PORTADA

NOTICIAS  

A GUARDA

TUI

O ROSAL

OIA

TOMIÑO

BAIXO MIÑO

LOCAL

OUTRAS NOVAS

DEPORTE

AXENDA

NECROLÓXICAS

ENTREVISTAS

COMUNICADOS

PORTUGAL

HEMEROTECA

PÁXINAS

 REPORTAXES

CONCELLO DA GUARDA

RÚAS DA GUARDA

VARIA

FOTOSAYER

FOTOS LECTORES

PATRIMONIO arquivo e documentación

XENTES de Ribadavila

Calendario

ENLACES

 
 
 

 

 

 

 

POÑA AQUÍ A SÚA PUBLICIDADE

AS 24 HORAS Ó DIA

OS 365 DÍAS DO ANO

 

galiciasuroeste     

                         Tomiño    

Mércores, 30 de agosto de 2017    

O Programa “Cos Pés na Terra” da Escola Eu Rural comezou o seu itinerario informativo e demostrativo

Tras o acto de presentación do pasado 8 de agosto no Concello de Tomiño, o programa formativo “Cos pés na terra” inaugúrase esta última semana do mes de agosto coa primeira actividade do seu calendario, “Enxertos en plantas de verán”, para a que as prazas de inscrición se esgotaron rápidamente. Este primeiro curso desenvólvese entre o Salón de Plenos do Concello de Tomiño e Viveiros Nilo, onde ten lugar a parte práctica.

Ao longo do que resta de ano e do primeiro trimestre do 2018, a ADR irá desenvolvendo o seu itinerario formativo con actividades e accións relacionadas co ámbito agrícola, forestal e agroalimentario. Entre as materias tratadas destacan por exemplo a preparación de solos e podas para especies froiteiras atlánticas, o control de pragas en cultivos, o uso eficiente da auga ou os enxertos en plantas de inverno. Buscando a promoción da actividade económica agrícola, estudaranse tamén ferramentas útiles para o emprendemento e nocións básicas de networking sobre vendas.

A maiores de todas estas accións teórico-prácticas, a programación complétase cunha visita a Asturias, onde as persoas participantes poderán coñecer de primeira man a xestión das especies froiteiras na Comunidade veciña.

Coa creación da “Escola Eu Rural”, a entidade asociativa busca xerar unha ferramenta que permita dirixir e orientar accións e actividades de índole formativa para o desenvolvemento e a impulso do medio rural, onde se encadra o percorrido formativo “Cos pés na terra”.

Todas as accións terán lugar gracias á promoción da ADR MAIV – Baixo Miño e á financiación ao 75% polo FEADER dentro do Marco do PDR de Galicia 2014 – 2020, e contan coa colaboración do Concello de Tomiño e a entidade ACUBAM. “Cos pés na terra” é un Programa que persigue fomentar o desenvolvemento do medio rural por medio da información e da sensibilización en materia agrícola, e está dirixido a tódalas persoas interesadas do territorio que poden facer as súas pre-inscricións a través da páxina web da ADR Eu Rural, www.eurural.org.

 

Martes, 29 de agosto de 2017    

Dúas pratas e un bronce para o Club Deportivo Miño no Campionato de España “Jóvenes Promesas”

Informa Rosa Fernández Carrera

Esta pasada fin de semana celebrouse na canle olímpica da Seu D´Urgell o Campionato de España de “Jóvenes Promesas”, co que se pecha a  “ XII Liga Española de Jóvenes Promesas de Slálom”, onde competiron deportistas das categorías Infantil e Cadete de toda España. Cinco foron os deportistas dos Teixugos que acudiron a esta cita. Durante a mañá do sábado cada deportista fixo dúas baixadas, das que contaba só a mellor, o domingo pola mañá outras dúas, contando tamén a mellor das dúas. O resultado final do campionato ven dado pola suma dos postos do sábado e do domingo.

A primeira medalla foi para Ariadana Pereira que en K1 Cadete onde rematou terceira. En K1 Infantil-B Muller Ainhoa Barreiro foi sétima e Alba Soutelo décima, as mesmas deportista participaron tamén en canoa, rematando Alba quinta e Ainhoa octava. Na categoría Infantil-B Home C1, Samuel Castro acadou medalla de prata e Sergio Martínez foi quinto, na mesma categoría, pero K1, Sergio foi segundo, medalla de prata, por tanto,  e Samuel noveno.

Na clasificación final por equipos o Club Deportivo Miño rematou na quinta posición.

O sábado pola tarde celebrouse tamén o Campionato de España de patrullas ou slálom por equipos, no que os Teixugos, formando equipos con palistas de varios clubs galegos representando a Federación Galega, acadou dúas novas medallas. En C1 Infantil a patrulla da federación galega na que participaba Samuel Castro dos Teixugos, xunto con Brais Caride e Yoel Costales do Penedo de Tui, quedou en segundo lugar; na mesma categoría, a patrulla formada por Sergio Martínez dos Teixugos, Hipólito Alves do Penedo e Darío Mínguez do Tea foi cuarta. En K1 Infantil a patrulla que integraba a Sergio Martínez foi cuarta e a de Samuel octava. En K1 Infantil feminino, a patrulla formada por Ainhoa e Alba dos Teixugos xunto a Rosana Bernárdez do Tea acadou a medalla de bronce. 

 

Venres, 25 de agosto de 2017    

Aberto o prazo do concurso de ideas para a construción da ponte peonil que unirá Tomiño e Vila Nova Da Cerveira

Ata o vindeiro 23 de outubro permanecerá aberto o prazo para participar no concurso de ideas para a selección de tres propostas para a construción dunha ponte para peóns e bicicletas sobre o río Miño. Así o estipula o anuncio publicado no BOPPO e co que se dá continuidade ao traballo iniciado entre Deputación de Pontevedra, Concello de Tomiño e Cámara de Vila Nova da Cerveira coa sinatura dun protocolo de colaboración no mes de xullo do pasado ano, no que se establecía que lle correspondía ao ente provincial a convocatoria deste concurso de ideas.

Segundo as bases publicadas, o obxecto do concurso é seleccionar, con intervención de xurado, as tres mellores propostas de estudo técnico para a futura construción dunha  ponte internacional para peóns e bicicletas sobre o río Miño, entre os parques Espazo Fortaleza, en Goián-Tomiño, e o Castelinho, en Vila Nova da Cerveira. Cada unha das propostas gañadoras recibirá unha prima de participación de 9.000 euros. Posteriormente, as tres propostas gañadoras serán convidadas a participar na segunda fase, que consistirá nun procedemento negociado sen publicidade para a contratación do servizo de redacción do anteproxecto da ponte.

Poderán concorrer a esta convocatoria as empresas e profesionais, individualmente ou en equipo e coa habilitación empresarial e profesional requirida nas bases. Debido á  complexidade e importancia do proxecto, esíxenselle uns requisitos mínimos de solvencia para garantir a viabilidade e o éxito das propostas e que os concursantes teñan un amplo de grao de coñecemento, capacitación e unha traxectoria profesional no campo do deseño estrutural e no desenvolvemento de pontes ou pasarelas singulares. Ademais todos os traballos deberán presentarse baixo lema para garantir o anonimato das propostas ata o fallo do xurado.

Entre os criterios de valoración destaca a calidade formal da proposta, na que se terá en conta a súa orixinalidade e calidade plástica, atendendo á premisa de que a ponte peonil constitúa un novo referente na paisaxe e que ao mesmo tempo sexa representativa da irmandade entre os pobos das dúas beiras do río.

Outros criterios a ter en conta son a adecuación funcional, relativa  a aspectos como a minimización das afeccións ás condicións de navegabilidade do río e a integración nas redes viarias e espazos públicos de ambas bandas do río; a integración ambiental, que debe atender ao respecto e integración paisaxística e natural de ribeira, e aos elementos patrinominais e históricos da contorna; e tamén a viabilidade técnica e construtiva da solución proposta. Outro criterio fundamental será a viabilidade económica da solución proposta, que non debe superar os 3.400.000 euros.

