especialidade os “aljofares” ou perlas, único destas características documentado en Galicia. Na mostra, que incide na temática desta Xornada Europea da Cultura Xudía, dedicada neste ano 2010 a “Arte e xudaísmo”, podemos contemplar unha ducia de pezas en prata, como o bastón de San Telmo (1529), a primitiva arca- relicario do santo ou a cabeza de San Benardo, obras de Pedro Amín, ou mesmo o chamado “Cáliz de coco” ou de San Pantaleón. Están tamén obras de conversos portugueses como Sebastian de Matos representado coas cabezas de prata de San Valerio, San Abundio e San Antimio, amáis do brazo de prata de San Xulián de Antioquía, obras todas conservadas no altar relicario da catedral. Moisés Rodríguez, concelleiro de Cultura tudense, manifestou que esta exposición amosa a riqueza patrimonial que conserva a cidade, integrada non só polos grandes edificios do conxunto histórico, senón por pezas mobles como as que conforman esta mostra que testemuñan a rica historia tudense. Dende a Concellería agradecen a colaboración do Cabido e o traballo desenvolvido polos comisarios da exposición, pois a cooperación entre os diversos estamentos e colectivos da cidade é un camiño seguro para a posta en valor do noso patrimonio, neste caso o referido á presenza dunha comunidade xudía na cidade de Tui ao longo de varios séculos.
Continúa en Randufe a Semana Cultural organizada pola Asociación Cultural Deportiva Xuntaza que cumpre 25 anos Hoxe continúan os actos da Semana Cultural de Randufe promovida pola Asociación Cultural e Deportiva Xuntanza, co gallo do seu 25 aniversario . Na programación deste venres, que comeza ás 21.30 horas, a cita estará co folk tradicional que levará ao Adro da Guía, o grupo “Donicelas”. Mañá, sábado, e no mesmo escenario, terá lugar unha noite de baile, sorrisos, emopcións e sorpresas. Será a partir das 21.30 horas con “Playbacks”.
Xoves, 2 de setembro de 2010 Continúa en Randufe a Semana Cultural organizada pola Asociación Cultural Deportiva Xuntaza que cumpre 25 anos A Asociación Cultural e Deportiva Xuntanza, de Randufe, co gallo do seu 25 aniversario continúa coa programación de distintas actividades para conmemorar esta data. Na programación de hoxe, xoves, terá lugar, ás 21.30 horas, unha sesión de humor con “Somoza”, e ás 22.30 horas, para os máis mozos, o grupo rock “Phanton Club", ofrecerá un concerto no Adro da Guía. Para mañá, venres, ás 21.30 horas, a cita estará co folk tradicional que levará, tamén ao Adro da Guía, o grupo “Donicelas”. O sábado, e no mesmo escenario, terá lugar unha noite de baile, sorrisos, emocións e sorpresas. Será a partir das 21.30 horas con “Playbacks”. O domingo, ás 11.00 horas, celebrarase a XVII Marcha Ciclista pola parroquia, con saída do Adro da Guía. Ás 17.00 horas todos os que o desexen poderán desfrutar coa Festa da Espuma e Xogos Hinchables. Ás 21.30 horas os actores dos grupos de teatro Infantil e xuvenil “Garabullada”, porán en escena “Princesas y Fantasmas” e “¿Dónde está el Arco Iris?”. A xornada dominical rematará cos sons da escola de gaitas e percusión “Xuntanza”. Estas actividades terán lugar na Casa Cultural. A Semana Cultural do 25 Aniversario da Asociación Cultural e Deportiva Xuntanza rematará o luns cun concerto que ofrecerá, na Casa Cultural, a Coral da Santa Igrexa Catedral de Tui, e ás 22.30 horas, actuará, como broche de ouro destas emana especial, o Grupo de Acordeóns Mascarenhas da Guarda. Na celebración da Semana Cultural organizada pola Asociación Xuntanza colaboran a Deputación de Pontevedra, o concello de Tui, a Comunidade de Montes de Randufe e diversas casas comerciais.
Mércores, 1 de setembro de 2010 O concello de Tui promove diversas actuacións de limpeza do conxunto histórico
O Concello de Tui ten artellado, dende a pasada semana, diversas actuacións no conxunto histórico da cidade para a sua limpeza e ornato que favoreza o disfrute polos veciños e visitantes. Entre as intervencións acometidas polo persoal municipal atópase o baldeo das diversas rúas e prazas do casco vello tudense, afectadas, en moitos casos polo comportamente incívico de visitantes –especialmente no ocio nocturno das fins de semana-, así como a limpeza de diversos espazos de carácter singular: prazas, cruceiros e lavadoiros, que conforman o conxunto monumental tudense. Salienta o caso do popularmente chamado “lavadoiro do San Domingos” que foi completamente limpado, retirando diverso lixo alí acumulado, e poñendo en óptimas condicións este espazo histórico enclavado no Camiño de Santiago transitado nestas xornadas por centos de peregrinos. Igoalmente está previsto que no Paseo Fluvial se proceda a acoutar a zona de estacionamento de vehículos que, en numerosas oportunidades, invaden as zonas destinadas ao esparcemento dos peóns. Neste sentido dende o Concello ordearon a retitada de diversos remolques alí estacionados permanentemente, e amáis de ocupar un lugar que non lles corresponde tiñan un impacto visual moi negativo naquel enclave de ocio e turismo. Nesta mesma liña, o Concello de Tui lembra aos veciños e veciñas a necesidade de colaborar na limpeza e ornato da nosa cidade con medidas tan doadas e eficaces como o cumprimento dos horarios de depósito do lixo nos contedores establecido entre as 21.00 e as 24.00 horas, evitando deste xeito as acumulacións de lixo na rúa, que o compartamento incívico dalgúns provoca con excesiva frecuencia. Dende o Concello de Tui encarécese o cumprimento destas mínimas medidas de convivencia, recordando que o seu incumprimento conleva a imposición de sancións económicas para os infractores e reincidentes.
Martes, 31 de agosto de 2010 Baloncesto de máximo nivel na cidade de Tui O vindeiro venres día 17 de setembro, a partir das 20.30 horas, o Novo Pavillón Municipal acollerá a 1ª edición do Trofeo Cidade de Tui de Baloncesto. O trofeo disputarano os equipos F.C. Oporto, de Portugal e o Obradoiro C.A.B. de Santiago, anteriormente Xacobeo Blu:sens, e que militou na campaña pasada na liga da A.C.B. As entradas terán un precio de 3 € para adultos e de 1 € para os nenos ata 12 anos, co fin de que os amantes do deporte da canastra poidan acudir en masa a presenciar o partido. Para non ter acumulacións nas taquillas do pavillón, o día do partido, as entradas pódense adquirir a partir do día 1, mércores, nos seguintes puntos de venda: En Tui: Café Bar Colme, Café Bar Boby e Cafetería La Gran Manzana, e en Porriño na Cafetería Scala. No descanso do encontro, por parte do Concello, farase unha merecida homenaxe Aos equipos seniors do Club Baloncesto Tui, que na tempada 09/10 conqueriron o ascenso de categoría. Tamén se realizará un sorteo entre os asistentes con entrada numerada, no que se poderán gañar sendas ceas doadas unha polo Restaurante O Novo Cabalo Furado e outra polo Parador de Turismo San Telmo.
Sábado, 28 de agosto de 2010 Tui presenta os eu novo folleto turístico baixo o lema “A Historia en pedra”
Baixo o lema “A historia en pedra” o Concello de Tui presentou un novo folleto turístico da cidade do que se editan 45 mil exemplares en catro idiomas: castelán, galego, portugués e inglés. Trátase dunha publicación con gran peso gráfico en imaxes da cidade, con formato A3 despregable a toda cor. Nunha cara recolle información do que serían os tres buques insignia da cidade: A Catedral, o Monte Aloia, e o río Miño aos que se suma tamén o Camiño de Santiago pola importancia de Tui coma porta do Camiño Portugués. Na outra cara recóllense os principais acontecementos históricos que marcaron a cidade de Tui, e tamén se reflicte o Tui na actualidade coa súa cultural e social. Préstase atención a monumentos emblemáticos coma a Capela de San Telmo, a da Misericordia, o Convento das Clarisas e o de Santo Domingo. Por último recóllese información sobre as murallas, o casco histórico, a presenza xudía na cidade e tamén a importancia da igrexa de San Bartolomé. O folleto foi presentado polo Alcalde de Tui, Antonio Fernández Rocha, o Concelleiro de Cultura, Moisés Rodríguez, xunto a Rafael Sánchez Bargiela e Gus Abreu, autores dos textos e do deseño desta publicación. O Alcalde de Tui na súa intervención referiuse os tres elemento turísticos principais da cidade: o conxunto histórico coa Catedral, o río Miño e o Monte Aloia, que teñen un lugar destacado no deseño do novo folleto turístico. Un material que ofrecerá aos turistas, segundo dicía “moitas cousas que ver e sitios que visitar”. Agarda o rexedor tudense que este material sexa do agrado “dos que por aquí pasan” e considerou que é un acerto que estea publicado en catro idiomas. O Concelleiro de Cultura referiuse en primeiro lugar aos excelentes datos turísticos que a cidade está a rexistrar este ano con case 7 mil consultas o pasado mes de xullo na oficina de turismo, con visitantes de 37 países, e cun incremento no número de pernoctacións que era a materia pendente que había. Salientou tamén a importancia de Tui coma Porta do Camiño Portugués e oportunidade de que o peregrino se transforme despois en turista indicando que “hai que lograr que as distintas administracións apoien o turismo” porque no seu parecer pode ser un motor da cidade. Avanzou Moisés Rodríguez que en breve será presentado tamén un novo rueiro actualizado do casco urbano, e rematou felicitando a Rafael Sánchez Bargiela e a Gus Abreu polo seu traballo así coma a Miguel Alfaya pola coordinación do traballo. Gus Abreu explicou sobre o deseño do folleto que buscou unha imaxe actual así coma potenciar o aspecto fotográfico. Mentres Rafael Sánchez Bargiela indicou que fixo unha síntese do anterior folleto con novas incorporación e precisión coma os Sambenitos do Museo Diocesano ou o apartado de Tui na actualidade.
Festas a honra á Virxe da Rocha Hoxe comezan as festas na honra á Virxe da Rocha en Caldelas coa primeira verbena amenizada pola orquestra Paraíso e o grupo Fórmula. O domingo a Banda de Música de Salvaterra fará un pasarrúas e ofrecerá un concerto. Ás 12.00 do mediodía terá lugar a ofrenda floral e media hora despois misa solemne con procesión cara a capela. Pola noite verbena con Magos de España e Atenas. O luns os actos comezan con pasarrúas e concerto da Banda de Música Popular de Tui. Ás 12.30 horas ficiarase a misa e procesión na capela. Pola noite Gran Parada e Nueva Generación amenizan a verbena. O martes, ás 12.30 horas, haberá misa e procesión na capela polos devotos difuntos e procesión cara á igrexa parroquial. A última verbena será amenizada por Charleston Big Band e La Oca.
Venres, 27 de agosto de 2010 Tui abre as actividades das “XI Xornadas Europea da Cultura Xudía”
Dende hoxe, 27 de agosto, Tui acolle os actos de celebración da XI Xornada Europea da Cultura Xudía. Deste xeito a cidade súmase ás actividades que se van realizar en toda Europa e que en España coordina a Red de Juderías, organismo que agrupa a 21 vilas e cidades españolas. O Concello de Tui ten solicitado a súa incorporación a esta Red de Juderías e agarda que remate a moratoria establecida por esta entidade. Nesta Red de Juderías tamén participan outras localidades galegas coma Ribadavia e Monforte de Lemos. O alcalde do Tui, Antonio F. Fernández Rocha, xunto ao concelleiro de Cultura, Moisés Rodríguez Pérez, e o técnico desta concellería, Rafael Sánchez Bargiela, presentaron nunha rolda de prensa o programa de actividades destas Xornadas da Cultura Xudía que por cuarto ano consecutivo organiza o Concello tudense para recuperar a memoria da presenza xudaica na cidade e promover a valorización do patrimonio cultural tudense. Neste ano a temática elixida para as actividades a desenvolver en 24 países de Europa é “Arte e xudaísmo” para resaltar a achega que a cultura xudía ten aportado á arte europea. O programa de actividades comeza cunha actividade de prólogo, ou en palabras do concelleiro, unha marabillosa introdución artística en consonancia coa temática das actividades deste ano, como é o concerto de música sefardí, a cargo de Ana Alcaide e Rafael del Teso e que forma parte do ciclo de concertos de “Musica no claustro” da Catedral tudense. O programa continuará o venres 3 de setembro coa inauguración, na Catedral de Tui, da exposición “Prateiros xudíos en Tui” que organizada conxuntamente polo Cabido catedralicio e a Concellería de Cultura tudense amosará unha escolma das principais pezas artísticas que se conservan no tesouro catedralicio e que foron realizadas por ourives hebreos ou de ascendencia hebrea. Son unha ducia de pezas de gran valor artístico as que conforman esta exposición, comisariada polos historiadores Jose Ramón Fernández e Suso Vila. O sábado 4 de setembro ás 12.00 horas haberá unha visita guiada á colección de sambenitos do Museo Diocesano tudense, que estará guiada por Jesús Casás Otero, anterior director deste centro e autor dunha publicación sobre esta colección. Estes “sambenitos” tudenses son testemuñas da presenza de conversos e xudaizantes en Tui nos inicios do século XVII. Trátase dunha pezas de excepcional importancia pois son únicas non só na Península senón en Europa. Os “sambenitos” son os sacos que lle colocaban aos condenados nos procesos da Inquisición e neste caso son as teas que reproducen eses sacos e que eran colocadas nos templos para lembranza das penas impostas. Continuarán as actividades o mesmo sábado ás 19.30 horas no salón de actos do antigo convento de San Domingos coa presentación do libro “La clave Embassy” de Patricia Martinez de Vicente. Nesta obra descríbese a trama urdida polo médico vigués Eduardo Martínez Alonso (chamado tamén o Schindler do Miño ou Schindler galego) para a fuxida de xudeus e perseguidos durante a segunda guerra mundial e que tiña en Tui un dos lugares claves para a fuxida cara Portugal e logo a Inglaterra. Nesta rede colaboraban tamén xentes de Tui, especialmente de Guillarei que era o lugar por onde se realizaba o pase cara Portugal. Coa presentación desta obra abórdase unha nova temática nas relación de Tui e as súas xentes cos xudeus. Finalmente, o domingo 5 de setembro, a partir das 12.00 horas e con saída da Praza do Concello realizarase unha vista guiada polo historiador Suso Vila aos diversos lugares do conxunto histórico tudense ligados á presenza dos xudeus na nosa cidade ao longo dos séculos. A Concellería de Cultura do Concello de Tui promove a celebración destas Xornadas para a promoción e divulgación do patrimonio cultural da nosa cidade, neste caso centrado especialmente na recuperación do importante legado que a presenza de xudeus ao longo da historia ten procurado á nosa cidade. Tui foi de sempre un lugar de acollida e mantivo unha das xuderías máis importantes de Galicia (cabería lembrar que a única carnicería hebrea documentada en Galicia é a tudense) con sinagoga e cemiterios. Tampouco podemos esquecer o nome do filósofo e médico Francisco Sánchez, de ascendencia xudía, que naceu en Tui en 1550 ou a colección de sambenitos de inicios do século XVII.Revitalizar estas páxinas da nosa historia é un xeito de promover a conservación e valorización do nos conxunto patrimonial, sinalou o Concelleiro de Cultura na rolda de prensa de presentación do programa destas Xornadas. Moisés Rodríguez Pérez confía que nesta nova edición estas Xornadas reúnan a numeroso público como sucedeu en anteriores edicións, evidenciando o interese desta temática entre tudenses e visitantes.
