PORTADA

NOTICIAS  

A GUARDA

TUI

O ROSAL

OIA

TOMIÑO

BAIXO MIÑO

LOCAL

OUTRAS NOVAS

DEPORTE

AXENDA

NECROLÓXICAS

ENTREVISTAS

COMUNICADOS

PORTUGAL

HEMEROTECA

PÁXINAS

 REPORTAXES

CONCELLO DA GUARDA

RÚAS DA GUARDA

VARIA

FOTOSAYER

FOTOS LECTORES

PATRIMONIO arquivo e documentación

XENTES de Ribadavila

Calendario

ENLACES

 
 
 

 

galiciasuroeste                                                       O Rosal                 

SOPER INMOGAR, S.L.

CONSTRUCCIONES Y PROMOCIONES 

PANCENTEO 1, O ROSAL, PONTEVEDRA

TLF 986 625 031 Y 610 785 248

www.sopersl.com

 

Martes, 12 de xuño de 2018  

Recoñecemento para Jose Antonio Juan Bento

O pasado venres, 8 de xuño, tivo lugar en Baiona a cena que o Comité Técnico de Árbitros da Real Federación Galega de Fútbol celebra cada dous anos.

Nesta ocasión e por unanimidade nas votacións elixiron ao delegado do UD Ribera de Fútbol, Jose Antonio Juan Bento como persoaxe distinguido e quixeron premiar a súa dedicación ao deporte facéndolle entrega dun galardón en agradecemento á súa colaboración cos membros do colectivo arbitral.

O concello do Rosal dá a noraboa a Jose Antonio Juan Bento, Matute, polos logros acadados e pola entrega a esta disciplina.

 

Curso de hortofruticultura no Rosal

A Deputación Provincial de Pontevedra informa do comezo dun curso de hortofruticultura sustentable no concello do Rosal, totalmente gratuíto, que se realizará do 18 ao 22, e o 25 e 26 de xuño, en horario de mañá

Esta acción ten unha duración de 30 horas, das cales 10 son prácticas. Vai destinada a persoas desempregadas e está encamiñada a formar o alumnado en materia de hortofruticultura, sumando así valor engadido á actividade agroalimentaria e fomentando o emprego neste tipo de agricultura sustentable co medio.

Esta acción están enmarcadas no proxecto “Depoverde”, cofinanciado polo programa “Empleaverde” do Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente. Este programa é unha iniciativa da Fundación Biodiversidade para o impulso e a mellora do emprego, o emprendemento e o medio ambiente, e está cofinanciado polo Fondo Social Europeo (FSE) no marco do programa operativo “Emprego, Formación e Educación 2014-2020”.

 

Sábado, 9 de xuño de 2018  

A deputada Montse Magallanes supervisa no Rosal as obras do Plan Concellos da Deputación para a restauración de edificios municipais

A deputada de Emprego, Montse Magallanes, visitou, xunto a alcaldesa María del Carmen Alonso, as actuacións postas en marcha no Rosal coas achegas do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra para a restauración de cubertas en varios edificios municipais. O goberno de Carmela Silva destinou a estas iniciativas 154.334 euros que serviron para a intervención nas cubertas de varios edificios destinados a escolas unitarias, así como á vivenda do centro médico rural de San Miguel.

Os traballos realizados consistiron en tarefas de demolición dos elementos deteriorados, con especial coidado en identificar e substituír os elementos estruturais ocultos que afectaban á funcionalidade e seguridade estrutural. Ademais tamén se recuperaron as cubertas, coa restauración dos taboleiros dos soportes, retellados e reparación ou substitución de chemineas, entre outras actuacións. As escolas unitarias sobre as que se actuou son en Fornelos, Tabagón, Novás, Couso, Marzán, Pías, San Miguel e Simón do Mazo.

A Deputación de Pontevedra destinou o ano pasado ao Rosal preto de 560.000 euros dentro do Plan Concellos. Neste ano, a institución provincial incrementou a contía nun 74,2%, polo que ten posto a disposición deste municipio preto dun millón de euros.

Máis de 3 millóns de euros da Deputación en investimentos no Concello

No que vai de lexislatura, o goberno provincial destinou ao Rosal case 3,1 millóns de euros entre todas as áreas de goberno. En concreto, dende o servizo de Cooperación destináronse máis de 2,1 millóns de euros, entre as partidas destinadas para o Plan Concellos, así como outras achegas distintas para iluminación de espazos, doazón de material para espazos públicos, sinalizacións de rutas ou adquisición de desfibriladores, entres outras actuacións.