Este concurso de ideas enmárcase no proxecto europeo “Visit Rio Miño” que ten como obxectivo xeral a capitalización da marca “Rio Minho” a través de actividades transfronteirizas de preservación, cualificación e valorización ambiental dos recursos asociados á promoción do Río Miño como destino eco turístico. Dentro deste proxecto contémplase a acción denominada ‘Centro de actractividade de fluxos transfronteirizos: Parque Transfroiteirizo Castelinho-Fortaleza, para ser executada entre a Cámara de Vilanova de Cerveira e a Deputación de Pontevedra”. Unha acción que comezara a perfilarse no pasado ano, coa sinatura do protocolo de colaboración entre Deputación, Concello de Tomiño e Cámara de Vila Nova de Cerveira, co obxectivo de iniciar os trámites para a futura construción da que será a primeira ponte peonil entre as beiras portuguesa e pontevedresa do Miño. Tal e como xa se anunciara naquel momento, esta ponte permitirá unir as áreas recreativas dos dous países creando un parque transfronteirizo de xestión común cunha superficie de 100.000 metros cadrados, ademais de permitir a comunicación directa entre os dous núcleos urbanos, Goián-Tomiño e Vila Nova de Cerveira, incrementado as relacións sociais, culturais e comerciais existentes historicamente. Tamén permitirá nun futuro o acceso de veciños e veciñas de Tomiño e de O Rosal á comunicación metropolitana e eurorrexional por ferrocarril desde a estación de Vila Nova de Cerveira á liña ferroviaria Porto-Vigo, actualmente en proceso de modernización.

 

Xoves, 24 de agosto de 2017    

O Conselleiro de Educación visita o Colexio de Sobrada en Tomiño

          O Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez González, acompañado pola alcaldesa de Tomiño, Sandra González, visitou as obras de ampliación das instalacións do colexio Sobrada, en Tomiño, que tiveron un investimento de 130.000 €, agradecendo a rexidora local esta intervención.

Ademáis da visita ao centro, o Conselleiro tivo ocasión de coñecer as intervencións que o Concello ven acometendo nos centros educativos do municipio, cunha aposta clara pola mellora das instalacións e unha inversión municipal moi elevada. Exemplos de estas instervencións de mellora son a reforma dos patios dos colexios do Seixo e de Sobrada, a mellora dos teitos e das ventas en outros colexios, ou a mellora das instalacións das escolas unitarias, o que fai do Concello de Tomiño un dos que máis invisten en educación.

 

Noite de música transfronteiriza en Tomiño con Ana Laíns 

Esta fin de semana remata por todo o alto a programación cultural do Concello de Tomiño “Verán cultural: O son da praza” con dous concertos de excepción.

           O venres ás 22.30 terá lugar na Praza do Seixo o Concerto “A outra margem do Miño” a cargo da Agrupación Musical de Goián e Ana Lains.

A artista portuguesa e a Agrupación Musical de Goián ofrecerán unha noite de música en Tomiño, con temas portugueses e galegos tan coñecidos e emotivos como O Sacristán de Coimbra”, “Lela” ou “Grândola, Vila Morena de Zeca Afonso. Tamén interpretaremos pezas da súa discografía e outras con arranxos do compositor goianés Andrés Álvarez.

Ana Laíns é unha das maiores intérpretes da música portuguesa dos últimos anos. A súa música abarca varios xéneros como o jazz, a bossa nova, música popular e, especialmente o fado. Foi a vencedora da Grande noite do Fado de Lisboa” (1999) e conta con dous traballos discográficos en solitario: o primeiro titulado Sentidos(2006) e o segundo Quatro Caminhos (2010). Este último considerado un dos 10 mellores discos do ano na área de Jazz e World music pola prensa holandesa. A carreira musical de Ana Laíns está cargada de éxitos, actuando en Francia, Alemaña, Bélxica, Luxemburgo, EEUU... Ademais, neste momento está preparando o seu terceiro álbum.

O sábado 26 chega a Tomiño o cuarteto Root 4 clarinets que ofrecerán un concerto ás 22.30h na Praza do Seixo, pechando unha programación cultural estival que tivo unha gran aceptación e afluencia de público ao logo de todo o verán.

 

Participación récord na 5ª edición do Certame de Pintura Antonio Fernández

O pasado domingo 20 de agosto, un dos días de máis calor deste verán, tivo lugar a quinta edición do Certame de Pintura Antonio Fernández.

A pesar das altas temperaturas, a participación foi elevada: 43 persoas artistas da pintura ocuparon diversos enclaves da contorna de Goián, moitos deles preto da ribeira do Río Miño.

O día trascurriu e os artistas aproveitaron o tempo ao máximo para ter rematadas ás súas obras á hora establecida, as 19.00 da tarde, momento onde tiñan que depositar as súas obras no lugar habilitado no Espazo Fortaleza.

O xurado, composto por Nuno Correira, Vicepresidente da Fundaçao Bienal de Artes de Cerveira, Helena Mendes Pereira, Membro da Fundaçao Bienal de Artes de Cerveira,  Liliya Pobornikova, escultora, Magín Picallo, escultor, Cesar Sobral, da Comunidade de Montes de Goián, e a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, elexiron de entre todas as persoas participantes e fallaron os premios previstos, resultando gañadores:

            - 1º premio: Eduardo Pérez Baamonde

            - 2º premio: Manuel Carballeira Rivas

            - 3º premio: Martina Bugallo González

Dende o Concello de Tomiño valórase moi positivamente a alta participación desta edición do Certame, que se interpreta como a consolidación dunha cita anual importante no ámbito da cultura en Tomiño.

 

Luns, 21 de agosto de 2017    

Noite de música transfronteiriza en Tomiño con Ana Laíns e a banda de Goián

A artista portuguesa Ana Laíns e a Agrupación Musical de Goián ofrecerán unha noite de música en Tomiño, con temas portugueses e galegos tan coñecidos e emotivos como “O Sacristán de Coimbra”, “Lela” ou “Grândola, Vila Morena” de Zeca Afonso. Tamén interpretarán pezas da súa discografía e outras con arranxos do compositor goianés Andrés Álvarez.

Ana Laíns é unha das maiores intérpretes da música portuguesa dos últimos anos. A súa música abarca varios xéneros como o jazz, a bossa nova, música popular e, especialmente o fado. Foi a vencedora da “Grande noite do Fado de Lisboa” (1999) e conta con dous traballos discográficos en solitario: o primeiro titulado “Sentidos” (2006) e o segundo “Quatro Caminhos” (2010). Este último considerado un dos 10 mellores discos do ano na área de Jazz e World music pola prensa holandesa. A carreira musical de Ana Laíns está cargada de éxitos, actuando en Francia, Alemaña, Bélxica, Luxemburgo, EEUU... Ademais, neste momento está preparando o seu terceiro álbum.

Ao longo deste ano 2017, Ana Laíns ten actuado ou vai facelo en varias cidades portuguesas como Lisboa, Sintra ou no Porto. Recentemente participou na XX edición do Festival Voix Vives en Sète (Francia) e nos próximos meses acudirá a Suíza, Suecia e Holanda.

O venres 25 de agosto, ás 22:30 horas, poderase desfrutar da actuación desta fadista acompañada pola Agrupación Musical de Goián baixo a dirección de Pedro Villarroel na Praza do Seixo (Tomiño). O concerto, que conta coa colaboración do concello, leva por nome “A outra margem do Miño” e fai referencia a amizade entre Galicia e Portugal. Unha amizade que se vai fundir neste evento: dunha “margem” poñen a voz e dende a outra a instrumentación.

 

Sábado, 19 de agosto de 2017    

O Río Miño volverá a ser escenario do Certame de Pintura Antonio Fernández

O Concello de Tomiño organiza dentro da programación da Aula Antonio Fernández o Certame de Pintura ao aire libre do mesmo nome, que leva a unha gran variedade de artistas ás inmediacións do Río Miño ao seu paso polo concello.

As persoas participantes deberán realizar as súas obras en soporte ríxido como lenzo ou taboleiro, de 1 cm de espesor como mínimo, e terán o día dispoñible para rematar as súas obras, que haberán de entregar entre as 18.00 e as 19.00h xunto co cabalete no Espazo Fortaleza.

A inscrición para participar está aberta na web municipal onde ademais poden consultarse as bases. Aquelas persoas que o desexen poden inscribirse o mesmo día do certame na Aula Museo Antonio Fernández a partir das 9:30 e ata as 11:30h. O bo tempo acompañará nesta oportunidade para desfrutar dun día de paisaxe, pintura e moito arte.

 

As asociacións, protagonistas esta fin de semana na praza do Seixo de Tomiño

Tomiño celebra desde hoxe a 5ª edición Festa das Asociacións que terá coma escenario a Praza do Seixo.

Hoxe, sábado, a partir das 10.30 horas, terá lugar a apertura da Feira de Oportunidades e Artesanía, xunto coa exposición das asociacións tomiñesas na praza, e a exposición da asociación Somosarte no Mercado Municipal.