Recepción oficial aos remeiros tudenses que participaron nos Mundiais de Piragüísmo O próximo martes, 31 de agosto, ás 12 do mediodia, os deportistas tudenses Diego Piña, Iván Alonso, Ana Varela e José Luis Bouza, serán recibidos polo alcalde de Tui, Antonio F. Fernández Rocha, no Salón de Plenos da Casa do Concello. A este acto están invitados, ademáis dos membros do equipo de goberno, os portavoces de todo os grupos políticos con representación municipal e os membros da Xunta directiva do Club Kayak Tudense. No mesmo acto os deportistas recibirán o recoñecemento público pola súa presencia nos pasados Mundiais de Piragüísmo, entregándolle a José Luis Bouza Pregal unha placa conmemorativa pola súa Medalla de Plata na distancia de 5.000 metros en C-1.
Ana Alcaide presenta o seu último traballo en Música no Claustro, cun concerto de música sefardí A música sefardí é a protagonista esta noite do penúltimo concerto no Claustro Gótico da Catedral de Tui. Dende Toledo chega unha das intérpretes de música sefardí más destacadas do panorama actual. Trátase de Ana Alcaide que impregna a la música que interpreta co seu selo persoal, a súa voz e nychelarpa, un instrumento de orixe sueco que ela fusiona a la perfección. Ana Alcaide estará acompañada de Rafa del Teso e tamén por Bill Cooley. Aquí en Tui Ana Alcaide presentará o seu último traballo discográfico, "Como la Luna y el Sol" inspirado nun verso dunha canción Sefardí atopada en Turquía. Esta será a primeira vez que o ciclo Música no Claustro acolle un concerto de música sefardí. Este concerto forma parte tamén da programación da XI Xornada Europea da Cultura Xudía que organiza a Concellería de Cultura de Tui. A cita será ás nove da noite no Claustro da Catedral, con entrada libre. Hoxe continuará tamén a iniciativa “A mirada debuxada” a cargo de Álvaro Reinoso que está a facer un caderno de ilustracións de cada concerto. Xa mañá o ciclo remata coa actuación co Coro Santiago Apóstol de Vigo, tamén ás nove da noite.
Remata a Semana Cultural de Caldelas Hoxe remata a Semana Cultural de Caldelas organizada pola Asociación Cultural “A Insúa”. Ás nove e media desta noite haberá playbacks a cargo da Asociación A Insua de Caldelas. Logo actuará o grupo de break dance Fusion Flow de Tui. Para rematar “Show A Insua”
Concerto de I am a man Mañá sábado ás once da noite La Fábrica de Tui no Centro Interfederado a carón do río Miño acolle un concerto do grupo I am a man.
Xoves, 26 de agosto de 2010 Presentación na Casa do Concello da Xornada Europea da Cultura Xudía Hoxe, xoves, ás 11.45 horas, será presentado na sala de reunións da Casa do Concello de Tui o programa a desenvolver entre o 27 de agosto e o 5 de setembro dentro da Xornada Europea da Cultura Xudía. Comparecerán nesta presentación o alcalde, Antonio Fernández Rocha, e o concelleiro de Cultura, Moisés Rodríguez.
Curso de percusión Africana na Casa da Xuventude A Casa da Xuventude promove, os días 24 e 25 de setembro, un Curso de percusión Africana, para interesados a partires de 10 anos, sendo necesario facer a inscrición chamando ao número 986 60 05 68. Os participantes que non dispoñan de djembé poderán alugalo. O día 24 de setembro, o curso desenvolverase de 18.00 a 21.00 horas. A xornada do día 25 comezará ás 10.30 ata as 13.30 horas.
Presentación do novo folleto turístico de Tui Mañá, venres, ás 12 do mediodía será presentado na sala de reunións da Casa do Concello o novo folleto turístico de Tui. A presentación correrá a cargo do alcalde, Antonio Fernández Rocha, e do concelleiro de Cultura, Moisés Rodríguez, acompañados por Rafael Sánchez Bargiela e Gus Abreu, responsables dos textos e do deseño do folleto respectivamente.
Mércores, 25 de agosto de 2010 Autobús para acudir aos partidos do Celta en Balaídos A Peña Celtista Tudense informa que por terceiro ano consecutivo haberá autobús dende Tui para acudir aos partidos que o Real Club Celta de Vigo xogue no Estadio Municipal de Balaídos. O autobús sairá do cruzamento entre a rúa Casal Aboy e O Rosal fronte á estación de autobuses hora e media antes de cada partido. Este sábado, 28 de agosto, haberá xa autobús para acudir ao encontro que o Celta disputará contra o Barcelona B, no que é o primeiro partido de Liga.
O grupo de metais do Conservatorio de Tui e Projecto de Foles no Claustro da Catedral O grupo de metais do Conservatorio Profesional de Música de Tui abre esta noite o segundo concerto do Ciclo de música no claustro gótico da Catedral. Será dentro do ciclo de Xoves Intérpretes JLMúsica e baixo a dirección de Adolfo Besada. Logo será a quenda do grupo “Projecto de Foles” caracterizado por ser unha agrupación que busca un novo repertorio para o instrumento, explorando e explotando as diferentes posibilidades sonoras e tímbricas que ofrece. A meirande parte do repertorio está composto a partir de melodías populares por un dos seus integrantes David Bellas. Os outros dous compositores que forman o programa son Diego Mariño e o tudense Rudesindo Soutelo. Os cinco músicos de “Projecto de Foles” realizaron a súa formación no Conservatprio Superior deVigo. Trátase de Xurxo Fernández, Ánxela Vidal Trabada, David Bellas, Lucía Comesaña e Xesús Riveira. Hoxe continua tamén a actividade "A mirada debuxada" na que artista sevillano Álvaro Reinoso ilustra en vivo cada concerto.
Continúa a súa andaina a Semana Cultural organizada pola Asociación Cultural “A Insua” de Caldelas. Hoxe ás 21.30h terá o humor de Fredy Crujer. E logo actuará o grupo de música folk A Nosa Xente do Centro Cultural Laxes de Paramos.
Luns, 23 de agosto de 2010 José Luís Bouza Subcampión do Mundo de C-1 5.000 metros
Buzo subcampión do mundo C1 5000. Foto Eprendes-RFEP campionato mundo Polonia 2010
O canoísta tudense José Luís Bouza proclamouse esta fin de semana Subcampión Mundial de C-1 5.000 metros, a nova distancia non olímpica incorporada ao programa do Campionato do Mundo de Augas Tranquilas Poznan 2010. Bouza, que logrou no pasado Campionato de Europa de Trasona a medalla de bronce na mesma distancia, sumou para España a primeira medalla destes Campionatos do Mundo. Tamén na nova distancia de medio fondo os kayakistas españois Iván Alonso e Ana Varela finalizaron en 10º posición nas súas respectivas finais de K-1. José Luís Bouza declaraba tras este éxito que “non pensaba nin remar o 5.000 neste mundial porque había problemas de horario e o ombreiro non me aguanta moi ben, pero ao final decidimos remalo e estou moi contento”. Engadía que isto lle da moral “para seguir adestrando duro o ano que vén e lograr os obxectivos que teño marcados”. Sobre a competición explicou que “Fixen a maioría da primeira volta a onda do alemán pero despois empezoume a molestar o ombreiro e decidín tirar para evitar que o eslovaco se enganchase, pero ao final non puiden aguantar o sprint final co alemán” En canto aos seus plans de futuro indicou que “o ano que vén seguirei apostando polo C-1 nos 1.000 metros, a pesar de que David Cal quedou cuarto do Mundo, pero a ilusión non a perdemos, aínda que se hai un C-2 que nos conveña pois apostariamos por un C-2, pero aínda non o temos claro”.
Recepción do Presidente da Xunta a Jose Luís Bouza O canoista tudense Jose Luís Bouza que se proclamou esta fin de semana subcampión do mundo en C1 5000 m será recibido ás 10.15h polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo.
Comeza o VI Ciclo de Concertos en el Claustro de la S. I. Catedral de Tui Hoxe comeza o sexto Ciclo de Concertos no Claustro Gótico da Catedral de Tui. Será a partir das nove da noite con entrada gratuíta. En primeiro lugar actuará o Grupo de Música Tradicional do Conservatorio Profesional de Música de Tui dirixido por Eduardo Rodríguez, dentro del "Ciclo Jóvenes Intérpretes - JLMúsica". E logo Teresa Gómez á zanfona e Alba Barreiro á arpa ofrecerán un concerto dividido en dúas partes. A primeira estará integrada por música medieval, destacando unha nova interpretación das Cantigas de Martín Códax. Mentresn a segunda parte ofrecerán unha selección de música tradicional e popular galega. O dúo de Teresa Gómez & Alba Barreiro leva en activo dende 2007, actuando en diferentes lugares da xeografía española. As dús intérpretes pertencen á orquestra folc galega Sondeseu. Amais mañá comeza tamén o caderno de concertos baixo o título de "A mirada debuxada", no que o artista sevillano Álvaro Reinoso ilustrará en vivo cada concerto.
Xuntanza celebra a súa Semana Cultura e os seus 25 anos A Asociación Cultural “Xuntanza” de Randufe inicia este sábado a súa semana cultural que se vai prolongar ata o 6 de setembro. Esta actividade terá este ano un cariz especial ao cumprirse os 25 anos da asociación. Este sábado o fútbol será o protagonista no Campo municipal. Pola mañá ás 11h haberá fútbol infantil. Xa pola tarde ás seis enfrontaranse as solteiras e as casadas da parroquia e unha hora des pois solteiros contra casados. O domingo o deporte abre de novo programa coa XXIV Carreira Popular que sairá ás dez da mañá. Xa pola noite ás 21.30h no adro da Guía actuará os grupos folclóricos Seixos Albos de Areas, O Mosteiro de Pexegueiro, San Fins de Rebordáns, Inquedanzas de Pazos de Reis e Xuntanza de Randufe. Ao longo da semana haberá música con Meigallo, La Minitípica, a Banda de Música Popular de Tui, a Coral da S.I. Catedral de Tui, A Roda, Phantom Club, Donicelas ou o grupo de acordeóns Mascarenhas. Haberá maxia co mago Teto, humor con Somoza, Playbacks, festa da espuma, xogos, inchables, teatro ... Todo para festexar os 25 anos de Xuntanza.
Tres padeeiros do Club Kaiak Tudense gañáronse o seu billete para o mundial de Maratón Esta pasada fin de semana disputouse en Zamora o Campionato de España de Maratón, clasificatorio para o Mundial que terá lugar a finais de setembro en Banyotes. Os padeeiros do Kaiak Tudense Adrián González e Luís Morais proclamáronse Campións de España en C2 Junior, o que lle dá praza directa para o Mundial. Outro padeeiro que tamén se clasificou para o Mundial foi Rubén Millán, que se impuxo na categoría K2 junior xunto ao seu compañeiro o arousán Luís Oubiña, o cal tamén lle deu a praza mundialista. Este tres padeeiros xunto a Manuel Garrido, que xa tiña a súa praza asegurada pola súa condición de Campión do Mundo o ano anterior, serán a representación do Kaiak Tudense na cita mundialista. Menos sorte tivo o C2 formado polo propio Manuel Garrido e Daniel Costa que tras facer o tres primeiras voltas ao circuíto no grupo de cabeza, unha doenza estomacal de Daniel Costa obrigoulles a abandonar a regata, co mal sabor de boca de saber que loitaría sen problema algún por unha praza para o Mundial. Tampouco tubo sorte Jaime Sobrado en K1 sub-23 que finalizou en cuarto lugar tras unha durísima regata, con constantes tiróns, a parte da extrema temperatura sufrida en Zamora.