O resto do día estará amenizado por actividades para nenos, barbería solidaria na rúa, zumba e concertos.

O domingo continuará a feira de oportunidades e os postos das asociacións. A partir das 11:00h terá lugar o concurso de Debuxo e pintura ao aire libre organizado pola Asociación Cultural, Deportiva e Recreativa Solleiro de Tomiño. Ás 11.30 horas terá lugar a actuación de Batucada Lenha Verde, e as 20.30 horas un espectáculo con marionetas a cargo de Viravolta Títeres.

 

Xoves, 17 de agosto de 2017    

7 medallas para os Teixugos na 2ª Copa de España de “Jóvenes Promesas”

Informa Rosa Fernández Carrera

Esta pasada fin de semana disputouse na vila coruñesa de Dumbría a 2ª Copa de España “Jovenes Promesas”, na que compiten as futuras promesas do slálom, concretamente as categorías cadete, infantil A e infantil B. A competición comezou a súa primeira fase o sábado e a segunda o domingo, sendo o resultado final a suma dos postos obtidos nos dous días. Foilles ben aos pequenos teixugos e teixugas, que viñeron para a casa con sete medallas.

En K1 Cadete Muller, Ariadna Pereira foi medalla de ouro. En Infantil B Muller, Ainhoa Barreiro acadou a prata por partida dobre, en K1 e en C1, e na mesma categoría Alba Soutelo foi ouro en C1 e cuarta en K1. En Infantil B Home, Sergio Martínez foi prata en K1 e bronce en C1, na mesma categoría Samuel Castro foi o ouro en C1 e cuarto en K1 e Alexis Segadaes foi sétimo.

Na clasificación final por equipos, resultou gañador o Cadí Canoe-Kayak da Seu D´Urgell, seguido polo Club Santiagotarrak de Irún e o Piragüismo Penedo de Tui. O club Deportivo Miño-Teixugos acadou o cuarto posto.

 

Esta fin de semana celebrarase a V Festa das Asociacións de Tomiño

Organizada pola  Asociación de Comerciantes de Tomiño (Adeto), esta fin de semana celebrarase a V Festa das Asociacións de Tomiño que ten coma obxectivo “realzar a asociación a través de actividades sociais e culturais que dinamicen o núcleo urbano e atraian a xente de fóra de Tomiño, beneficiando ós seus asociados”, ademais da repercusión que causan no comercio local.

Colaboran coa organización desta V Festa das Asociacións de Tomiño, o Concello de Tomiño, a Diputación de Pontevedra, a Xunta de Galicia, así como distintas asociacións do Concello que estarán presentes con algún posto informativo ou gastronómico, ou organizando algunha das actividades que terán lugar na fin de semana.

No programa, que comezará o sábado, ás 10.30 horas, haberá Feira de Oportunidades e Artesanía, exposicións de pintura e escultura, actividades infantís, festival folklórico, barbería solidaria, bailes, pasarrúas e marionetas, entre outras actividades.

 

PROGRAMA DE ACTIVIDADES

SÁBADO 19:

A partir das 10.30 h:

a)      Apertura da Feira de Oportunidades e artesanía

b)      Exposición das Asociacións de Tomiño

c)      Exposición de Somosarte no Mercado

 

De 11.30 a 13.30 h e de 18:00 a 20:00 h – Rúa A Guarda

d)           Actividades para os nenos organizadas por Festa A Esgalla

De 20.30 a 21.45 h – Praza do Seixo

e)      Festival de Floclore infantil da Asociación Cultural Virxe do Alivio

De 21 a 1.00 h – Praza do Seixo

f)       Barbería solidaria

De 22 h a 23.30 h – Praza do Seixo

g)      Master class de zumba

De 24 h ata remate – Praza do Seixo

h)      Actuación do Duo Folk-Pop-Tango A VIOLA

 

DOMINGO 20:

A partir das 10.30 h:

i)        Apertura da Feira de Oportunidades e artesanía

j)        Exposición das Asociacións de Tomiño

Exposición de Somosarte no Mercado

 

 De 11.00 a 19.00 h – Praza da Mina

·         Concurso de Dibuxo e pintura ó aire libre organizado pola Asociación Cultural, Deportiva e Recreativa Solleiro de Tomiño (ás 20 h. realizarán a entrega de premios)

 

De 11.30 a 13.30 h e de 18:00 a 20:00 h – Rúa A Guarda

·         Actividades para os nenos organizadas por Festa A Esgalla

 

A partir das 11.30 h

k)      Pasarúas coa batucada viguesa Lenha Verde

As 20.30 h – Praza do Seixo

·      Espectáculo con marionetas “Cocer e Cantar” con  Viravolta Títeres

 

Mércores, 15 de agosto de 2017    

Saída nocturna en Tomiño para disfrutar das estrelas, patrimonio e lendas locais

Este mércores continua “Tomiño único”, o programa promovido pola Concellería de Turismo, Patrimonio e Mocidade do Concello de Tomiño, que busca por en valor e dar a coñecer os elementos patrimoniais cos que Tomiño conta. A proposta para esta semana nos traslada a Pinzás, da man do Instituto de Estudos Miñoranos.

Esta nova cita do programa será un percorrido nocturno que nos permitirá coñecer as antigas minas de ouro romanas, os buracos dos mouros, as veigas de Pinzas e o patrimonio cultural e arquitectónico da zona, así como o patrimonio natural e a importancia e o valor da auga neste paraxe.

A noite rematará facendo un alto no camiño para falar do firmamento, de estrelas e constelacións, de planetas, e das “Bágoas de San Lourenzo” ou “Perseidas”.

Dado que se trata dun roteiro nocturno, recoméndase levar lanterna, roupa de abrigo e algunha manta ou toalla para por no chan e gozar das estrelas cómodamente.

A xeira ten como punto de encontro a Casa de cultura de Pinzás ás 20:00 horas e non é necesaria a inscrición previa.

Información adicional:

As minas de ouro romanas. Os buracos dos mouros e outras

No longo paseo por Pinzás imos ollar unha explotación aurifera romana: Os Buracos dos Mouros, aínda que hai máis no Recosto de Curuxeiras, no lombo de Reinosos, no Lombo do Cazón, todas en Pinzás e continúan nos montes de Barrantes na Tomada do Ferreiro, A Cova da Vela, As Covechas da Cruz do Viso, A Covecha do Carballo, As Minas Vellas ou de considerable tamaño na Presa da Auga, A Regueira do Penedo ou O Buraco da Cova do Loureiro.

Pinzás. As veigas do miúdo

Pinzás é unha aldea situada a 350 metros de altura, composta polos barrios da Alpuxarra, Os Muros e A Igrexa. Vista dende a capital do concello fica alá lonxe, pé da Serra da Groba; vista dende O Val Miñor é a primeira fregresía, é a porta de entrada a Tomiño. Esta condición de lugar de ingreso fai que estreme con Oia, Gondomar e Baiona e coa s parroquias de Barrantes, Burgueira, Belesar, Santa Baia, Causo e Tebra. Os preitos polas estremas e pola terra son centenarios, polo menos dende o século XVII ata que en 1851 a Audiencia de Galicia dictamina gravar ben gravados os marcos nas Pinisas, na Boca do Cereixo, na Casa do Loureiro da Portavedra e no Outeiro das Mas, co nome das fregresías estremantes e a data (1851). Hoxe parte destes marcos son historia e monte de Gondomar. Por empeño dos veciños e repetidas peticións ó bispado de Tui, Pinzás escindiuse de Santa María de Tebra en 1761 cumprindo as peticións eclesiásticas: casa reitoral, igrexa e propiedades para provisión de lume do Santísimo que eran dúas tomadas fechadas, A Tomada da Igrexa de Abaixo e A Tomada da Igrexa de Arriba, e unha propiedade aberta: A Tomada das Almiñas. Pinzás é unha aldea de altura coas casas na cota dos 350 metros pero superando os 580m. na Boca da Calzada en contacto con Burgueira e con Barrantes. Pinzás é unha aldea de altura polo patrimonio natural e cultural que atesoura.

O patrimonio natural. As augas

Canto o patrimonio natural comparte chan e humedais con Santa Baia e Mañufe, xa que aquí temas as fontes do río principal que atravesa todo o concello até desbeber no Miño acolá en Forcadela. Falamos do Cereixo. Esta vea de auga nace na Fonte Salgueira que ten dúas minas que xuntan augas coa s que baixan da Fonte de San Benito para formar o Arroio Fial que lago será O Río Salgueiro que recibe pola esquerda as augas que baixan de Valdepereiras e da Regueiriña Verde e do Pozo das Truitas e das de Madruga e pola dereita das Campurras, da Fonte das Pulgas, da Fonte Arbela e da Fonte Grande que van conformando O Río Grande que segue recibindo pequenas regueiras da Poza da Auga , de Canteiro, dos Arroíños, das Tomadas de Sabarís, da Costa, ... Pola dereita aínda baixa O Río do Portiño que xunta nos Fiales as augas de varias regueiras (Verde, Castaños, Cava do Gato, ... ) e O Río do Pozo Negro, antes Río Frío que vén de Cavas resumindo Os Carballos Cortados, O Escampado dos Parcos, O Fondón, A Vista Branca, Cavas do Medio, Cavas de Fidalgo, O Estripeiral Pequena, O Penedo dos Millos, a de Serra de Cavas ou O Estripeiral Grande que fende profundamente Os Buracos dos Mauros até A Chan da Poza. Outra manchea de regueiras e regueiriñas botan as augas ó Río Mau que se xunta ca Río Grande por baixo do Muíñode Donato. O Río Mau é A Regueira da Gata Saída que vén congregando todas as vías acuáticas que baixan do Bordo da Poza, ben en monte de Vilachán, ben en monte de Pinzás: As Guteiriñas, Puma riñas As de Vermello, de Campos, da Casiña, da Tomada do Ferreiro. E que lago son Reinosos, Os Barreiros, O Niño Torta, de Pausa, do Grasudo, De Feixoeiro, das Alburas, ...

Pedras soltas e enterramentos. A morte hai 6.000 anos

Pero Pinzás non leva habitado dende uns anos antes de separarse de Tebra. Nin tampouco uns centos de anos xa que en distintos sitios da Chan do Cereixo teñen aparecido pedras de cuarcita traídas do Miño e traballadas hai 200.000 ou 300.000 anos, no que en prehistoria se chama paleolítico. O sitio gustáballe: auga e caza. Vindo máis para acá no tempo consérvanse, polo menos catro enterramentos de hai 5000 ou 6000 anos, o que chamamos mámoas e que están, dúas, na Casiña do Ouro, outra preto da Tomada da Igrexa de Arriba e a cuarta no Escampado dos Parcos.

Remate da xeira coa noite de estrelas

Remataremos esta xeira, xa en plena noite, facendo un alto no camiño para falar do firmamento, de estrelas e constelacións, de planetas e das “Bágoas de San Lourenzo”.

Como cada ano, a mediados de agosto, convocámonos para contemplar xuntos una das chuvias de estrelas máis agradecidas de todo o ciclo anual: As Perseidas”, tamén coñecidas como as “Bágoas de San Lourenzo”.

É certo que as noites máis propicias para a súa observación foron as desta pasada fin de semana, especialmente a do sábado para o domingo, pero tamén é certo que naquela altura tiñamos Lúa chea, o que dificultaba bastante a contemplación do ceo nocturno. Nas xornadas inmediatamente anteriores a situación era aínda peor coa Lúa aparecendo polo leste cada vez máis cedo e cada vez máis chea.

Falaremos das Cousas do calendario, dos movementos do noso pequeño planeta e das estacións do ano, de distancias e de tempos, da velocidade da luz, dos corpos celestes e tamén das principais estrelas e constelacións da noite estival.

Compartiremos un pouco da historia da astronomía e dalgunhas “historias” da astronomía e remateremos falando de cometas de estrelas fugaces e meteoritos.

 

Tomiño será o primeiro concello de Galicia cun plan de potabilización da auga para todos os seus veciños e veciñas dende a autoxestión

O Concello de Tomiño está a desenvolver un novo plan de potabilización para mellorar a calidade das augas de abastecemento veciñal, xunto coa asociación COXAPO Galicia, que traballa dende o ano 2006 prestando apoio e asesoramento sobre a xestión das Traídas Veciñais no territorio galego.

Entre as actuacións previstas do Plan contémplanse accións de mellora sobre distintos puntos do sistema de abastecemento, tanto na fonte do recurso, os manantiais, coma nos depósitos de almacenaxe e nos sistemas de reparto, onde se inclúen tuberías, canalizacións, etc. Está previsto que os traballos comecen a finais do verán, modernizando e adaptando as instalacións ás novas necesidades da poboación.

O Concello de Tomiño será pioneiro en Galicia autoxestionando as súas augas, xa que será o primeiro en contar cun Plan de potabilización propio, salientando a importancia e a necesidade de ofrecer un servizo básico de calidade e con garantía sanitaria.

 

Tomiño primer ayuntamiento de Galicia con un plan de potabilización del agua para todos sus vecinos desde la autogestión

El Ayuntamiento de Tomiño está desarrollando un nuevo plan de potabilización para mejorar la calidad de las aguas de abastecimiento vecinal, junto con la asociación COXAPO Galicia, que trabaja desde el año 2006 prestando apoyo y asesoramiento sobre la gestión de las Traídas Vecinales en el territorio gallego.

Entre las actuaciones previstas del Plan se contemplan acciones de mejora sobre distintos puntos del sistema de abastecimiento, tanto en la fuente del recurso, los manantiales, como en los depósitos de almacenaje y en los sistemas de reparto, donde se incluyen tuberías y canalizaciones. Está previsto que los trabajos comiencen a finales del verano, modernizando y adaptando las instalaciones a las nuevas necesidades de la población.

El Ayuntamiento de Tomiño será pionero en Galicia autogestionando sus aguas, ya que será contará con un Plan de potabilización propio, destacando la importancia y la necesidad de ofrecer un servicio básico de calidad y con garantía sanitaria.

 

Venres, 11 de agosto de 2017    

SOS Tomiño recollerá alimentos en Areas

O venres, día 11, e sábado, día 12 de agosto, a Asociación Asistencial SOS Tomiño Baixo Miño, vai facer una recollida de alimentos, nos supermercados GADIS e LIDL de Areas.

            Un equipo de voluntarios que colaboran con esta Asociación Asistencial, estará nas portas destes supermercados para informar ás persoas sobre esta iniciativa. Na saída, recollerán os alimentos que se donen, precisándose sobre todo leite, aceite e cacao soluble.

Dende a Asociación Asistencial SOS Tomiño Baixo Miño, agradecen a colaboración das persoas.

 

A imaxe da nova ponte peonil transfronteiriza entre Tomiño e Vila Nova de Cerveira coñecerase na primavera

A imaxe da nova ponte peonil transfronteiriza entre Tomiño e Vila Nova de Cerveira coñecerase a próxima primavera. Segundo anunciou o deputado de Cooperación Transfronteiriza Uxío Benítez, a Deputación de Pontevedra vén de aprobar as bases do concurso internacional de ideas que buscará “as mellores e máis innovadoras e enriquecedoras propostas” para unir os dous países a través dun viaduto para peóns e ciclistas que permitirá crear un espazo público común no Parque Transfronteirizo do Castelinho-Fortaleza.

O nacionalista explicou na presentación pública do europarque celebrada hoxe en Portugal que nos vindeiros días o concurso de ideas sairá anunciado oficialmente no Boletín Oficial da Provincia (BOP), abrindo un prazo de 60 días naturais para que arquitectos, enxeñeiros ou equipas profesionais de ámbito internacional presenten as súas propostas.  Os aspirantes deben demostrar un amplo grao de coñecemento e unha traxectoria profesional destacada no ámbito do deseño estrutural e desenvolvemento de pontes ou pasarelas singulares, tendo realizado nos últimos 15 anos deseños e proxectos e direccións de obra de alomenos dous viadutos cun van superior a 75 metros.

 “Entendemos que dado o valor simbólico da ponte, tanto polas características ambientais da contorna como polos obxectivos estratéxicos que persegue -crear un espazo común a dous países-, era preciso darlle un carácter internacional, con profesionais españois, portugueses ou estranxeiros para acadar o mellor proxecto”, subliñou o deputado, facendo un chamamento ás administracións e colexios para que dean a máxima difusión á convocatoria.

O concurso de ideas desenvolverase en tres fases, dixo Benítez. Na primeira seleccionaranse as tres mellores propostas de estudo técnico e os tres finalistas recibirán unha prima de participación por importe de 10.890,00 euros cada un. Os tres seleccionados serán invitados a participar na segunda fase, que consistirá nun procedemento negociado sen publicidade para a redacción do anteproxecto da ponte. O contrato para redactar este anteproxecto adxudicarase ao gañador definitivo por un importe de 54.450,00 euros antes do verán de 2018, cando se solicitarán todas as autorizacións e informes dos organismos perceptivos.