La Asociación Cultural e Xuvenil do traxe Tradicional de Tui quiere informar de las actividades previstas para los próximos meses El domingo 5 de septiembre tendrá lugar en la Catedral de Santiago de Compostela, la ofrenda que la Asociación Cultural e Xuvenil do traxe Tradicional de Tui hará ante el Apostol. El acto se desarrollará en la Misa que se celebrará a partir de las 13:15 horas. El presidente de la asociación, Angel Alonso, será el oferente y hará entrega de una réplica del Pórtico de la Catedral de Tui. Para asistir al acto, la Junta Directiva de la entidad, organiza una excursión a Santiago, con salida a las 10 de la mañana, desde el aparcamiento municipal en la parte trasera del Área Panorámica, una vez finalizada la ofrenda, nos desplazaremos a un restaurante próximo para una comida de confraternidad y cuando al finalizar harán un recorrido por la ciudad. El regreso está previsto para las 20:00 horas.Todos aquellos que quieran asistir pueden inscribirse llamando al 986 60 39 31. El precio de la excursión, viaje y comida, es de 16 € para socio-adulto; 20 € no socio-adulto y 10 € para socio-niño y 15€ para no socio niño. Así mismo se invita a todas las personas que quieran entrar a formar parte de los grupos de baile y de música (gaita, tambor, bombo y pandereta ) a inscribirse para iniciar los cursos en los meses de septiembre u octubre.
Luns, 23 de agosto de 2010 Á Semana Cultural de Caldelas chegarán hoxe o humor e o teatro Continúa celebrándose en Caldelas a Semana Cultural organizada pola Asociación Socio Cultural Xuvenil e Deportiva “A Insua”, que se prolongará ata o 27 de agosto. Para hoxe, luns, a cita estará, ás 21.30 horas, co humor. Será con Isi, gañador do concurso “O rei da comedia” da TVG e colaborador do programa Lan-Rober da canle autonómica. Haberá tamén teatro co grupo “Caldemiños” que representará “A visita do inspector”. Mañá, martes, tamén ás 21.30 horas, volverá o teatro, nesta ocasión co grupo da Asociación C. Castro Barreiro que escenificará a obra “Paco Jones detective privado”. Deseguido Play-BacK a cargo da asociación Seixos Albos de Areas
Sábado, 21 de agosto de 2010 Comezou a Semana Cultural de Caldelas Onte púxose en marcha a Semana Cultural de Caldelas organizada pola Asociación Cultural “A Insua”. Ata o próximo venres haberá humor, teatro, música, xogos, actividades infantís... Eduardo Dacuña, Presidente da Asociación Cultural “A Insua” e Pilar Villaverde vogal da asociación, falaban do amplo programa a disfrutar no programa “Día a Día de Verán” da RMT. Explicaba Eduardo Dacuña que este ano, ante a crise económica, tiveron que realizar un maior esforzo, pero todo para que os veciños disfruten das actividades. O público ten acompañado estas actividades en anos anteriores, e agardan que este ano aconteza o mesmo. Onte á noite tiveron a actuación do grupo de teatro Caldemiños coa obra “Por borrachín”, as pandereteiras “As D’abadía” de Caldelas e os gaiteiros da parroquia Hoxe sábado dende ás cinco terán Festa infantil na ribeira con inchables, toro mecánico, maquillaxe, globoflexia e festa da escuma, e ás dez cine ao aire libre con “Alvín y las ardillas 2”. O domingo dende ás 17h terán xogos populares e logo ás 20h a actuación da charanga “Airiños do Miño”. A semana prosegue ata o próximo venres día 27
Festas na honra ao Santísimo Cristo da Saúde en Piñeiro Esta fin de semana celebran festas na honra ao Santísimo Cristo da Saúde en Piñeiro. Mañá a verbena correrá a cargo das orquestras Pontevedra e Salsa Rosa. O domingo pola mañá entrará no recinto de festas a banda de música de Redondela, e ao mediodía celebrarase misa solemne. A noite a verbena será amenizada pola Banda de Música de Redondela e o Trío Soprano.
Os participantes no Campamento Urbano coñeceron o Camiño Portugués ao seu paso pola zona monumental Os 90 nenos e nenas que están a participar ao longo deste mes de agosto no Campamento Urbano “Erase unha vez...un camiño” organizado pola Concellería de Servizos Sociais do Concello de Tui fixeron ao longo da mañá de onte un achegamente ao tramo do Camiño Portugués ao seu paso polo conxunto histórico de Tui. Os participantes foron recibidos no Albergue municipal en Santo Domingo pola Concelleira de Servizos Sociais, Patricia Ricón, que en declaración á Radio Municipal de Tui explicaba que os nenos e nenas fixeron moitas preguntas satisfacendo a curiosidade que este inmoble lles expertou mentres coñecían as distintas estancias. Previamente os nenos percorreron a zona monumental onde cada vez que vían a cuncha de viera tiñan que gritar a palabra “Camiño”. Patricia Ricón facía tamén unha valoración moi positiva tanto deste campamento urbano coma do acuático, onde amais o tempo acompañou. De cara ao próximo ano a concelleira aposta por continuar con esta iniciativa dos campamentos urbanos e incluso, se as condicións económicas o permite, poder ampliar o número de prazas.
Xoves, 19 de agosto de 2010 Concerto na Viñoteca de García A Viñoteca de García na rúa Seixas de Tui ofrécenos hoxe xoves un novo concerto de Jazz. A partir das 21.30h actuarán Álvaro Vieito, guitarra, Juansi Santomé, contrabaixo, Javi Barral, batería e Yago Vázquez, piano
Padeeiros do Kaiak Tudense no Mundial de Piragüismo en Poznan Onte á tarde tivo lugar na localidade polaca de Poznan a cerimonia inaugural do Campionato do Mundo de Piragüismo que se vai celebrar ata o próximo domingo. No mesmo van competir varios padeeiros do Club Kaiak Tudense a partir de hoxe. A expedición dos padeeiros tudenses está formada por José Luís Bouza que participará nas probas de C2 1000 metros xunto a David Mascato, C1 5000 metros e C1 200 substitucións. Diego Piña forma parte da tripulación do K4 1000 metros xunto aos seus compañeiros Rodrigo Germade, Borja Prieto e Emilio LLamedo. Ana Varela competirá en K1 1000 metros e 5000 metros e Iván Alonso en K1 5000 metros. Esteban Alonso tamén está en Poznan como adestrador de todos estes barcos. A viaxe non empezou da mellor maneira posible, xa que parte da expedición española entre os que estaban José Luís Bouza e Diego Piña, debido a un atraso en Madrid perderon o avión de ligazón que debían coller en Munich por tanto tiveron que esperar ao seguinte avión con rumbo a Polonia. O peor aínda estaba por chegar xa que o destino deste novo avión era Varsovia a case 400 km de Poznan, polo que tiveron que facer este ultimo tramo da viaxe en furgoneta, chegando ao destino final ás 04:00 da mañá cando tiñan que chegar as 14: 00 do día anterior. Isto obrigou aos tudense a modificar o plan de adestramento previsto xa que despois de tremenda malleira da viaxe tiveron que descansar toda a mañá. Xa, antonte pola tarde os padeeiros tudenses tiveron o seu primeiro contacto coa pista de Poznan. Hoxe xoves a competición comezará coas semifinais en mil metros nas que estarán presentes Jose Luís Bouza en C2, e Ana Varela en k1, Diego Piña en k4 e tamén se disputará os 200 metros relevos no que competirá Jose Luis Bouza en C1. O venres pola tarde será a competición sobre a distancia de 5km na que estarán presentes Jose Luís Bouza en c1 e Iván Alonso en k1. Na fin de semana disputaranse as finais das diferentes distancias.
O 4 de setembro celébrase a V Festa Astur Galaica en Tui O próximo 4 de setembro terá lugar en Tui a V Festa Astur Galaica, na que se van reunir todos aqueles asturianos residentes en Tui e nos concellos do entorno. Os actos van ter lugar nas instalacións do Colexio dos Irmáns Maristas. Comezarán ás doce do mediodía cunha misa oficiada por Don Ricardo García. Á unha haberá espicha e aperitivos, dando comezo a continuación un xantar típico composto por fabada asturiana, empanada galega e rosca. A tarde será para compartir cos participantes na festa que ás sete e media terán unha merenda con xamón con melón, chourizos á sidra e bolos preñados. As persoas que desexen anotarse a este xantar ou obter máis información poden dirixirse ao 627 170 376
Festas na honra a San Bartolomé O barrio de San Bartolomé prepárase para celebrar as festas na honra ao seu patrón que terán lugar a próxima semana. O pasado domingo comezou na igrexa parroquia a novena na honra ao santo que continua ata o próximo luns. Precisamente o luns, día 23, terá lugar a primeira verbena a cargo de Saudade 73 e Alcázar. Xa o martes 24, día de San Bartolomé, o programa comeza a primeira hora da mañá coa tradicional feira dos cabalos na rúa Loureiro, onde haberá compra e venda de animais, así coma distintas exhibicións. Ás doce do mediodía celebrarase a misa solemne acompañada pola Banda de Música Popular de Tui. Para rematar Los Embajadores e Adrede amenizarán a verbena.
Mércores, 18 de agosto de 2010 O VI Ciclo de Concerto no Claustro da S. I. Catedral ten coma fío condutor o Camiño de Santiago
O Claustro gótico da S.I. Catedral de Tui acollerá do 24 ao 28 de agosto o VI Ciclo de concertos neste espazo que brindará ao longo destes cinco días unha serie de eventos que este ano teñen coma fío condutor o Camiño de Santiago. O “Ciclo” foi presentado onte na sancristía catedralicia por Samuel Diz, director Artístico deste evento, xunto a Ricardo García, deán da Catedral, e Moisés Rodríguez, concelleiro de Cultura de Tui. Samuel Diz destacou en primeiro lugar na súa intervención a celebración desta sexta edición nuns momentos nos que nos atopamos con moitos eventos condeados a desaparecer o cando menos a facer un alto no camiño. Afortunadamente o ciclo continua cun ambicioso programa cheo de novidades. Unha delas é o seu fío condutor, o Camiño de Santiago, que dende o século XIII trouxo distintas culturas á Península Ibérica e que “forman a nova vida actual”. Por outra destacou o apoio aos músicos da zona presentando coma novidade no programa as obras de sete compositores galegos contemporáneos. Salientou amais a colaboración co Concurso de Corais que organiza a Catedral no Nadal e coas Xornadas Europeas da Cultura Xudía. Xa no que aos concertos se refire o primeiro deles, o martes 24, correrá a cargo de Teresa Gómez e Alba Barreiro cunha selección de música medieval de Martín Codax e Alfonso X, que xunto a unha selección de música tradicional galega interpretarán con zanfona e arpa. O mércores 25 será a quenda do Projecto de Foles integrado por cinco ex alumnos do Conservatorio Superior de Música de Vigo que exploran as novas posibilidade da gaita cun novo repertorio. O xoves 26 será o propio Samuel Diz quen ofreza un concerto multidisciplinar no que na primeira parte dará forma a obras de Mompou, Xabier Mariño e Oswaldo Oro. Na segunda parte renderán unha homenaxe a José Saramago co seu conto “La flor más grande del mundo” recitado por Aloia Martínez, e con ilustracións de Álvaro Reinoso. Xa o venres 27 Ana Alcaide con voz, nychelarpa e mandola acompañada por Rafael Teso ofrecerá un concerto de música sefardí. Pecha o ciclo o Coro Apóstol Santiago, gañador da última edición do Certame de Corais da Catedral, o sábado 28 ás 21 horas. De xeito paralelo cada día previamente ao concerto principal ofrecerán un pequeno concerto diferentes alumnos do Conservatorio de Tui. O xoves será a quenda do Grupo de Música Tradicional, o venres do Grupo de vento metal e o sábado do dúo de violíns formado polas irmás Sara e Raquel Areal. Precisamente para estes xoves intérpretes JL Música ofrecerá dúas becas con todo o material que poidan precisar ao longo do curso dous destes músicos. Os concertos comezarán cada día ás 21 horas con entrada gratuíta. Outra das novidade deste ano chega baixo o título de “La mirada dibujada” un proxecto no que o artista Álvaro Reinoso creará cada día un diario de concerto plasmando en ilustracións subliñando aquilo que estes eventos e os seus intérpretes lle suxiran. O deán da Catedral, Ricardo García, lembrou cal era a idea coa que partiu este ciclo de concertos: “promover e dar a coñecer aos músicos xoves da canteira local” pero tamén “dar a coñecer a riqueza do claustro coma espazo sonoro”. Ricardo García amosouse satisfeito pola continuidade desa filosofía inicial. Por último o Concelleiro de Cultura, Moisés Rodríguez, destacou a importancia deste ciclo de concertos que ten que consolidarse polo que hai que seguir apostando. Engadía que este evento “non se podería levar a cabo sen o espírito de Samuel e o apoio incondicional de Don Ricardo”. Toda a información sobre este sexto ciclo de concertos pódese atopar na web en www.musicaenelclaustro.com
Play-Doc abre o prazo de admisión para a edición de 2011 O Festival Internacional de Documentais de Tui, Play-Doc, ten aberto o prazo de inscrición para a edición de 2011 segundo se recolle na súa páxina web www.play-doc.com. A sétima edición deste evento dedicado ao xénero documental terá lugar en marzo do ano que vén, e á mesma están convidados a participar aqueles realizadores e produtoras que posúan os dereitos de exhibición das obras que presenten. Os documentais teñen que ter coma data de produción unha posterior ao 1 de xaneiro de 2009. As películas presentaranse no seu idioma orixinal, e no caso dunha versión distinta ao castelán ou ao galego presentaranse con subtítulos en castelán, galego ou inglés. A inscrición para Play-Doc realizarse on-line ao través da web www.play-doc.com. Amais enviarase unha copia da película en DVD indicando o título, o número de referencia asignado na inscrición e un enderezo de correo electrónico. Todo debe remitirse antes do 15 de novembro a Play-Doc na rúa Colón nº2, edificio Área Panorámica, 36.700 Tui. Segundo explican na convocatoria valorarase especialmente a calidade e creatividade das obras independentemente da súa nacionalidade, temática e duración. Na súa edición de 2011 Play-Doc volverá contar cunha sección oficial a concurso e unha sección informativa non competitiva. Amais tal e coma informa a Asociación Cultural Enfoques, responsable da organización, haberá unha serie de actividades paralelas en relación cos contidos do festival. A concesión dos premios será establecida por un xurado internacional formado por profesionais do medio audiovisual e artístico. As bases completas para a participación en Play-Doc pódense consultar na súa páxina web www.play-doc.com
O Camiño Portugués a cabalo
Un grupo de seis peregrinos a cabalo, provenientes de Estremadura iniciaron hoxe en Tui o percorrido que en cinco ou seis etapas os levará ata Santiago de Compostela. Onte a mañá, despois da once, achegábanse á Catedral para recoller e selar alí a súa credencial de peregrino. Joaquín Gasset encabeza o grupo do que forma parte a súa muller María Prendes a súa filla María Gasset Prendes xunto a Vicente Elices, a súa muller Carmen Moreno a súa filla Alicia Elices. Contan amais co apoio en ruta de Rafael López. Joaquín Gasset explicaba que anteriormente tiñan xa realizado a cabalo o Camiño Francés, e nesta ocasión a súa elección foi o Camiño Portugués a Compostela. O seu obxectivo é chegar a Santiago en cinco etapas, aínda que hoxe ían xa con certo retraso xa que aproveitaron para visitar Valença e tamén Tui, principalmente a Catedral. Para este estremeño facer o Camiño a cabalo é unha marabilla. E farán etapas tranquilas disfrutando de Galicia.
Martes, 17 de agosto de 2010 O Kaiak Tudense impúxose na Copa Presidente e no Descenso e foi segundo no Príncipe de Asturias O Kaiak Tudense impúxose esta fin de semana na clasificación por clubs na Copa Presidente e no Descenso Internacional do Miño, mentres que foi segundo por clubs onte domingo no Trofeo Príncipe de Asturias disputado en Pontevedra. O sábado pola mañá os de Tui conquistaban o seu primeiro titulo da fin de semana ao imporse na Copa Presidente da Xunta de K4 e C4 disputada en Tui. Lograban 861 puntos por diante das Torres Romaría Vikinga que obtiña 718, e do Náutico Ponte de Lima que foi terceiro con 693 puntos. En K4 senior os Tui fixeron doblete xa que a embarcación de Iván Alonso, Jovino González, Roberto Rodríguez Lechuga, e Oscar Carrera foi primeira, seguida do K4 de Joan Ardit, Luís Blanco, Víctor Rodrígueze Fernando López que ocuparon a segunda posición. En C4 a vitoria foi tamén para o Kaiak Tudense da man dos irmáns Daniel e David Costa Bouzada, Manuel Garrido e Pablo Blanco. As mulleres do k4 senior tudense Valeria Romero, Silvia Rodríguez, Leticia Puña e Carla Pérez tamén se fixeron co primeiro posto. En k4 xuvenil o Kaiak Tudense fíxose co primeiro posto con Abraham Fernández, Isaac Rodríguez, Rubén Millán e Marcos González, e foi terceiro con Ismael Rodríguez, Hector Múñoz, Pedro CArrera e Braian Ocampo. Os de Tui impúñanse tamén no C4 xuvenil con Adrián González, Luís Morais, Carlos Méndez e David Casaleiro. En mulleres o k4 xuvenil de Paula Castro, Andrea Fátima, Rebeca García e Sara Iñarrea foi segundo. O sábado á tarde chegaría o segundo título co Descenso Internacional do Miño, onde os de Tui fixeron valer a súa vantaxe de coñecer perfectamente o río Miño. Lograron 2425 puntos por diante das Torres Romaría Vikinga con 1966 que foron segundo e do Náutico de Ponte de Lima que foi terceiro con 1646 puntos. O Kaiak Tudense dominou a competición en kaiak senior, onde o K2 de Roberto Rodríguez Lechuga e Oscar Carrera foron os primeiros en cruzar a liña de meta cun tempo de 59min 16 seg, sendo así os vencedores absolutos do Descenso. A penas dous segundos despois chegou o K1 de Iván Alonso que se impuxo na súa categoría onde Victor Rodríguez e Jaime Sobrado, tamén do Kaiak foron terceiro e cuarto respectivamente. Tamén en senior o C2 de Daniel Costa e Manuel Garrido foi segundo. En xuvenil o Kaiak Tudense logrou dous primeiros postos en C1 con Carlos Méndez, e en C2 con Adrián González e Luís Morais, mentres que foi segundo en K2 con Isaac Rodríguez e Marcos González. En cadetes Roi Rodríguez foi primeiro en K1, e tamén primeiro posto para o k2 Pedro Carrera e Braian Ocampo. Mentres que en c1 Jacobo Pérez foi terceiro. Mentres en féminas Valeria Romero impúñase no K1 xuvenil senior, victoria tamén para Silvia Rodríguez e Carla Pérez en K2 senior, e segundo posto para Leticia Piña en K1 senior. As súas compañeiras Rebeca García e Sara Iñarrea foron segundas en K2 cadete. E por último o domingo disputábase o Príncipe de Asturias en Pontevedra. A vitoria absoluta en embarcacións era para o K4 do Kaiak Tudense que na clasificación por club quedou relegado ao segundo posto. Repasamos os resultados dos de Tui. Roberto Rodríguez Lechuga, Victor Rodríguez, Oscar Carrera e Jovino González fixéronse coa vitoria absoluta do Príncipe de Asturias e foron primeiros en K4 senior. Mentres o K4 xuvenil de Rubén Millán, Hector Múñoz, Marcos González e Isaac Rodríguez foron segundos. Daniel Costa e Manuel Garrido foron terceiros en C2 senior, e os seus compañeiros de club Andrián González e Luís Morais e David Casaleiro e Carlos Méndez foron primeiros e segundo respectivamente en C2 xuvenil. En mulleres Leticia Piña e Carla Pérez foron segundas en K2 senior. Silvia Rodríguez e Valeria Romero gañaron no k2 xuvenil. Por outra parte este xoves comezan as competicións no Mundial de Piragüismo en Poznan, Polonia, onde os padeeiros do kaiak buscarán este título. Alí estarán Ana Varela en k1 mil metros, Jose Luíz Bouza competirá en C2 xunto a David Mascato en 1000 metros, e so en c1 5 mil, así coma en c1 200 relevos, Iván Alonso k1 5 mil metros, e Diego Piña en K4 mil metros.
Gran éxito da 2ª Festa House Tuytú A 2ª Festa House Tuytú celebrada o domingo na praza de San Fernando foi todo un éxito superando as expectativas previstas polos organizadores. Este evento reuniu a máis de mil persoas no corazón do conxunto histórico tudense para disfrutar do mellor da música house e da animación con gogo’s e espectáculos visuais. Tuytú estivo organizada polos locais da zona vella coa colaboración da Concellería de Cultura de Tui que apostan deste xeito polas alternativas de lecer e dan continuidade a esta iniciativa posta en marcha en 2009. A festa house desenvolveuse baixo unha perfecta organización, e sen incidentes, o que permitiu disfrutar aos presentes dun evento ao aire libre nunha noite de domingo ata ás 2 da madruga. A partir desta hora, cando terminou a festa, moitos apostaron por continuar “de marcha” polos diferentes locais da zona vella, aproveitando o festivo local de hoxe luns en moitos concellos ou as vacacións estivais. O gran éxito rexistrado nesta segunda edición fai pensar na continuidade de Tuytú en 2011 nunha clara aposta por este evento por parte dos seus organizadores.
Presentación do VI Ciclo de Concertos no Claustro Gótico da Catedral de Tui Hoxe, martes, ás 11.30 horas, será presentado na sancristía da Catedral o VI Ciclo de Concertos no Claustro Gótico da Catedral de Tui, que se vai celebrar do 24 ao 28 de agosto. Comparecerán nesta presentación Moisés Rodríguez, Concelleiro de Cultura; Ricardo García, deán da S.I. Catedral de Tui, e Samuel Diz, director Artístico de Música no Claustro.
Sábado, 14 agosto de 2010 Hoxe sábado celébrase o Descenso do Miño e a Copa Presidente Hoxe celébrase en Tui a Copa Presidente da Xunta de Galicia de C4 e K4 e o Descenso Internacional do Miño nas que van participar máis de 900 deportistas. Ambas están organizadas polo Club Kaiak Tudense. A Copa Presidente acada este ano a súa décimo quinta edición. Celebrase mañá sábado dende ás 11.30h nun circuíto entre a vella Ponte Internacional e a Praia da Mariña. Na mesma van participar 27 clubs e 400 deportistas, amais dos galegos tamén competirán portugueses, sevillanos e asturianos. Mentres o Descenso Internacional do Miño acada a súa trixésimo novena edición. A saída, ás 18h, estará un ano máis en Salvaterra de Miño xunto á Ponte Internacional e a chegada estará situada baixo a Ponte Internacional de Tui. Aquí participarán 550 padeeiros de 42 clubs galegos, portugueses, navarros, asturianos, e murcianos.
Festas na honra a San Roque en San Bartolomé Esta fin de semana celébranse festas na honra a San Roque no barrio de San Bartolomé de Tui. Comezan o domingo ás nove da noite coa procesión acompañada pola Banda de Música Popular de Tui. Logo esta banda e o grupo musical Airiños do Miño de Tui amenizarán a verbena. O luns, 16 de agosto, ás 12 celebrarase misa solemne con procesión acompañada pola Banda de Música Popular de Tui. Á noite a verbena será amenizada pola orquestra Trova e o grupo Reflejos.
Venres, 13 agosto de 2010 Este domingo celébrase a segunda festa Tuytú
A praza de San Fernando acolle este domingo, entre ás dez e media da noite e as dúas da madrugada, a segunda festa house Tuytú organizada polos locais da zona vella e a Concellería de Cultura. Colaboran no mesmo ACITUI, Protección Civil, Policía Local e Garda Civil. A Festa Tuytú foi presentada onte polo Concelleiro de Cultura, Moisés Rodríguez, e os representantes dos locais participantes. Moisés Rodríguez destacou na súa intervención que “é importante que a xente veña a Tui e disfrute” máis nunha época na que os locais de ocio teñen que facer fronte á situación de crise e a competencia que teñen nos “botellóns descontrolados” que lles prexudican. A festa estará perfectamente controlada, segundo explicaba, e a música rematará ás dúas da madrugada de tal xeito que as persoas que acudan á mesma poidan seguir logo de marcha polos locais da zona vella. Pedía, o edil de Cultura, compresión aos veciños polas molestias que este evento poida xerar. E por outra parte destacaba que se trata dun evento que se vai consolidando, pondo de relevo a importancia do conxunto histórico de Tui coma zona de ocio e zona viva. Un representante dos locais organizadores explicou como xurdiu esta iniciativa o ano pasado coa idea de facer unha festa un domingo entre os locais de ocio, e que resultou ser todo un éxito. Este ano engadía que se poden superar as expectativas de participación reunindo a máis de mil persoas. Engadía que actuarán os dj’s Mario, Carlos Daniel, Trillo e Jito e haberá espectáculos de animación e visuais e gogós. Consideran os organizadores que a festa pode ter un gran futuro. Na organización de Tuytú están Café Museu, Kafé Central, El Globo, Licuore, Sonoro, Fitch, Arius, La Gruta, Pause&Play, Karamelo e 3 Tempos.
900 deportistas no Descenso e na Copa Presidente Ao redor de 900 deportistas tomarán a saída esta fin de semana no XXXIX Descenso Internacional do Rio Miño e a XV Copa Presidente da Xunta de Galicia de K4 e C4. A pesar dos recortes orzamentarios de ambas as probas o nivel deportivo estará á altura das mellores probas dos últimos anos. Para o Descenso do Miño, a proba máis emblemática do panorama galego, hai inscritos un total de 550 padeeiros que representarán a 42 clubs, tanto galegos como nacionais. Será por tanto un espectáculo ver a 411 embarcacións asucando as augas do Miño. Pola súa banda a Copa Presidente de K4 e C4 contará coa presenza de 27 clubs con 400 deportistas que ao longo da mañá do sábado tomarán a saída fronte ás instalacións do club Kaiak Tudense. Todos estes números non fan senón corroborar a importancia que no mundo do piragúismo teñen estas dúas probas, o que fará que sexan sen dúbida as que máis participación teñan dentro do calendario galego de competicións de piragüismo.
O espectáculo de circo Galtuk chega este sábado a Tui Un espectáculo de circo ideado pola compañía La Fiesta Escénica coma homenaxe e agradecemento a Galicia é o que poderemos disfrutar este sábado á noite no Paseo da Corredoira de Tui. Baixo o título de “Galtuk, onde viven os soños” haberá contorsionismo, acrobacias con hula hop, destreza, equilibrio e elasticidade, e espectaculares animais creados para a ocasión coma cabalos, hipopótamos ou flamencos... Galtuk chega a Tui da man de ACITUI coa colaboración do Concello de Tui. Este espectáculo foi presentado onte polo presidente de ACITUI, Jorge Álvarez, o concelleiro de Cultura, Moisés Rodríguez, xunto a Abel Martín de La Fiesta Escénica e Bruno Saéz e Helena Laf que forman parte do espectáculo. Abel Martín explicou que La Fiesta Escénica creouse hai quince anos da man dun grupo de artistas que chegaron a Galicia de vacacións e que decidiron afincarse aquí en Baiona. Co paso do tempo explicaba que comezaron a traballar para circos e espectáculos en España, Italia, Francia, Alemaña ou Nova York. Lembraba que hai oito anos estiveron en Tui coas estatuas vivintes, e precisamente aquela aposta por eles cando ninguén os coñecía foi o que lles levou a regresar agora. Son, dicía, un grupo de artistas un equipo caracterizado pola sinxeleza e a simplicidade. O espectáculo que presentan baixo o título de Galtuk creouse precisamente coma un soño de homenaxe e recoñecemento a Galicia. É a historia dunha nena que entra no mundo do circo a través dos seus soños. Bruno Saez pertence a La Fiesta Escénica dende que tiña 6 anos, e creou un número especial para Galtuk de destreza, equilibrio e elasticidade. Helena Lav será unha das artistas que actúen este sábado en Tui. Presenta un espectáculo do Hula-hop e no seu currículo destacan os seus traballo co Circo do Sol. O presidente de ACITUI, Jorge Álvarez agradeceu a La Fiesta Escénica a súa dispoñibilidade para estar en Tui esta fin de semana. Un agradecemento no que redundou o concelleiro de Cultura, Moisés Rodríguez, salientando que Tui é unha cidade moi activa.