Finalmente, na terceira fase, unha vez entregado o anteproxecto e no caso de que a proposta resulte viable e consiga os permisos necesarios que garantan a súa executabilidade, a Deputación encargará ao gañador que redacte o proxecto construtivo definitivo, cun orzamento máximo de 121.880,00 euros. Así, o gañador do concurso, poderá embolsarse un total de 187.220,00 euros entre primas, redacción de anteproxecto e proxecto construtivo.

A mellor proposta será elixida por un xurado tamén conformado de xeito internacional, no que se dará representatividade ás escolas técnicas, colexios oficiais e administracións con competencias e intereses na ponte de ambos lados do río.

Proxecto VISIT_RIO_MINHO

Uxío Benítez lembrou que a redacción do proxecto da nova ponte peonil e ciclista sobre o Miño está encadrada nunha das actividades do proxecto VISIT_RIO_MINHO presentado á primeira convocatoria do Programa Operativo España-Portugal (POCTEP) 2014-2020 Interreg V-A nunha candidatura conxunta da Deputación de Pontevedra coa CIM Alto Minho, os concellos do norte de Portugal, a Fundación CEER, o Centro Tecnolçóxico do Mar e a Univesidade de Vigo. Este proxecto obtivo un cofinanciamento do 75% de fondos FEDER no marco da referida convocatoria do POCTEP 2014-2020 Interreg V A, cun orzamento total aprobado de dous millóns de euros, cunha achega da Unión Europea que ascende a 1.500.000 euros.

En concreto, a ponte forma parte dunha acción integral denominada ‘Cualificación e promoción do Parque Transfronteirizo Castelinho-Fortaleza’, na que tamén se inclúen a mellora da accesibilidade da marxe galega e a valorización e cualificación ambiental e paisaxística do parque, coa súa ampliación na marxe de Vila Nova de Cerveira.  Neste sentido, na presentación realizada no día de hoxe en Portugal, o presidente da câmara lusa, Fernando Nogueira, subliñou que se pretende acadar unha superficie total de 24,6 hectáreas dun “espazo verdadeiramente europeo sen fronteiras”.

Os obxectivos da actuación no parque transfronteirizo son promover a mobilidade suave e o reparto de equipamentos, contribuír na estruturación dunha rede de corredores verdes a nivel transfronteirizo, constituír unha porta de entrada na rede de vías verdes a través da estación de tren de Vila Nova e crear un espazo integrado para a promoción de iniciativas conxuntas de animación cultural, sensibilización sobre a protección da biodiversidade e a difusión do coñecemento sobre o Miño, todo isto coa vista posta na proxección internacional da marca Río Minho a través da posta en valor dos seus recursos endóxenos e económicos para atraer visitantes.

Execución das obras

En canto ao futuro financiamento da execución das obras da ponte peonil e ciclista, Benítez explicou que dado que o proxecto é “innovador, diferente e ambicioso”, pedirase a todas as administracións supramunicipais que aporten fondos. “Din que xa non estamos no tempo das infraestruturas, pero a ponte non é unha infraestrutura, é unha proposta que vai fomentar uns hábitos de vida máis saludables ao permitir desprazarse camiñando á xente. O importante desta infraestrutura é que creará un espazo común transfronteirizo e atractivo para a veciñanza e o turismo. O importante é o europarque Castelinho-Fortaleza de Vila Nova e Tomiño. A ponte é o medio”, dixo o deputado Benítez.

O responsable de Cooperación Transfronteiriza da Deputación destacou o grande traballo que se está a facer dende o organismo provincial a favor da unión e cooperación sustentable entre Pontevedra e o Norte de Portugal. Lembrou que xa o 13 de febreiro de 2016 se asinou entre a Deputación e a CIM Alto Minho a Declaración de Tui, un documento no que se avogaba por potenciar o traballo conxunto. Así mesmo, destacou a creación dun novo aparato institucional que acubillará as iniciativas para potenciar o territorio do Miño, consolidada na AECT Río Minho, que está á espera do visto bo do goberno portugués.

Pola súa banda, a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, destacou no acto de presentación do Parque Castelinho-Fortaleza que Tomiño e Cerveira “levan tempo camiñando na senda da colaboración para borrar a raia do Miño”. Indicou que a cooperación transfronteiriza está na axenda dos dous municipios como un tema transversal e salientou que o parque debe ser unha referencia dun espazo natural non só na contorna, senón tamén no resto de España e Portugal, e tamén a nivel internacional. “Queremos ser un referente, un exemplo de cooperación, e con este novo parque ímolo conseguir. A pasarela que hoxe presentamos non é un fin, é un instrumento, un primeiro paso dunha longa camiñada para o europarque, que se consolidará coa ponte peonil”, finalizou.

No acto participaron a xefa territorial de Presidencia da Xunta de Galicia, Marta Mariño Regueiro, así como o presidente da Comissão de Coordenação e Desenvolvimento REgional do Norte, Fernando Freire de Sousa.

 

Xoves, 10 de agosto de 2017    

CdT califica de “fraude” la bonificación en la tasa de basura por la  práctica de compostaje

Desde Centristas de Tomiño (CdT) se afirma que el pasado 1 de enero, el Gobierno Municipal hizo efectiva la subida de la tasa de basura en más de un 100 por ciento, de este modo una vivienda unifamiliar pasa a pagar 80 euros, frente a los 39 euros de los ejercicios precedentes.

Junto con el incremento, se aprobaban una serie de bonificaciones, entre ellas la posibilidad de aplicar una reducción de un 25 por ciento para el caso de que se participase de forma individual o colectiva en programas de compostaje y siempre sometida a la comprobación oportuna, a través de la exigencia de un informe técnico preceptivo que debe emitir el Concello.

Con este motivo muchos vecinos solicitaron ante el ORAL, dentro del plazo establecido, acogerse a dicha bonificación, a través de actuaciones o programas de compostaje, especialmente de tipo individual.

Sin embargo, el Concello de Tomiño, supuestamente por falta de medios, no emitió ningún informe hasta la fecha, ni en sentido positivo ni negativo, por lo que actualmente los solicitantes están recibiendo la resolución de la Tesorería del ORAL, en la que se les desestima la petición, por no cumplir los requisitos exigidos, refiriéndose a la falta del informe técnico que debía emitir la propia entidad local.

En dichas comunicaciones se explica que esta interpretación, denegando la bonificación, ha sido instruida por el propio Gobierno Municipal.

CdT considera que estamos ante un “atropello” y un “fraude” a los vecinos cuando el Concello ordena denegar una bonificación, a la cual se tiene plenamente derecho, en base a un incumplimiento sólo atribuible a su  actuación deficiente e irresponsable.

Según Francisco Cerqueira, concejal y portavoz de CdT, “el gobierno municipal anunció a “bombo y platillo” está bonificación como un incentivo a la práctica del autocompostaje, intentando reducir el volumen de residuos que acaban tirándose al contenedor (restos biológicos, vegetales). Sin embargo, todo se quedó en una publicidad engañosa y encima se deniega la reducción del 25 por ciento trasladando la culpa a los beneficiarios, afirmando que no cumplen con los requisitos, haciendo de todo ello un descomunal despropósito”.

Centristas se pregunta si en el fondo de esta cuestión no subyace también un motivo puramente económico y una falta de previsión en el cálculo de recaudación y gasto. En principio, el Concello no sólo se ahorra el coste de los medios humanos y materiales para la elaboración de los informes técnicos sino que también evita la aplicación del 25 por ciento de la tasa en un ámbito en el que la gran mayoría de vecinos práctica compostaje en casa.

Centristas de Tomiño exige que se arbitren los medios necesarios y se dé plena efectividad a la bonificación contemplada en la Ordenanza reguladora.

Finalmente, considera que al tratarse de una actuación claramente fraudulenta, generada por el mismo Concello al negarse a emitir los informes preceptivos, es absolutamente ilegal pretender que la responsabilidad sea del propio beneficiario, por lo que anima a presentar el correspondiente recurso.

Francisco Cerqueira, también informa que CdT, pone con carácter individual a disposición de todos los afectados un recurso tipo de forma totalmente gratuita, que puede solicitarse en el e-mail fcerqueiraalfonso@gmail.com

 

Mércores, 9 de agosto de 2017    

Presentación da Escola EU Rural e do itinerario de actividades para 2017 “Cos pés na terra”

A Presidenta da Asociación de Desenvolvemento Rural MAIV – Baixo Miño e alcaldesa de Tomiño, Sandra González, presentou en Tomiño a Escola EU Rural e o programa de actividades para 2017.

A Escola EU RURAL concíbese como un instrumento que permitirá á ADR canalizar iniciativas de formación e accións de difusión e sensibilización en materia de desenvolvemento rural dirixido á poboación e todos os sectores e colectivos sociais do territorio de competencia.

No acto, no que tamén participou a presidenta da Asociación de Cultivadores Baixo Miño (ACUBAM), Patricia Rodríguez, foi presentado un itinerario formativo conxunto, promovido por ambas entidades e denominado “Cos pés na terra”.

Trátase dun conxunto de actividades de información e demostración subvencionadas polo FEADER no marco do PDR Galicia 2014-2020, que se executarán no segundo semestre de 2017 e primeiro trimestre de 2018, dirixidas á poboación e persoas traballadoras do medio rural e centradas fundamentalmente no ámbito agrario, forestal e agroalimentario.

Entre as actividades dirixidas ao ámbito agrario e o viveirismo, se encontran  accións sobre preparación de solos, podas e coñecemento das variedades de froiteiras atlánticas; realización de  enxertos en plantas de verán e de inverno; sistemas de control de pragas e uso de productos fitosanitarios ou sistemas de uso eficiente da auga nas explotacións. Como complemento destas actividades está tamén prevista unha visita a explotacións en Asturias relacionadas co aproveitamento de especies froiteiras atlánticas.

Igualmente se levarán a cabo accións dirixidas ao fomento da actividade económica no medio rural, como son as sesións para o coñecemento de ferramentas de emprendemento ou unha xornada centrada no networking relacionado coa venda.

As accións executaranse principalmente no concello de Tomiño e terán un forte carácter práctico, coa colaboración de viveiros da zona. Poderán participar nas accións persoas de todo o territorio de competencia da ADR MAIV-Baixo Miño previa inscrición e admisión de acordo cos criterios de selección establecidos. A inscrición pódese efectuar a través da web www.eurural.org.

 

Sábado, 5 de agosto de 2017    

9 deportistas do Club Miño-Teixugos no Campionato de España de Slálom

Informa Rosa Fernández Carrera

Esta pasada fin de semana tivo lugar na canle de Alejico-Sabero, en León, o Campionato de España de Slálom, a última é máis importante das competicións da Liga Española de slálom olímpico.

Foron dous días de infarto, con luces e sombras para o club, que acudiu a evento con 9 deportistas que o deron todo ao longo das dúas xornadas. Esta competición, ademais de decidir os campións e campioas de cada categoría, tamén foron selectivas para formar parte da selección nacional de slálom, o que lle deu máis emoción se cabe.

En C2 sénior home a parella formada por Luís Fernández e Brais Castro foron terceiros, conseguindo a medalla de bronce da categoría.

En K1 Júnior Muller, Laura Vaquero rematou sexta e en K1 Cadete, Ariadna Pereira foi sexta.

En K1 Sénior  Muller, a máxima categoría, Andrea González rematou décimo terceira, Marina Ruedas décimo oitava e Laura Soutelo vixésimo cuarta, as tres moi orgullosas dos seus postos, xa que os seus estudos non lles permitiron apenas adestrar esta tempada. Das tres, Andrea foi a única que entrou no selectivo para o equipo nacional, pero non acadou praza nin en sénior nin en sub-23.

En K1 Home Júnior, Marco Patiño foi décimo noveno. En K1 Home Veterano, Emilio Rodríguez , foi terceiro, conseguindo a segunda medalla de bronce do Campionato para o club. E xa na máxima categoría, K1 Sénior Home, Manuel Ochoa rematou oitavo. Manuel tamén optou a formar parte do equipo sub-23, posto polo que loitou ata o final, pero que finalmente perdeu na última baixada, na que un pequeno erro nunha das portas fixo que perdera uns segundos que lle custaron o posto para o europeo sub-23 a favor do catalán Jordi Cadena.

En C1 Home Sénior, máxima categoría de canoa, Brais Castro fixo catro baixadas impresionantes, sen toques, que lle valeron un quinto posto e unha praza no equipo nacional de canoa sub-23 para o europeo a celebrar en Alemaña, dato este, aínda pendente de confirmar pola federación; na mesma categoría, Luís Fernández, que tiña serias aspiracións a medalla, rematou sexto, xa que non puido contar coa súa canoa, pa e material, pois a furgoneta que llos transportaba do Campionato do mundo de Bratislava, sufriu unha avaría e viuse obrigado a competir con material e barco prestado, o que repercutiu moi negativamente nos seus resultados, perdendo non so as posibles medallas, senón tamén o seu posto na selección absoluta de C1. Luís segue mantendo, sen embargo, praza na selección sub-23.

Na clasificación final por equipos o Club Deportivo Miño-Teixugas, rematou en sétimo lugar.

E xa como remate da xornada, o club obtivo o 3º lugar na recén estreada Liga Feminina de Slálom, premio Loterías del Estado, o que lle valeu un trofeo e un premio de 500€. Eeste é un recoñecemento ó papel das deportistas femininos, que superan aos masculinos no Club Deportivo Miño- Teixugas, e como homenaxe a elas, vai un pequeno e ben merecido cambio de nome nesta nova e na cabeceira do blog do club. 

Reportaxe: https://goo.gl/photos/vSPDBaSf7hpYcZnaA

 

O concello de Tomiño subvenciona a SOS Tomiño-Baixo Miño con 2.670 euros

A Asociación Asistencial SOS Tomiño-Baixo Miño informa que o concello de Tomiño concedeulle unha subvención de 2.670 euros, cantidade que será destinada á compra de alimentos, dentro do contexto da actividade habitual de esta asociación, que no ano 2016 entregou un total de 30.000 kg de alimentos a una media mensual de 30 familias no Concello de Tomiño, cun coste aproximado de 25.000 euros.

No ano 2017, vén atendendo unha media de 33 familias mensuales.

 

çSábado, 5 de agosto de 2017    

O punto de información do Espazo Fortaleza de Goián ofrece actividades para todos os públicos

O punto de información do Espazo Fortaleza de Goián ten novo horario de verán: de xoves a domingo, de 16.30 a 18.30 hs. O Punto Fortaleza ofrece información turística a visitantes e tamén sobre as distintas actividades que se realizan en Tomiño y resto da comarca do Baixo Miño.

Ademais, se realizan actividades para o público, na súa maioría infantil, tales como obradoiros de reciclaxe, plástica, fabricación de xoguetes, conta contos, ou actividades puntuais, como "xogando con pompas de xabón", xogos populares e obradoiros medioambientais, entre outros.

Ademais do préstamo de xoguetes, xogos de mesa, libros e revistas tanto para público infantil como adulto; se ofrecen, de forma gratuíta, unha serie de espazos para uso das persoas que visiten o Espazo fortaleza e as súas praias. Entre eles, un espazo de aleitamento, para as mamás e os seus bebés, ou un espazo de xogo infantil, no que nenas e nenos a través do xogo libre, desenvolven a súa creatividade e gozan da zona acondicionada para ese fin.
Para mediados do mes de agosto ofrecerase tamén aluguer de kaiaks e bicicletas. 

Durante o mes de xullo o Punto Fortaleza recibiu a visita de persoas de Goián, resto de Tomiño e de todo o Baixo Miño; tamén visitantes doutras zonas de Galicia, España e Portugal. Durante agosto, se espera que a afluencia de visitantes sexa aínda maior.
 

Vía libre á construción da nova avenida que rodeará o núcleo do Seixo en Tomiño

A nova avenida que rodeará o núcleo do Seixo en Tomiño e permitirá eliminar o tráfico de paso polo centro urbano da vila xa ten vía libre. A presidenta da Deputación Carmela Silva, o vicepresidente César Mosquera e o deputado de Mobilidade Uxío Benítez, participaron xunto coa alcaldesa, Sandra González Álvarez, e coa conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, na sinatura do convenio que certifica a colaboración das tres institucións para a execución da estrada de nova creación, que ten un orzamento de 3.545.623,60 euros, dos que 2.351.163,26 serán aportados pola Deputación de Pontevedra.