Xoves, 12 agosto de 2010 Rubiós e Tui protagonizan o Festival de Bandas de Música que se celebrará mañá, venres O son das bandas de música, Popular de Tui e Popular de Rubiós, vai encher este venres, ás 22.30 horas, a praza de San Fernando, xa que estas agrupación serán as protagonistas do XIX Festival de Bandas de Música. Esta é unha cita clásica no verán dentro da programación que organiza a Concellería de Cultura de Tui. A Banda de Música Popular de Tui conta na actualidade con sesenta compoñentes cuxa media de idade está entorno aos 20 anos. Esta agrupación afunde as súas raíces en 1881 cando se creou a primeira Banda de Música Popular de Tui. Tivo logo etapas nas que desapareceu ata que en 1980 se creou a actual agrupación que ten na Escola de Música e no Conservatorio Municipal unha importante canteira. A banda tudense ten actuado por toda Galicia, Portugal, Valencia, Asturias, e Bos Aires. Está dirixida por Adolfo Besada. Na programación do venres interpretará: Música y poble .....................Ferrer Ferrán Airiños aires .........................G. Freire Sangre Española..................A Pinto Piratas del Caribe.................John Wasson Belreguart.............................Miguel Ross A finais do século XIX creouse a Banda de Música Popular de Rubiós pertencente ao Concello das Neves. Esta agrupación pasou ao longo da súa historia por diferentes vicisitudes que a levou a desaparecer. Houbo despois algún tento de recuperar a banda pero non sería ata 1985 cando este traballo frutificou. Na actualidade a banda conta 50 membros de todas a idades, que realizan concertos por toda Galicia, e teñen participado en varios programas de televisión. No seu currículo destacan tamén os terceiros premios acadados na sección segunda do Certame Provincial de Bandas de Música e do Certame Zonal que organiza a Deputación de Pontevedra. A Banda de Música Popular de Rubiós baixo a dirección de Rafael Pérez Dopeso vai ofrecer: Hispano.................................Nuno Osorio Fate of the gods....................Steven Reineke Caballería ligera....................Franz Von Suppe Rapsodia galega nº1.............Enrique G. Rey Abba Gold Muiñeiras dos Pendellos.......Juan Lois Diéguez
Nueva edición del “Mercadiño de antigüedades” en Tui La Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui, ACITUI, en colaboración con el ayuntamiento organiza el próximo sábado, día 14 de agosto, en el Paseo de la Corredera de Tui, el “XI Mercadiño de Antiguidades” a partir de las 10.00 hasta las 21.00 horas. Los objetos antiguos volverán a ser los protagonistas en este mercadillo, donde además de estar expuestos se podrán comprar gran variedad de antigüedades procedentes de distintos puntos de toda Europa. Acitui anima a todos a que este fin de semana se acerquen a Tui y curioseen por el mercadillo, y disfruten de la ciudad.
VII Encontro Internacional de Teatro e Artes de Rúa Cidade de Tui A Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui, Acitui, coa colaboración do Concello, e co obxectivo de crear e manter a imaxe de Tui como cidade dinámica e competitiva, potenciando o lecer como un factor de alto valor engadido á actividade comercial tradicional, achega á cidade, un ano máis, o Teatro de rúa, actividade que está integrada na programación de verán “Vida nas Rúas 10”. Este ano, como principal espectáculo estará o Circo Galtuk, pertencente ao grupo “La fiesta escenica”. Este espectáculo circense fusiona o circo, a danza e o teatro nun gran espectáculo pensado para facer disfrutar a toda a familia. Os shows de “La fiesta escenica” presentáronse xa en diversos países europeos e contan coa participación de artistas internacionais. O circo Galtuk naceu para ser un espectáculo homenaxe ós personaxes creados nos 15 anos da compañía. Pero rapidamente tomou vida propia evolucionando ata converterse nun show inédito, con figuras da comedia do arte como fío condutor e novos recursos que, combinados cos antigos, deron coma resultado o nacemento dun lugar imaxinario e fantástico onde todo é posible. Galtuk e o universo secreto dunha nena namorada do circo, un espazo idílico o que ela accede a través dos soños para vivir mil e unha aventuras cada noite ata que alguén malvado intente romperlle os soños. A nena emprenderá entón unha viaxe alucinante ... Como di o seu director Abel Martin, Galtuk é un lugar onde todavía existe esperanza, amor e lealdade, un territorio imaxinario no que somos libres para deixar voar a imaxinación ata onde queira levarnos. Galtuk é o pais onde nacen as ilusións e se entras en el é moi posible que tamén os teus soños esperten... Este espectaculo tera lugar o sábado 14 de agosto ás 23.00 horas no Paseo da Corredoira. En canto ós artistas de rúa, dende o venres, 6 de agosto e durante toda a fin de semana, Tui converterase no centro de reunión de todos os amantes deste espectáculo que transformará as rúas nun auténtico circo con números de malabares, teatro, acrobacias, humor e espectáculos aéreos. Nesta sétima edición, a partir das 21.00 horas dos días 13, 14 e 15 de agosto, tres grupos de artistas converterán o Paseo da Corredoira no centro neurálxico da arte e cultura municipal. Ademais nas mañás do sábado e domingo haberá espectáculos dos artistas do teatro para os nenos. Esta fin de semana o Festival contará cas actuacións de tres grupos: Cronopia Contorsiones co espectáculo “Maromas” (contorsiones, acrobacias e humor); Manic Freak co espectáculo “Pequeño payaso” (malabares, acrobacia e equilibrismo), e Muruya, co espectáculo “La rulienta desequilibrada” (danza e teatro). Este espectáculo estará dirixido para todos os públicos. NOTA: Se fai moita calor os espectáculos comezarán unha hora mais tarde.
Tui vive a Festa das Piraguas Este sábado ás miradas no mundo do piragüismo van estar fixadas en Tui. Na cidade dispútanse dúas probas destacadas o Descenso Internacional do Miño e a Copa Presidente da Xunta de Galicia, organizadas polo Club Kaiak Tudense. Pola mañá ás 11.30h terá lugar a Copa Presidente na súa décimo quinta edición. Disputarase en circuíto entre as instalacións do Kaiak e a praia da Mariña, de tal xeito que poderase ver a súa evolución ao longo de todo o Paseo Fluvial. Esteban Alonso, Presidente do Kaiak Tudense, explicaba que é unha proba consolidada que pese a crise rexistra este ano unha boa participación. Pola tarde ás seis sairá dende terra en Salvaterra de Miño, á carón da Ponte Internacional, a trixésima novena edición do Descenso Internacional do Miño. Esta é unha proba consolidada aínda que Esteban Alonso lamentaba que haxa falta de compromiso coa mesma por parte das administración autonómica e provincial, mentres que agradecía a colaboración do Alcalde para que o Descenso e a Copa se celebren. Indicaba por outra parte Esteban Alonso que os clubs séguense a envorcar con esta competición, aínda que os padeeiros que acudan aos Campionato do Mundo que se celebra a próxima semana, non poderán estar presentes. Con respecto ás expectativas do Kaiak Tudense para estas competicións explicaba o Presidente e adestrador do Club que o Descenso é un obxectivo importante, aínda que contarán coas baixas dos padeeiros que participarán no mundial ou que están concentrados coa selección española.
Presentación Circo Galtuk Hoxe, xoves, ás 12h terá lugar no Concello de Tui a presentación do Circo Galtuk que este sábado ás once da noite vai actuar na Paseo da Corredoira. Este espectáculo chega da man da Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui, Acitui, coa colaboración do Concello de Tui. O Circo Galtuk pertence ao grupo “La fiesta escénica” que fusiona o circo, a danza e o teatro nun gran espectáculo pensado para facer disfrutar a toda a familia. Os shows de “La fiesta escénica” presentáronse xa en diversos países europeos e contan coa participación de artistas internacionais. Por outra parte esta fin de semana continua o Encontro Internacional de Teatro e Artes de Rúa Cidade de Tui organizado tamén por ACITUI. Así o venres, sábado e domingo a partir das nove da noite actuará os grupos Cronopia Contorsiones co espectáculo “Maromas”, Manik Freak con “Pequeño pallaso” e Muruya con “La rulienta desequilibrada”. Amais nas mañás do sábado e domingo haberá espectáculos dos artistas do teatro para os nenos.
Casting de figuración para unha serie de Telecinco o venres en Tui Este venres vai ter lugar en Tui un casting de figuración para buscar extras que participarán na gravación dunha nova serie titulada “Piratas” que proximamente será emitida por Telecinco. Producciones Mandarina é quen realizará este casting que comezou hai xa máis dunha semana en Silleda, Carballo e Vilagarcía. Contarán tamén na rodaxe coa colaboración das asociacións de esgrima de Santiago, A Coruña, Vigo e Porto. As gravacións de “Piratas” realizaranse en distintos puntos da xeografía galega, entre elas haberá distintas localizacións situadas nas inmediacións de Tui. É por iso que este venres van realizar o casting para figurantes na cidade. A cita será na Área Panorámica de 9.30 a 14 e de 16 a 19.30h. Buscan persoas, con ou sen experiencia, en situación de ser contratadas. Precisan todo tipo de perfís tanto de idade coma de sexo. Ao ser unha serie ambientada no século XVIII priorizarán aqueles perfís que mellor se axusten ás características da época. Os interesados poden presentarse ao casting deste venres, ou no caso de non poder ir poden enviar os seus datos e dúas fotos a marcosvazquez.piratas@gmail.com A serie que se vai rodar “Piratas” amosará navíos, duelos a espada, mazmorras, execucións, rescates en sombríos mosteiros, combates ao borde de acantilados, e espectaculares abordaxes en alta mar.
Corte de tráfico polas actividades da fin de semana A Policía Local de Tui informa aos veciños e usuarios das rúas Seixas e Sanz, e da Praza do Concello, que co gallo do Festival de Bandas que se celebra este venres ás 22.30h que o venres non se poderá estacionar na rúa Seixa de 17.30 a 1.30h, e pecharase a rúa a circulación a partir das 22h. Por outra parte a Policía Local dá conta que ante as actividades previstas esta fin de semana na Praza de San Fernando queda prohibido a circulación e o aparcamento dende sábado ás 18 e ata o luns ás 12h dende a Porta da Pía.
Mércores, 11 agosto de 2010 El próximo sábado se celebrará en Tui el Descenso Internacional do Río Miño y la XV Edición de la Copa Presidente Xunta de Galicia El pasado lunes se presentó, en el Centro Interfederado de Remo y Piragüismo, la 39 edición del Descenso Internacional do Río Miño y la XV Edición de la Copa Presidente Xunta de Galicia, que tendrán lugar el próximo sábado día 14. El acto contó con la presencia del alcalde de Tui, Antonio F. Fernández Rocha, y los concejales Moisés Rodríguez, de Cultura, y Patricia Rincón, de Servicios Sociales; así como el presidente del Club Kayak, Esteban Alonso Núñez, y el presidente de la Federación Gallega de Piragüismo, Alfredo Bea. En palabras del Esteban Alonso, la edición de este año sufrió un recorte en su presupuesto, motivado, entre otras cosas, por la situación económica general, aunque destacó el empeño del alcalde para conseguir ayudas institucionales que se tradujeron en la colaboración de la Secretaría Xeral para o Deporte, Fundación Deporte Galego, Deputación de Pontevedra, Plan Xacobeo S.A., Secretaría Xeral para o Turismo, Fundación CentroGalego da artesanía e do deseño, y por primera vez, se incorpora como patrocinador Galicia Calidade. Para la edición de este año del Descenso Internacional do Miño, que saldrá desde Salvaterra de Miño a las 18 horas, hay inscritas 354 embarcaciones de un total de 35 clubes, en su gran mayoría gallegos, pero tambien procedentes de Portugal y de otras regiones españolas, como Asturias, Navarra y Murcia. Alfredo Bea por su parte, manifestó que cuando el competía, ganar el Descenso en Tui era uno de los objetivos de cualquier deportista, ya que daba prestigio al palista. Por su parte el alcalde, Antonio Fernández Rocha, felicitó a todos los miembros del Club Kayak Tudense, por su tesón y esfuerzo para mantener vivo, después de casi cuarenta años, una prueba marcada en el calendario nacional como de presencia obligada. Según Rocha “ este es un evento que siempre tendrá el apoyo del Concello“ por lo que representa para el deporte y para la ciudad. Además de esta prueba de piragüismo que se celebra en Tui, el mismo día en horario matinal y con salida a las 11.30 horas, en las inmediaciones del Centro Municipal de Remo, dará comienzo la XV Copa Presidente da Xunta, competición para embarcaciones K-4 que cuenta, a una semana de su celebraciòn, con la participación de 23 clubes y un total de 83 embarcaciones entre las que se encuentran portugueses, sevillanas y asturianas, entre otras.