Unha vez asinado o acordo corresponde á Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, aprobar o proxecto de trazado -coa tramitación do decreto de utilidade pública que hoxe publica o DOG- e iniciar as expropiacións necesarias. A Deputación será a encargada de licitar o proxecto e realizar a dirección, control e seguimento das obras, que se poderían iniciar no ano próximo se todos os trámites saen segundo o previsto.

No acto, o deputado de Mobilidade Uxío Benítez foi o encargado de dar a coñecer os datos técnicos da actuación. A  nova avenida, segundo dixo o nacionalista, terá unha lonxitude duns 1.400  metros e enlazará a estrada provincial EP-3102 polo Sur e a PO-344 (rúa Gondomar) polo Norte, dando unha saída natural á avenida da República Arxentina e rúa da Pedra cara o Leste do núcleo, e enlazando o municipio coa futura Via de Alta Capacidade (VAC) Tui-A Guarda.  A traza deseñada enlazará os equipamentos situados na estrada provincial (como o CEP Pedro Caselles), con novos equipamentos como o centro de saúde, a residencia  asistida, e mesmo o instituto, desviando do núcleo urbano uns 10.000 vehículos.  “Esta nova vía tamén suporá a solución máis axeitada ao tráfico que chega á vila de Tomiño dende a área de Vigo e Val Miñor para ir a Portugal, e da xente do Baixo Miño que sube cara a Vigo para ir ao hospital, por exemplo, sen ter que pasar polo centro urbano”, subliñou.

A vía terá unha sección de 18 metros, dos que seis estarán destinados a unha senda peonil e ciclista con arborado, mentres que a calzada terá dous carrís para o tránsito rodado coas súas correspondentes beiravías. Deste xeito, a Deputación pretende priorizar a mobilidade dos peóns, cumprindo a súa máxima de ter en conta en primeiro lugar as necesidades das persoas en todas as infraestruturas viarias de nova creación, tal e como está establecido na Estratexia de Mobilidade 3.0. “Ao chegar ao goberno marcamos unha Estratexia de Mobilidade clara e un cambio de prioridades. Pensabamos que o modelo de facer beirarrúas de 1,5 metros estaba rematado. Nós apostamos por ter en conta ás persoas e os grupos máis vulnerables, para deixar para último lugar o vehículo privado”, apuntou Benítez.

De feito, a nova avenida contará con elementos de calmado de tráfico para promover a seguranza viaria. Construiranse cinco rotondas para distribuír e calmar a circulación e máis dunha vintena de pasos de peóns sobreelevados (coñecidos como ‘lombos’) como os instalados ao abeiro do Plan de Mobilidade e Velocidade Segura (MÓVESE). Tamén se delimitará unha velocidade máxima de 30 quilómetros/hora.

En canto ao orzamento, segundo dixo Benítez, a execución desta actuacións estímase en 3.545.623,60 euros, que se repartirán en 2.351.163,26 euros aportados pola Deputación provincial (o 66,3%), 261.240,36 euros polo Concello de Tomiño, e 933.219,98 euros pola Xunta de Galicia en concepto de expropiacións, a repartir en diferentes anualidades.

Primeiro grande convenio

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, asegurou que “este primeiro grande convenio que asinamos correspóndese cos principios e valores que defendemos en torno á seguridade viaria e a mobilidade”, que se basea na “recuperación dos tramos urbanos dos concellos para que poidan ser desfrutados polas persoas, onde os automóbiles non dificulten que o espazo público poida ser ocupado e vivido por elas”. Carmela Silva lembrou que “desde a institución provincial estamos marcando unha forma de entender as infraestruturas”, polo que “consideramos fundamental comprometernos con Tomiño, que con este convenio que inclúe unha nova variante segue dando máis pasos de cara á recuperación urbana, e con todos os concellos da nosa provincia”.

A presidenta provincial sinalou que “o noso modelo de actuación nas infraestruturas, Mobilidade 3.0, pretende lograr a mobilidade para as persoas primeiro, despois para ciclistas, outros medios de transporte e, por último, para vehículos, para que as persoas poidan desenvolver as súas vidas nas zonas urbanas”. Este proxecto, lembrou Carmela Silva, “tamén versa sobre a seguridade viaria, que é unha das nosas grandes apostas porque nos preocupa moito o número de accidentes e o enorme custo que teñen os seguros no noso territorio”, razón pola que hai que darlle a volta á situación e “facer do século XXI o século da recuperación para que as persoas vivan con todas as garantías e seguridade”. Para a presidenta “esta é a forma de facer as cousas, que as administracións (Xunta, Deputación e concellos) sexan capaces de traballar conxuntamente para o ben común do noso territorio e o benestar das nosas veciñas e veciños”.

Pola súa banda, a alcaldesa de Tomiño Sandra González Álvarez manifestou a súa satisfacción por ver concretado “un soño que empezamos a tecer hai anos pensando nun Tomiño para as persoas”, xa que segundo indicou, a estrada de nova creación permitirá retirar o tráfico do Seixo e crear un espazo público de calidade para que a veciñanza poida “vivir e convivir “. A rexedora destacou tamén que a nova avenida tamén é fundamental para a conectividade de toda a comarca, xa que mellorará o tránsito de miles de vehículos pasan dende a área de Vigo e o Val Miñor cara ao Baixo Miño e a ponte internacional e Portugal, e viceversa. Finalmente agradeceu a colaboración “leal” de todas as administracións implicadas, das que dixo miraron “ao lonxe para apoiar un proxecto estratéxico” .

A conselleira Ethel Vázquez, pola súa parte, reiterou que a nova avenida eliminará o tráfico de longo percorrido do Seixo e mellorará a conexión de equipamentos, cuestións que para a Xunta son fundamentais, xunto co favorecemento da mobilidade e da seguranza viaria. Ao igual que a presidenta da Deputación e a alcaldesa, tamén destacou que tres administracións con forzas políticas de distinto signo traballaron de xeito conxunto por “interese público”.

 

ADAVAS celebra que Tomiño acoja su propuesta de un Consejo de las Mujeres Municipal

ADAVAS  Baixo Miño (Asociación de Axuda a Vítimas de Agresions Sexuais e Violencia de Xénero) celebra que el Concello de Tomiño haya tomado en consideración sus propuestas de promocionar la participación política de las mujeres a través de un Consejo de las Mujeres municipal. El documento que recoge las aportaciones de los departamentos municipales y los agentes sociales y comunitarios para el futuro Plan de Igualdad de Tomiño,  señala la necesidad de un Consejo que tal y como proponía ADAVAS vele por las condiciones que posibilitan la igualdad efectiva entre hombres y mujeres y la plena participación de las mujeres en la vida ciudadana, política, económica, social y cultural.

Para Ana Vicente presidenta de ADAVAS  Baixo Miño es fundamental que el futuro Plan de Igualdad represente, más allá de enunciados bienintencionados y de medidas de mera sensibilización una herramienta eficaz para realizar cambios estructurales en el ámbito local. Como Rosa Cobo señaló tan acertadamente en la Escuela de Igualdad Maria Viñals organizadas por la Diputación de Pontevedra “las políticas públicas han de ir dirigidas a cambiar las estructuras publicas de desigualdad. Algunas de las políticas públicas que se hacen tienen una parte que es propositiva, y otra que es impositiva. No puede ser. Tienen que ser impositivas todas. Las palabras “aconsejar, sugerir, intentar, tratar…” no funcionan nunca.”

El Consejo de las Mujeres de Tomiño ha de configurarse como un espacio donde el Concello de Tomiño como institución se abra a las ideas de los movimientos sociales y las asociaciones de mujeres tal y como señala la experta Ana Bosch. y donde los movimientos tienen la posibilidad de “contaminar” las acciones institucional con sus valores y objetivos para hacer realidad sus utopías.

No es posible-señalaba también Ana Cobo- que desde el poder politico se hagan y se diseñen políticas públicas de igualdad sin el concurso y la complicidad del movimiento feminista y de las asociaciones de mujeres. Es por ello señala Ana Vicente que el Consejo de las Mujeres de Tomiño es una herramienta fundamental para ese concurso y esa complicidad, sin el cual las medidas impositivas destinadas a favorecer la igualdad real estarían destinadas a sucumbir a las resistencias y presiones que siempre las acompañan.

 

Venres, 4 de agosto de 2017    

Presentación da nova "Escola EU Rural" en Tomiño

O vindeiro luns, 7 de agosto, ás 12.30h, terá lugar no Salón de Plenos do Concello de Tomiño, a presentación da nova "Escola EU Rural" e o primeiro itinerario formativo, "Cos Pés na Terra", que se desenvolverá en Tomiño entre finais de agosto e outubro.

A escola é un proxecto da Asociación de Desenvolvemento Rural ADR MAIV-Baixo Miño, e no primeiro itinerario formativo, de carácter gratuito, conta coa colaboración do Concello de Tomiño e acuBam (Asociación de Cultivos do B. Miño).

No acto comparecerán a presidenta da ADR MAIV-Baixo Miño e alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e a presidenta de acuBam, Patricia Rodríguez.

 

Tomiño cada vez máis cerca de converterse en Cidade Amiga da Infancia

Cinco integrantes do Consello Infantil e Adolescente (CIA) de Castrelo de Miño -primeiro municipio galego que obtivo, de Unicef, o recoñecemento “Cidade Amiga da Infancia”- visitaron Tomiño para transmitir a súa experiencia aos nenos e nenas que participan no campamento urbano de verán.

Tomiño quere sumarse tamén á rede, polo que está tentando reunir os requisitos para a concesión do selo CAI, por parte de Unicef, e esta visita significa un paso máis nese sentido. Así o manifestou a alcaldesa Sandra González, logo de dar a benvida ao comité. A recepción tivo lugar no CEP Pedro Caselles Beltrán, o pasado venres ás 9 da mañá. Logo das presentacións, os integrantes do CIA relataron as súas experiencias e traballo realizado dende a constitución do Consello, en 2012.

Adriana, Edita, Laura, Estefanía, Ismael, (acompañados por Enatali, Sonia e Maribel), explicaron en primeira persoa o obxectivo do seu traballo, que non é outro que promover a aplicación da Convención sobre os Dereitos da Infancia no ámbito local, promocionar a participación dos nenos, nenas e adolescentes, en todos os temas que lles afectan, e fomentar o traballo en rede entre os 155 municipios que forman parte da iniciativa. Trátase de que «se deseñen e implementen políticas públicas eficaces» para mellorar o benestar da infancia e adolescencia, defendendo os seus dereitos e fomentando a súa participación,facendo as cidades entornos máis habitables”, indicaron.

Que non existan deberes no cole, máis visitas ao zoo e ao cine; un parque máis grande e mellor; un cine de inverno; unha sala de xogos recreativos; a limpeza do río Tebra; un campo de fútbol público de calidade; unha biblioteca con sala de informática e sección infantil/xuvenil, foron so algunhas das ideas-desexos que os nenos e nenas de Tomiño escribiron en grandes cartulinas a modo de axenda, para ser presentadas ante as autoridades locais. Tamén houbo peticións de caracter social, coma a creación de equipos de mediación nos coles e máis vixilancia nos recreos; máis axudas de libros e material escolar, etc.

Marta Andrade, de Unicef Galicia, quixo estar presente neste encontro celebrado en Tomiño. Explicou que este é un paso máis para conseguir o selo CAI, e que é necesario ter un Consello de e un Plan Municipal de Infancia e Adolescencia, no que se contemplen as medidas a tomar en 4 anos. “Este encontro é moi importante para que os nenos e nenas saiban que é un consello da infancia e descubran que tamén teñen dereito a opinar e participar nas decisións da súa localidade”.

Boas prácticas

O selo CAI outorgado por Unicef converte ao concello que o obtén, en impulsor e promotor da aplicación da Convención sobre os Dereitos da Infancia na esfera local, a través da participación dos infantes e adolescentes, en temas que lles afectan coma cidadáns. Ademais das poblacións que conforman a rede de Cidades Amigas da Infancia, medio centenar de municipios foron distinguidos no Certame de Boas Prácticas, un concurso no que se recoñecen proxectos ou actuacións exemplares a favor da infancia e a adolescencia, levadas a cabo por gobernos locais e outras entidades públicas e privadas. Tomiño é un deles, polo seu programa de reforzo escolar e apoio psicolóxico “É Aprender”.

 

Xoves, 3 de agosto de 2017    

Sinatura do convenio entre o concello de Tomiño, Deputación e Xunta para a nova estrada que solucionará os problemas de tránsito no núcleo urbano de Tomiño

Mañá, venres, ás 12.30 horas, terá lugar no Concello de Tomiño a sinatura do convenio entre Xunta de Galicia, Deputación de Pontevedra e concello, polo que se construirá a nova estrada que dará solución ao problema de conxestión de tránsito no núcleo urbano do Seixo.

Asistirán a este acto a conselleira de Infraestructuras e Vivenda da Xunta de Galicia, Ethel Vázquez; a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva; o deputado de Mobilidade, Uxío Benítez, e a alcaldesa de Tomiño, Sandra González

 

Mércores, 2 de agosto de 2017    

A praza de abastos de Goián seguirá os pasos do mercado municipal do Seixo

Tomiño remodelará a praza  de abastos de Goián, seguindo a mesma filosofía da reforma do mercado municipal do Seixo. Así o decidiu por maioría a corporación en pleno hai uns días.

Como xa sucedera con este, o primeiro foi facer un estudo previo e plan de usos. Este paso implicou a consulta cos veciños da parroquia, para garantir que o investimento respondera ás necesidades e desexos da poboación.

Nesta rolda de entrevistas e reunións, ocuparon un lugar destacado comerciantes e praceiros potenciais. Outro grupo ao que se prestou especial atención dende o Concello, foi ao dos emprendedores, xa que un dos obxectivos era determinar o número de postos necesarios e a variedade dos mesmos.

Deste xeito, tras o estudo, elaborouse un plan de usos e un proxecto para remodelar so a parte frontal do actual edificio, pechado dende hai tempo. A outra parte do local, dedicaríase tras a oportuna reforma, a outros usos, relacionados coa cultura e a cohesión social.

Así, o proxecto final do mercado de Goián, contempla crear catro postos de venda: unha carnicería, unha peixería, unha froitería e unha florería.

O importe total do investimento rolda os 110.000 euros, dos que 70.000 serán achegados pola Consellería de Industria, logo de que esta aprobara o proxecto dentro da convocatoria “Espazos de Emprendemento Comercial no Rural”. O Concello sufragará o resto con fondos propios.

A concesión desta axuda valórase moi positivamente dende o goberno local, xa que se concederon moi poucos proxectos en toda Galicia. A remodelación do mercado municipal situado no centro de Tomiño, xogou sen dúbida, un papel importante á hora de valorar o novo proxecto por parte da Xunta.

A reforma tentará aproveitar o edificio existente pero seguir ao mesmo tempo a líña estética do mercado municipal do Seixo, de modo que exista unha continuidade entre as dúas intervencións.

A previsión do goberno local é que as obras estean rematadas no mes de decembro, xusto para o Nadal. Paralelamente, levarase a cabo o proceso de información para a adxudicación dos postos ás persoas interesadas, a través de subasta pública.

Para a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, este novo proxecto, significa “a consolidación da aposta do goberno local polo comercio de proximidade, e a concepción dos mercados coma puntos de dinamización económica e social dos núcleos urbanos”. Outro dos obxectivos é conseguir facer do centro de Goián – a segunda parroquia máis poboada do municipio- un lugar de encontro e convivencia dos veciños, seguindo a liña de humanización realizada no Seixo, arredor dos principais edificios do núcleo urbano.

 

Tomiño é o único concello de Galicia cunha oficina Eurodesk, para información e xestión de programas europeos

O Concello de Tomiño é o único municipio de Galicia que conta cunha oficina multiplicadora EURODESK, que se encarga da xestión da información europea da provincia sobre campañas, iniciativas e programas de formación.

Deste xeito, os técnicos do Concello de Tomiño forman parte dunha rede de 1.200 profesionais con representación en 34 países, dirixida principalmente á mocidade e ás entidades que traballan neste ámbito en Europa.

EURODESK ten coma obxectivo, concienciar a mozos e mozas sobre as oportunidades de mobilidade que existen na UE, coma o programa ERASMUS +.

Asemade, ofrece información sobre outros proxectos europeos e intercambios xuvenís, que organiza a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, da Xunta de Galicia e todas aquelas organizacións e institucións galegas que se dedican á mobilidade europea.

Tamén se pode obter información sobre aloxamento en países europeos, formación, emprego, intercambios, busca de socios para proxectos europeos, viaxes, voluntariado; institucións europeas, etc.

Para máis información, as persoas interesadas poden consultar as páxinas web http://www.eurodesk.es/ http://erasmusplus.injuve.es/eurodesk/cerca.jsp