Presentación de “Tuytú” Mañá, ás 11.30 horas, presentarase na sala de reunións da Casa do Concello de Tui o evento “Tuytú” que se vai celebrar na cidade o próximo domingo. Na presentación comparecerán o alcalde de Tui, Antonio Fernández Rocha, o concelleiro de Cultura, Moisés Rodríguez, e unha representación dos locais participantes en “Tuytú”.
O Penedo de Caldelas logra dous bronces no Campionato de España de Slalom infantil O Club Penedo de Caldelas logrou esta fin de semana dúas medallas de bronce no Campionato de España de Slalom Infantil que se celebrou na localidade de Suvero en León. As medallas de bronce foron para Iván Marchante de 14 anos en C1 infantil A, e para Luís Fernández Pereira de 13 anos en C1 infantil B. Por outra parte compre salientar que neste campionato de España se viñeron outra dúas medallas para Galicia. Logrou a medalla de prata Sonia Vázquez en C1 infantil A, e para Andrea González dos Teixugos de Tomiño que logrou a medalla de bronce en C1 infantil A.
Martes, 10 agosto de 2010 Bronce no Campionato do Mundo de Remo para o tudense Ismael Montes O remeiro do Club Remo do Miño – SETA, Ismael Montes, logrou esta fin de semana a medalla de bronce no Campionato do Mundo Xuvenil de Remo celebrado na localidade de Racice na República Checa. Ismael Montes, logrou o bronce na modalidade de catro sen temoneiro, mentres o seu compañeiro Yago Izquierdo obtivo un meritorio cuarto posto na final (B) do Oito con temoneiro. Tanto Yago coma Ismael estaban a remar no equipo de Catro Sen temoneiro, pero a última hora o adestrador decidiu pór a outro remeiro no sitio de Yago esquerdo, e pasar a este ao Oito. Por outra parte Andrés Carbalho, pertencente tamén ao Club Remo do Miño, que forma parte da selección portuguesa, non se clasificou para as finais do Campionato do mundo sub 23 en Dobre Scull. O campionato tivo lugar na localidade bielorrusa de Brest. O próximo mes de setembro en Nova Zelanda remarán na categoría absoluta Nuria Domínguez e Jesús González.
Este sábado celébrase o Descenso do Miño e a Copa Presidente Este sábado celébrase en Tui a Copa Presidente da Xunta de Galicia de C4 e K4 e o Descenso Internacional do Miño. Ambas están organizadas polo Club Kaiak Tudense. Estas dúas probas foron presentadas onte polo Alcalde de Tui, Antonio Fernández Rocha, o Presidente da Federación Galega de Piragüismo, Alfredo Bea, e o Presidente do Club Kaiak, Esteban Alonso, acompañados polos concelleiros Patricia Ricón e Moisés Rodríguez. A Copa Presidente acada este ano a súa décimo quinta edición. Celebrarase o sábado dende ás once da mañá nun circuíto entre a vella Ponte Internacional e a Praia da Mariña. Na mesma van participar 23 clubs e 83 embarcacións, amais das galegas tamén competirán portugueses, sevillanos e asturianos. Mentres o Descenso Internacional do Miño acada a súa trixésimo novena edición. A saída estará un ano máis en Salvaterra de Miño xunto á Ponte Internacional e a chegada estará situada baixo a Ponte Internacional de Tui. Aquí participarán 354 embarcacións de 35 clubs galegos, portugueses, navarros, asturianos, e murcianos. Na súa intervención o Presidente do Club Kaiak Tudense, Esteban Alonso, agradeceu en primeiro lugar o traballo feito polo Alcalde de Tui para conseguir patrocinadores públicos, xa que sinalou que “sen o esforzo feito polo Alcalde non tería sido posible” acadar estes patrocinadores que son a Secretaría Xeral para o Deportes, Deporte Galego, a Deputación de Pontevedra, a Secretaría Xeral para o Turismo e Galicia Calidade que se suma por vez primeira ao Descenso do Miño. A eles engádense os patrocinadores privados que dende hai anos veñen apoiando estas dúas probas. Esteban Alonso destacaba precisamente que neste ano de crise houbo que facer un maior esforzo, e aínda así tiveron que recurtar o orzamento destas competicións que acadan nesta edición os 35 mil euros. Optaron por manter o Descenso do Miño no grupo 1 de probas deportivas, mentres que a Copa Presidente descende ao grupo 2. Hai unha merma económica pero non en participación, xa que segundo o Presidente do Kaiak Tudense as cifras son similares as de anos anteriores, polo que agradecía aos clubs a súa presenza na fin de semana en Tui. O Presidente da Federación Galega de Piragüismo, Alfredo Bea, agradeceu tamén a aposta do Concello de Tui por estes eventos deportivos. Sobre o Descenso do Miño dicía Bea que é “unha das regatas referentes” en Galicia polo que “o piragüismo galego se envorca con esta regata”. Sobre a Copa Presidente lembraba que foi unha aposta importante no seu día cando para as embarcacións de K4 e C4 só se facía o Príncipe de Asturias. Hoxe tras quinte anos explicaba que é xa un referente deportivo.
Pola súa parte o Alcalde de Tui,
Antonio Fernández Rocha, aludiu á crise económica e as súas consecuencias que
están facendo que mermen os apoios a determinados grandes eventos. Indicaba o
rexedor que quizais haxa actividades que haxa que deixar de celebrar, pero que
outros coma o Descenso e a Copa Presidente non se deben ver afectados por eses
recortes. Explicou amais que a única administración que incrementou a súa
dotación económica para estas probas foi precisamente o Concello de Tui. Nese
senso avanzaba que dende o Concello seguirán traballando para que estes eventos
non desaparezan. Indicando que teñen lugar no mellor tramo do río para a súa
práctica. Gabou o rexedor a labor que realiza o Club Kaiak Tudense que é quen de reunir no Descenso a máis de 350 embarcacións. A inscrición tanto para o Descenso coma para a Copa Presidente permanece aínda aberta ao longo da semana, polo que hai nomes destacados no mundo do piragüismo que aínda se poden sumar ás mesmas. Este é o caso dos arxentinos Pinta e Musicafredo que en K2 gañaron o Descenso do 2009, e se interesaron xa polas condicións desta edición. De participar serían favoritos para repetir victoria. En canto aos deportistas locais o Club Kaiak Tudense verá mermados os seus efectivos nestas competición pola presenza dunha parte importante dos seus padeeiros en concentracións co equipo nacional para preparar distintos campionatos. Si estará na liña de saída Iván Alonso que en K1 parte coma favorito. Volverá este ano a competir en solitario ao estar preparando o Campionato de España nesta embarcación. Ata o mércores non estará establecida a embarcación k2 do Kaiak xa que inicialmente apostan por Oscar Carrera e Roberto Rodríguez Lechuga, pero este último mércores pasará selectivo para o equipo nacional para acudir ao Mundial, polo que no caso de ser seleccionado non estará no Descenso. En K2 son favoritos tamén outras embarcacións doutros clubs coma a de Fiuza e Bouzán que gañaron o Descenso do Sella e cos que se está a negociar a súa presenza en Tui. No K2 feminino as locais Silvia Rodríguez Lechuga e Carla Pérez loitarán por facerse coa vitoria. En canoas o Kaiak Tudense presenta unha embarcación novidosa no C2 formada por Manuel Garrido e Daniel Costa que se medirán con outros dos favoritos Oscar Graña e Ramón Ferro. Por clubs este ano cambiou o xeito de puntuación e valorarase a cantidade deportistas que aporte cada agrupación. Por este motivo As Torres Romaría Vikinga sitúase por diante do Kaiak, mermado coma diciamos polo presenza dos seus deportistas co combinado nacional.
Luns, 9 agosto de 2010 O Concello de Tui investiu case 212 mil euros na adquisición de cinco novos vehículos para o Parque Móbil Municipal O Concello de Tui investiu 211.728,98€ na adquisición de cinco novos vehículos para o Parque Móbil Municipal. Esta mañá o Alcalde de Tui, Antonio Fernández Rocha, xunto aos concelleiros Manuel González Vázquez, Moisés Rodríguez, Antonio Castro, Patricia Ricón e Telmo González, presentou publicamente este novo equipamento. Por unha parte destaca a adquisición dun camión recolector para a recollida do lixo no que se investiu 142.800 mil euros. Este camión marca DAF conta con modernos sistemas de seguridade. Segundo explicaba o Concelleiro Manuel Vázquez ten un sistema de seguridade de marcha atrás, e amais conta cun mecanismo que impide que circule a máis de 30 km/h se vai algunha persoa na parte traseira, ao tempo apágase automaticamente se dando marcha atrás alguén se sobe na pedaleta, para evitar deste xeito calquera posible accidente. Por outra parte o Concello adquiriu dúas furgonetas Fiat Fiorino 1.3 Combi Base unha delas destina ao Servizo de Obras e outra ao de augas, cada unha delas tivo un custo de 13.499,55€. Tamén se adquiriu unha Fiat Ducato semiacristalada por un importe de 20.986,41€ para o Servizo de Obras. Por último mercouse un furgón Fiat Ducato por 20.943,47€ para o Servizo de Limpeza. Deste xeito renóvase notablemente o Parque Móbil Municipal, dándose de baixa cinco vehículos que quedaran xa obsoletos e que pola súa antigüidade, algunha furgoneta con máis de 25 anos, estaban a rexistrar avarías repetidamente. Deste xeito os servizos de Obras e Augas, contan co equipamento móbil preciso para realizar o seu traballo nas mellores condicións de transporte e seguridade. Compre salientar tamén que estas novas adquisicións conlevarán un importante descenso no consumo do combustible, xa que os novos vehículos teñen unha media de consumo moi inferior, pola tecnoloxía empregada nos mesmos, que os que se viñan empregando ata o de agora. E tal e coma explicaba o Alcalde, Antonio Fernández Rocha, estes novos vehículos son tamén moito máis respectuosos co medio ambiente, xa que a contaminación que emiten é moi inferior a das furgonetas que veñen de ser substituída. Concluía o rexedor que con estas adquisición “preténdese rexuvenecer o Parque Móbil municipal que estaba bastante obsoleto”.
Sábado, 7 agosto de 2010 Presentación el lunes del Descenso Internacional del Río Miño y la Copa Presidente Xunta El lunes, día 9, a las 11.30 horas, tendrá lugar en las instalaciones del Centro Interfederado de Remo y Piragüismo en Tui la presentación a los medios de comunicación de la XXXIX edición del Descenso Internacional del Río Miño y la XV Copa Presidente Xunta de Galicia de K4 Y C4. A la presentación, a falta de confirmación, están invitados, el secretario Xeral para o Deporte de la Xunta de Galicia José Ramón Lete Lasa; el diputado provincial de Deportes José Enrique Sotelo Villar; el alcalde del ayuntamiento de Tui, Antonio Fernández Rocha; el teniente alcalde, Moises Rodríguez Pérez, el presidente de la Federación Gallega de Piragüismo, Alfredo Bea García, y el presidente del Club Kayak Tudense, Esteban Alonso Núñez.
A Oficina de Turismo recibiu 7.416 consultas en xullo Un total de 7.416 persoas pasaron durante o pasado mes de xullo pola Oficina Municipal de Turismo, situada no Paseo da Corredoira. Deste total 6.555 eran turistas nacionais, mentres que os 861 restantes eran estranxeiros. O día en que máis consultas se realizaron na oficina de turismo foi o martes 20 de xullo con 464 persoas que demandaron información. Os datos de consultas rexistrados en xullo duplican os do mes de maio, e superan en 3.200 as persoas que en xullo do ano pasado se achegaron ata a Oficina Municipal de Turismo. Os madrileños foron os turistas nacionais que en maior número pasaron por este punto de información con 1.977 consultas, seguidos de andaluces con 1112, e de castelá-leoneses con 576 consultas. Houbo turistas das 17 comunidades autónomas e da cidade de Ceuta. No que se refire ao turismo estranxeiro houbo consultas de cidadáns de 37 países entre os que están Australia, Brasil, Corea, Canadá, Xapón, Hawai, Letonia, Rusia ou Polonia. A meirande parte de consultas por cidadáns estranxeiros foron realizadas por portugueses con 181 persoas que se achegaron á Oficina Municipal, seguidos de franceses con 121 consultas, e de alemáns con 106. Na Oficina Municipal de Turismo tamén demandan información sobre o Camiño de Santiago un bo número de peregrinos. Así en xullo houbo un total de 762 persoas que ían realizar o Camiño, das que 640 eran españois, e 122 estranxeiros. Entre os peregrinos nacionais os que máis consultas realizaron están os madrileños con 256, seguidos de andaluces con 210. Mentres entre os estranxeiros están á cabeza os italianos con 30 persoas que se achegaron ata este punto de información, seguidos de alemáns e portugueses, con 18 consultas cada un deles. Por outra parte a Oficina Municipal de Turismo elaborou un informe sobre o número de pernoctacións ao longo dos 31 días do mes de xullo, que foi considerablemente superior a de meses anteriores. Á cabeza no nivel de ocupación estivo o Parador de Turismo, o Hotel Colón, seguido do Hotel Alonso I. Amais houbo doce persoas que pernoctaron na cidade en Autocaravana, e outras inclináronse polas pensións ou as casas de turismo rural que hai na cidade, así coma polo albergue privado que existe. O Concelleiro de Turismo, Moisés Rodríguez, destaca con respecto aos datos de turistas no mes de xullo o “espectacular incremento que se produciu con respecto ao mes de maio e incluso co mesmo mes do ano anterior”. Valora amais positivamente o Concelleiro o número de pernoctacións que se produciu de tal xeito que a cidade xa non é so un lugar de paso para os turistas senón que moitos a elixen para pasar un par de días, ou incluso coma eixo para visitar toda a contorna. Deste xeito vaise pouco a pouco superando a gran materia pendente que ten Tui que é precisamente que o turista non sexa só de paso. Noutra orde de cousas, con respecto aos datos recollidos pola Oficina Municipal con respecto aos peregrinos, os mesmos veñen confirmar, segundo Moisés Rodríguez, unha vez máis a importancia que Tui está a ter neste Ano Santo coma punto de partida destacado de camiñantes a Santiago. A Oficina Municipal de Turismo abre de luns a venres de xeito ininterrompido de 10 a 20h, e as fin de semana de 10.30 a 14.30 e de 15.30 a 19.30h.
Venres, 6 agosto de 2010 Presentación dos novos vehículos municipais Mañá, sábado, ás 10 horas, serán presentados na nave do concello de Tui, en Guillarei os novos vehículos que se incorporaron recentemente ao parque móbil municipal. No acto comparecerán o alcalde, Antonio Fernández Rocha, acompañado doutros membros do equipo de goberno.
Onte abriu a exposición de pintura “Diur no camiño de portugués de Santiago” A Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui acolle unha mostra de pintura que baixo o titulo de “Diur no camiño portugués a Santiago” reúne a obra de 31 artistas e afeccionados que amosan coas súas diversas técnicas e estilos unha temática común: o camiño de Santiago. Todos os participantes forman parte da asociación DIUR, ubicada na cidade de Pontevedra, unha asociación sen finalidade lucrativa e que ten como obxectivo fundamental proporcionar ás persoas da terceira idade os medios para encontrar e desenvolver un vasto abano de actividades culturais e de lecer. “Queremos comunicar, coñecer, permanecer activos e actualizados como entretemento e diversión” afirman os responsables da asociación. Esta mostra está realizado un itinerarios por diversos espazos expositivos do camiño portugués tanto de Portugal como de Galicia: Maia, Braga, Ponte de Lima e Ancora-Caminha teñen acollido esta exposición, que logo da súa estadía en Tui continuará cara Vigo, Pontevedra, Padrón e Santiago de Compostela. O concelleiro de cultura tudense, Moisés Rodríguez Pérez, di que a realización desta exposición amosa a vocación xacobea da cidade que nestes días acolle a milleiros de peregrinos, e agora tamén a estes singulares “camiñantes” das artes que percorren coas súas obras diversas localidades do camiño portugués. A visión de cada un dos participantes nesta mostra presenta os fenómenos das peregrinación, dos seus enclaves principais, do seu patrimonio, e proporciona a todos os visitantes novos xeitos de achegarse ao camiño portugués que atopa en Tui a súa histórica porta de entrada en Galicia. Moisés Rodríguez Pérez agradeceu a asociación Diur o seu interese por amosar na cidade esta exposición que evidencia o seu bo quefacer.
Arcebispo Lago considera que non ha lugar ao desprazamento do hórreo da Finca Patazumba segundo o informe da DXP A Asociación Arcebispo Lago vén de emitir unha nota de prensa co seu parecer e aclaracións que realiza sobre o informe da Dirección Xeral de Patrimonio do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Tui. Arcebispo Lago ciñe as súas consideracións ao ámbito da Finca Patazumba, e ao tempo felicítase de que o Plan teña dado un paso adiante Con respecto á Finca Patazumba explica este colectivo que o Concello cambiou algunha cousas neste ámbito coma a lenda do hórreo que puña “a trasladar” e agora figura coma “hórreo solicitar traslado”. Amais indican que noutra lenda onde aparecía “planeamento incorporado” sobre a urbanización do PEI 5 engadíuselle “urbanización condicionada segundo se sinala na correspondente ficha” na que se recolle que “un inmoble declarado Ben de Interese Cultural é inseparable da súa contorna” e non se poderá proceder ao seu desprazamento salvo que resulte imprescindible por causa de forza maior ou de interese social, para o que de todos os xeitos precisará de informe favorable da Consellería de Cultura, e a causa do traslado debe ser avalada por dúas institucións consultivas. A este respecto Arcebispo Lago lembra que o hórreo da Finca Patazumba é BIC porque foi construído en 1861 e hai un decreto do ano 1973 que establece que todos os hórreos galegos e asturianos de máis de cen anos son Ben de Interese Cultural. Recorda tamén este colectivo que o seu traslado xa fora solicitado con anterioridade en 2006, obtendo daquela os informes desfavorables do Instituto Padre Sarmiento e do Consello da Cultura Galega. Continuando coa análise do informe de Patrimonio sobre esta cuestión explica esta Asociación que no mesmo figura que no planeamento se deben introducir as modificacións precisas para garantir a protección do hórreo e os elementos da súa área nun ámbito de 50 metros, polo que a punta a Dirección Xeral que “a ordenación prevista” non garante isto polo que “de manterse non cabería a emisión dun informe favorable” a esa ordenación. Noutro punto explica Arcebispo Lago que Patrimonio indica que “é máis prudente considerar non vinculante a ordenación contida no Plan Xeral” sobre a Finca Patazumba e “condicionar a mesma ao resultado do expediente xudicial”, un punto que para Arcebispo Lago é interpretado coma a “suspensión cautelar de calquera actividade nesa finca”. Por último a Asociación Arcebispo Lago á vista do Informe da Dirección Xeral Patrimonio sobre o Plan Xeral de Ordenación Urbana de Tui conclúe que “o hórreo e a casa Patazumba deben continuar no seu lugar”, que o PEI 5 “queda suspendido nun radio de 50 metros do hórreo” e que “non hai lugar a futuro informe favorable para unha destrución do BIC” sinala este colectivo.
Propostas en Vida nas rúas A Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui, ACITUI, coa colaboración do Concello, fainos dobre proposta para esta fin de semana. Por unha parte celébrase o VII Encontro de Teatro e Artes de rúa Cidade de Tui. Comeza hoxe mesmo ás nove da noite no Paseo da Corredoira e continuará mañá sábado e domingo tamén a partir das nove da noite. Cada día actuará Alice Agata co espectáculo de circo de telas aéreas e humor “Mina la vida”. Tamén estará esta fin de semana en Tui “La Muñecota” con “La caja de música” de teatro, danza, circo e humor. E completa o cartel o grupo “Es lo que hay” formado por Mauricio Gutiérrez e Leandro Martínez, que no seu espectáculo “Pobres, felices e libres” resumen precisamente o que foi os seus comezos neste mundiño. Por outra parte mañá sábado e o domingo de 12 a 22h celébrase tamén no Paseo da Corredoira a Feira de Artesanía, coma cada segunda fin de semana de mes.
Romaría de San Mamede en Malvas Este domingo celébrase a romaría de San Mamede en Malvas. Ás 10.45h sairá a procesión dende a Igrexa ata a Capela, acompañada polo grupo Sur do Condado. Ás 12.30h celebrarse misa con procesión. Pola tarde actuarán o grupo Sur do Condado e a Charanga A Vaca Pinta.
Xoves, 5 agosto de 2010 Tui recibiu nos pasado xullo milleiros de peregrinos dos cinco continentes A cidade de Tui vive con especial intensidade este Ano Santo Compostelá como o testemuñan os datos de acollida na nosa cidade de milleiros de peregrinos ao longo do pasado mes de xullo, superando todas as cifras ata agora acadadas en anteriores celebracións xacobeas. Así o Albergue de peregrinos de Tui continua alcanzando importantes cifras de ocupación; no pasado mes de xullo foron un total de 657 os peregrinos que pernoctaron nas súas instalacións da Rúa Párroco Rodríguez Vázquez, ao carón da Catedral tudense. A procedencia dos peregrinos é maioritariamente de orixe ibérica pero tamén foron acollidos peregrinos orixinarios de Alemaña, Irlanda, Francia, Austria, Bélxica, Holanda, Polonia, Reino Unido, Italia, Suecia, Eslovenia, Grecia, Guinea, Xapón, Turquía, Corea do Sur, Arabia, Australia, Nova Zelanda, Brasil, México, Estados Unidos e Cuba. De tal xeito, que neste pasado mes houbo peregrinos que chegaron a Tui dende todos os continentes, evidenciando o singular atractivo desta ruta de peregrinación ao seu paso pola nosa cidade. No caso de España as principais procedencias de orixe foron de Galicia, Madrid, Andalucía, Murcia e Valencia. Mes a mes comprobamos como as cifras de ocupación do albergue de peregrinos tudense superan amplamente os datos de anos anteriores evidenciando a consolidación do camiño portugués, que conflue nas cidades de Valença e Tui como o principal itinerario escollido polos peregrinos polo seu carácter histórico fronte a outras iniciativas carentes deste legado. Son xa case 2500 os peregrinos acollidos ao longo do presente ano santo neste albergue tudense. Pola súa parte, o Concello de Tui ten ofrecido acollida nos pavillóns polideportivos municipais ao numerosos grupos de peregrinos de diversa procedencia, especialmente da Península Ibérica, contabilizando case 3500 persoas ao longo do mes de xullo, salientando os multitudinarios grupos procedentes das dioceses de Andalucía acollidos os días 29 e 30 de xullo con máis de 1900 mozos. Nos datos da Oficina de Atención aos Peregrinos da Arquidiocese de Santiago correspondentes ao mes de xullo comprobamos como Tui se consolida como terceiro lugar de saída de peregrinos con 3.049 peregrinos no mes de xullo, que representan o 7,20% do total de peregrinos (logo de Sarria e o Cebreiro no camiño francés). O Camiño portugués achega un 12,55% con 5.316 peregrinos do total dos peregrinos que chegaron a Compostela no pasado mes. Cómpre lembrar que estes datos corresponden unicamente aos que solicitan a “Compostela” e que nos mesmos non están recollidos os grandes grupos de mozos andaluces que non chegaron a Santiago neste mes de xullo, e que serán contabilizados en agosto. En concordancia con estes datos están as máis de 2.000 credenciais subministradas pola Catedral de Tui ao longo do pasado mes aos peregrinos que comezan en Tui o seu itinerario. Aínda que a maioría realizan o seu percorrido a pé, son numerosos os peregrinos que veñen en bicicleta e mesmo hai varios grupos que teñen realizado a súa peregrinación a cabalo. Cabe destacar que os peregrinos reciben con sorpresa e fascinación a beleza da cidade de Tui, descoñecida para moitos. Os visitantes destacan a beleza paisaxística e a riqueza patrimonial da cidade como clave do seu encanto. O Concello de Tui, por medio do seu concelleiro de cultura, amosa a súa satisfacción pola consolidación da nosa cidade como a auténtica porta de entrada en Galicia do camiño portugués como ven reflectido nos datos estatísticos aportados, consolidándose o carácter xacobeo da nosa cidade. Os peregrinos que preparan o seu itinerario de peregrinación escollen a Tui como inicio do seu camiño ou como etapa da súa peregrinaxe tanto polos seus recursos turísticos, coa Catedral como gran atractivo, como polos servizos de atención aos peregrinos que oferta este municipio. Estatística anual de ocupación do Albergue de Tui – Ano 2010
Proxección de “Lluvia de albóndigas” dentro do “Cinema na Rúa” A praza de San Fernando acolle mañá, venres, ás 22.30 horas, a proxección de “Lluvia de Albóndigas” dentro do “Cinema na rúa” que se enmarca na programación cultural organizada pola Concellería de Cultura. Este é un filme de animación para todos os públicos cuxo protagonista é Flint Lockwood un invento novato. Este, sen darse conta, creou un xeito de que caia comida do ceo, e de que as nubes se convertan en hamburguesas. Co seu invento salta a fama e o Alcalde da cidade contrátao para mellorar a economía local. No medio do seu éxito preocúpase polas consecuencias da súa creación coma un tornado de pasta e albóndegas. A película é unha parodia de filmes de catástrofes coma Armageddon, Twister ou Independence Day. A seguinte cita co “Cinema na rúa” será o venres 20 de agosto coa proxección de “Planet 51”.
Moisés Rodríguez, Concelleiro de Cultura falou na RMT da apertura do Albergue temporal O Concelleiro de Cultura de Tui, Moisés Rodríguez, estivo no programa “O Cartafol” da Radio Municipal de Tui para falar de dúas cuestións. A primeira delas a apertura do albergue municipal de peregrinos, e por outra o concerto da Orquestra Sinfónica de Acordeóns de Bilbaom que hoxe actúa en Tui. Sobre a apertura do albergue municipal, indicaba que deste xeito refórzase a posibilidade de acollida de peregrinos, xa que no do Xacobeo moitos días non cabían todos. Onte mesmo un grupo de 20 peregrinos alemáns inauguraba este espazo municipal. Este edificio en pleno camiño acolle tamén o Centro de Interpretación do Camiño, e está preto dos pavillóns onde se albergan os grandes grupos. Falaba Moisés Rodríguez do equipamento deste novo albergue, que dicía resulta moi acolledor. Explicaba por outra parte Moisés Rodríguez que os peregrinos que pasan por Tui son unha das mellores formas de promocionar a cidade turísticamente, porque eles ou coñecidos seus de seguro volverán á cidade coma turistas. Por outra parte o Concelleiro de Cultura daba conta do Concerto que grazas á Caixanova hoxe chega a Tui. Será ás 22h no Teatro Municipal a cargo da Orquestra Sinfónica de Acordeóns de Bilbao.
Paramos festexa a San Caetano A parroquia tudense de Paramos festexa esta fin de semana a San Caetano. Mañá venres actuará o grupo de gaitas San Xoán de Paramos e o grupo de Pandereteiras Mestura. E pola noite a primeira verbena será amenizada por Ciudad de Vigo. O sábado ás oito da tarde celebrarán a Festa do Polbo á feira, e contarán coa actuación do grupo folk “A Nosa Xente” e do grupo Niebla. O domingo o programa comeza coa ás 10.30h Procesión do Encontro acompañada pola Banda de Música Popular de Tui e a Banda de Gaitas San Xoán de Paramos. Ás 12.30h celebrarase misa solemne, e ao remate ofrecerán sendo concertos a Banda de Música Popular de Tui e a Banda de Gaitas San Xoán de Paramos. Pola noite a verbena correrá a cargo de Ciudad Cristal e Solamérica. Por último o luns ás 11.30h haberá misa cantada e procesión de retorno acompañada pola Banda de Gaitas San Xoán de Paramos. E a última verbena será con Marazul e Ciudad de Vigo.
Mércores, 4 agosto de 2010 Club Kaiak Tudense Campión Galego de Pista O Club Kaiak Tudense proclamouse novamente Campión Galego de Pista no campionato disputado no día de onte na pista pontevedresa de Verducido. Cun total de 2764 puntos os tudenses mostráronse intratables neste campionato, en segunda posición clasificouse o Club Náutico Rodeira de Cangas con 1481 puntos e terceiros o Club de Mar Ría de Aldán con 1341 puntos. Os e as padeeiras tudenses renderon a gran nivel durante toda a xornada. En muller kaiak Senior destacar a actuación de de Ana Varela e Leticia Piña que conseguiron catro medallas de ouro, tres delas en k2 nas distancias de 1000, 500 e 200 metros e a última en K4 500 metros xunto a Patricia Domínguez e Ana Bouza. Tamén en kaiak home senior os resultados foron moi destacados, así, o Kaiak Tudense impuxo en todas as probas, en k2 1000 metros houbo triplete por parte das embarcacións tudenses, Óscar Carrera e Roberto Rodríguez foron primeiros seguidos de Jovino González e Iván Alonso segundos, sendo terceiros Jaime Sobrado e Luís Branco. En K2 500 a vitoria foi novamente para Óscar Carreira e Roberto Rodríguez sendo tamén segundos Jovino González e Joan Ardit. En K2 200 a vitoria foi para Jovino González e Joan Ardit. Na a proba reina o k4 1000 metros, a vitoria foi para en K4 de Jovino González, Iván Alonso, Roberto Rodríguez e Óscar Carrera. Os canoistas senior tamén sumaron dúas medallas de prata e unha de bronce obtendo medalla en todas as distancias nas que competiron. O C2 de David Costa e Pablo Blanco foi segundo na distancia de 500 metros e terceiros nos 200 metros mentres que novamente Pablo Blanco e David Costa, xunto a Manuel Garrido e Luís Figueira, foron segundos no C4 1000metros. En canto ao padeeiro Junior e Cadetes foron numerosas as medallas destacando o triplete de medallas de ouro do C2 junior de Adrián González e Luís Morades en 1000, 500 e 200 metros, así como tamén no C4 junior 1000 metros xunto a Carlos Méndez e David Casleiro. Tamén destacada foi a actuación de Silvia Rodríguez e Valeria Romero, obtendo a medalla de ouro no k2 1000, 500 e 200. Campionato de Europa Junior e Sub-23 Os padeeiros do Kaiak Tudense que participaban este fin de semana no Campionato de Europa Junior e Sub-23 non foron capaces de meterse nas finais das probas nas que participaban. Daniel Costa foi cuarto na súa semifinal de C4 1000 metros, quedándose ás portas da final onde a priori xa era complicada a súa presenza.
Carla
Pérez foi tamén cuarta en K2 500 metros xunto á padeeira mallorquina Elena
Monleón, polo que quedou fóra da final. En K2 200 metros Carla Pérez participaba
xunto á lucense Tania Fernández e non puideron pasar da quinta posición na
semifinal o que lles deu en pase á final b onde se clasificaron en terceira
posición. A Orquesta Sinfónica de Acordeones de Bilbao en concerto O Teatro Municipal de Tui acolle maña, xoves, ás 22 horas, á Orquestra Sinfónica de Acordeóns de Bilbao en concerto. Este evento musical forma parte da programación cultural do concello de Tui e chega á cidade grazas ao patrocinio de Caixanova. A orquestra conta na actualidade con 30 compoñentes. Este verán están a facer unha xira de concertos baixo o título de “Música para gozar”, coa que chegará este xoves a Tui. Ofrecerán unha viaxe musical na que farán un percorrido pola música rusa, a de París, a zarzuela, os pasodobres, e inclúen tamén algunha peza galega coma “Ponteareas” e “Negra Sombra”. A Orquestra Sinfónica de Acordeóns de Bilbao caracterízase pola súa posta en escena, a súa impactante sonoridade e a forza e a paixón das súas interpretacións. As mesmas están caracterizadas pola orixinalidade e calidade dos arranxos e adaptacións do seu amplo e variado repertorio que abrangue diferentes estilos musicais. Esta agrupación creouse no ano 1963 da man do mestre Josu Loroño coa idea de “interpretar a gran música co acordeón”. Na actualidade a orquestra está dirixida por Amagoia Loroño. As entradas para o concerto son gratuítas, e deben retirarse dende ás 21.30 horas no despacho de billetes da Área Panorámica, cun máximo de dúas persoas.
Abre o albergue temporal de peregrinos do concello de Tui Na mañá de onte, martes, foi presentado no antigo convento de San Domingos o albergue temporal de peregrinos realizado polo concello de Tui ao abeiro do convenio asinado no seu día coa Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo da Xunta de Galicia. Participaron no acto o alcalde, Antonio F. Fernández Rocha, xunto ao concelleiro de Cultura, Moisés Rodríguez Pérez, e os edís Manuel Vázquez e Patricia Ricón. O albergue temporal que promove o concello tudense conta con 74 prazas (24 en liteiras e 50 en colchonetas) e conta con 9 duchas (unha delas adaptada para discapacitados), aseos e zona de descanso. A instalación deste albergue levouse adiante ao abeiro de senllos convenios de colaboración asinados coa S. A. de Xestión do Plan Xacobeo, por un importe respectivamente de 24.631 euros para a dotación de mobiliario e outro por un total de 60.000 euros para a adecuación dos espazos destinados de forma temporal a albergue de peregrinos. O alcalde valorou positivamente estas obras que posibilitan a rehabilitación integral deste edificio histórico que acolle tamén o centro de interpretación de “Tui, porta do camiño portugués en Galicia”, conformando deste xeito un espazo que evidencia a importancia que o itinerario de peregrinación xacobea suscita na nosa cidade. Amais do valor patrimonial deste inmoble está a súa ubicación no mesmo camiño portugués. Pola súa banda, o concelleiro de Cultura tudense informou que neste albergue serán acollidos os grupos de ata 74 persoas e os peregrinos que non poidan acceder ao albergue oficial do Xacobeo na cidade por estar completo. Xa hai case unha vintena de grupos que serán aloxados neste albergue ao longo do presente mes de agosto con procedencias moi diversas: Portugal, Cataluña, Pais Vasco, Estremadura, Madrid e Andalucía. A apertura deste albergue municipal evidencia a importancia que a cidade de Tui posúe nas rutas de peregrinación, pois logo dos tradicionais puntos do camiño francés (Sarria, Cebreiro ou Roncesvalles) é esta cidade o principal lugar de inicio do camiño por parte dos peregrinos. En días pasados foron acollidos case 3000 peregrinos, procedentes de Andalucía, Cataluña e outros lugares de España e Portugal. Con este albergue temporal xunto co Albergue oficial do Xacobeo na cidade de Tui existen un total de 110 prazas que garanten axeitadamente a acollida aos peregrinos que percorren o camiño portugués. Por outra banda, o concello segue fornecendo aloxamento para os grandes grupos nos pavillóns polideportivos da cidade. A apertura deste albergue testemuña, nunha nova oportunidade, o importante compromiso asumido polo Concello de Tui na promoción e valorización do camiño de Santiago, entendido como un dos principais recursos culturais e turísticos da nosa cidade.
VII Encontro Internacional de Teatro e Artes de Rúa Cidade de Tui A Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui, Acitui, coa colaboración do concello de Tui, co obxectivo de crear e manter a imaxe de Tui como cidade dinámica e competitiva, potenciando o lecer como un factor de alto valor engadido á actividade comercial tradicional, achega á cidade, un ano máis, o Teatro de rúa, actividade que está dentro da programación de verán “Vida nas Rúas”. Este ano, como principal espectáculo estará o Circo Galtuk, pertencente ao grupo “La fiesta escénica”. Este espectáculo circense fusiona o circo, a danza e o teatro nun gran espectáculo pensado para facer disfrutar a toda a familia. Os shows de “La fiesta escenica” presentáronse xa en diversos países europeos e contan coa participación de artistas internacionais. O circo Galtuk naceu para ser un espectáculo homenaxe aos personaxes creados nos 15 anos da compañía. Pero rapidamente tomou vida propia evolucionando ata converterse nun show inédito, con figuras da comedia do arte como hilo condutor e novos recursos que, combinados cos antigos, deron coma resultado o nacemento dun lugar imaxinario e fantástico onde todo é posible. Galtuk é o universo secreto dunha nena namorada do circo, un espazo idílico o que ela accede a través dos soños para vivir mil e unha aventuras cada noite ata que alguén malvado intente romperlle os soños. A nena emprenderá entón unha viaxe alucinante ... Como di o seu director Abel Martin, Galtuk é un lugar onde aínda existe esperanza, amor e lealdade, un territorio imaxinario no que somos libres para deixar voar a imaxinación ata onde queira levarnos. Galtuk é o pais onde nacen as ilusións e se entras nel é moi posible que tamén os teus soños esperten. Este espectaculo tera lugar o sábado 14 de agosto ás 23.00 horas no Paseo da Corredoira. En canto ós artistas de rúa, dende o venres, 6 de agosto e durante toda a fin de semana, Tui converterase no centro de reunión de todos os amantes deste espectáculo que transformará as rúas nun auténtico circo con números de malabares, teatro, acrobacias, humor e espectáculos aéreos. Nesta sétima edición, a partir das 21.00 horas dos días 6, 7 e 8 de agosto, tres grupos de artistas converterán o Paseo da Corredoira no centro neurálxico da arte e cultura municipal. Ademais nas mañás do sábado e domingo haberá espectáculos dos artistas do teatro para os nenos. Esta fin de semana o Festival contará cas actuacións de Alice Agata co espectáculo “Mina la vida” (circo de telas aéreas e humor), La Muñecota co espectáculo “La caja de música” (teatro, danza, circo e humor), e Es lo que hay co espectáculo “Pobres, felices e libres” (malabares de luz e debuxos aéreos). A próxima fin de semana continuará o VII Festival Internacional de teatro e artes de rua Cidade de Tui cos espectáculos doutros tres grupos: Cronopia Contorsiones co espectáculo “Maromas” (contorsiones, acrobacias e humor), Manic Freak co espectáculo “Pequeño payaso” (malabares, acrobacia e equilibrismo) e Muruya co espectáculo “La rulienta desequilibrada” (danza e teatro). Este espectáculo estará dirixido para tódolos públicos, e contará con malabares, maxia, acrobacias,danza, contorsiones, teatro e moito humor. NOTA: Se fai moita calor os espectáculos comezarán unha hora máis tarde.
VII Encontro Internacional de Teatro e Artes de Rúa Cidade de Tui A Asociación de Comerciantes e Industriales de Tui, Acitui, con la colaboración del ayuntamiento de Tui, continúa con la programación de verano <Vida nas Rúas>, cuyo principal espectáculo estará en el Circo Galtuk, perteneciente al grupo <La fiesta escénica>. Se trata de un espectáculo circense que fusiona el circo, la danza y el teatro pensado para hacer disfrutar a toda la familia. Los shows de <La fiesta escénica> se presentaron en diversos países europeos y cuentan con la participación de artistas internacionales. En Tui estarán el sábado, 14 de agosto, a las 23.00 horas en el Paseo de la Corredera. En cuanto a los artistas de la Rúa, desde el viernes, 6 de agosto y durante todo el fin de semana, Tui se convertirá en el centro de reunión de todos los amantes de este espectáculo que transformará las calles en un auténtico circo con números de malabares, teatro, acrobacias, humor y espectáculos aéreos. En esta séptima edición, a partir de las 21.00 horas de los días 6, 7 y 8 de agosto, tres grupos de artistas convertirán el Paseo de la Coredera en el centro neurálgico del arte y cultura municipal. Además en las mañanas del sábado y domingo habrá espectáculos de los artistas del teatro para los niños. Este fin de semana el Festival contará con las actuaciones de Alice Agata con “Mina la vida” (circo de telas aéreas y humor), La Muñecota co espectáculo “La caja de música” (teatro, danza, circo y humor), y Es lo que hay cob el espectáculo “Pobres, felices y libres” (malabares de luz e debuxos aéreos). El próximo fin de semana continuará el VII Festival Internacional de teatro y artes de Rúa Ciudad de Tui con los espectáculos de otros tres grupos: Cronopia Contorsiones con <Maromas> (contorsiones, acrobacias y humor), Manic Freak con el espectáculo <Pequeño payaso> (malabares, acrobacia y equilibrismo) y Muruya con el espectáculo <La rulienta desequilibrada> (danza y teatro).
Martes, 3 agosto de 2010 Hoxe presentarase o albergue provisional de Tui Hoxe, martes, ás 12 horas, terá lugar no Museo Municipal en Santo Domingo a presentación do Albergue provisorio de peregrinos que o concello de Tui abre neste lugar ata finais de ano. A presentación correrá a cargo do alcalde de Tui, Antonio Fernández Rocha, e o Concelleiro de Cultura, Moisés Rodríguez.
Condolencia polo pasamento de Xose Luis de Dios O Concello de Tui quere expresar publicamente o seu pesar pola morte do artista Xosé Luis de Dios que dende hai xa moitos anos residía na cidade, participando da vida social e cultural desta vella urbe tudense, colaborando en numerosas iniciativas de carácter cultural xurdidas en Tui e na súa bisbarra do Baixo Miño e mesmo instalando nas vellas rúas tudenses o seu estudo. O concelleiro de cultura, Moisés Rodríguez Pérez, recollendo o sentir do alcalde, da Corporación Municipal e dos tudenses quere transmitir á súa familia e amigos a súa condolencia polo pasamento do singular artista que foi Xosé Luís de Dios. |
|
|