Ademais, a área de Cohesión Social e Xuventude achegou ao Rosal 166.701,64  euros para o cofinanciamento dos servizos sociais comunitarios municipais, as axudas básicas de emerxencia e a teleasistencia domiciliaria. Así mesmo, dentro deste eido houbo achegas para distintos programas, como Depotermal, Depo en Marcha, En Ruta coa Depo ou DepoRuarte.

En canto á área de Deportes, O Rosal leva recibidos 57.469  euros, que comprenden achegas para o deporte federado, para a Copa de Fútbol Deputación de Pontevedra, para subvencións de actividades deportivas e para subvencións a categorías nacionais.

Na área de Igualdade, O Rosal beneficiouse de achegas da Deputación por valor de 2.500 euros para o fomento da igualdade de oportunidades e prevención da violencia de xénero, así como para a formación das mulleres da vila no marco do programa “Conectadas”. Neste eido tamén se impulsou o programa “Cinema e Muller” e as mostras “Sorrisos transformadores” e “Mulleres en Acción. Violencia Zero”. En materia de emprego, O Rosal contou con máis de 45.000 euros a través das distintas edicións do Plan de Práctica Laboral impulsado pola institución provincial.

O Rosal recibiu, nestes tres anos de goberno provincial, máis de 85.026 euros no servizo de Cultura. A través destas achegas, asociacións do municipio puideron  promover actividades culturais ou adquirir instrumentos e vestiario. Así mesmo, houbo axudas para as escolas de música, para actividades de dinamización do galego e para rehabilitación e sinalización do patrimonio histórico e cultural, así como achegas polo Ano Castelao ou o Ano Patrimonio.

Dende Medio Ambiente destináronse ao Rosal preto de 16.000 euros para  o mantemento do campo de fútbol de herba artificial da Mata, así como achegas para as cooperativas agrogandeiras. O Goberno de Carmela Silva achegou tamén máis de 4.500 euros ao concello do Rosal en materia de novas tecnoloxías a través do programa SmartPeme e para actividades de Administración electrónica.

Case 590.000 euros chegaron nestes anos ao concello do Rosal a través da área de Mobilidade. As partidas destináronse para obras en viarios, asistencias técnicas para proxectos, rozas e limpezas de estradas, pintados de viarios, sinalización e actuacións do Plan Móvese.

  

A doutora Berta Gontán xubílase no Rosal

O pasado xoves, un grupo de persoas usuarias do centro médico de San Miguel  en representación dos pacientes de Berta Gontán, a alcaldesa e a concelleira de Sanidade do Rosal, fixeron un pequeño recoñecemento á doutora Berta Gontán por todo un labor médico no concello durante 31 anos.

Chegada á hora da súa xubilación, tanto os veciños como o concello deséxanlle que desfrute da nova etapa que vivirá a partir de agora.

Por outra banda, desde o concello desmenten rotundamente a nota que circula nestes días acerca do peche do centro médico de San Miguel. En ningún momento a administración manifestouse neste sentido, e concretamente fontes da Consellería de Sanidade comunicaron que o centro non se pechará, do que se informa para a tranquilidade das persoas usuarias.

Debido ao reaxuste de persoal sanitario na época de verán, durante uns días os pacientes serán incluidos na axenda do Centro de Saúde do Rosal.

 

Venres, 8 de xuño de 2018  

Campanamento de inglés no Rosal

A OMIX do concello do Rosal informa que o Campamento de Inglés de verán terá lugar de luns a venres, do 16 ao 27 de xullo, de 9.30 a 13.30 horas, en instalacións municipais. Dirixido a nenos matriculados no 2017/2018 en Educación Primaria, ten un prezo total de 100 euros. As actividades que se ofrecen consisten en manualidades relacionadas coa arte e a ciencia, cociña, pilates, zumba e distintas disciplinas deportivas pendentes de concretar. Poden participar nenos de tódolos concellos, e a inscrición poderase facer enviando un email a informacionxuvenil@concellodorosal.es.

 

Xoves, 31  de maio de 2018  

A flautista rosaleira Ana Mª Fernández Álvarez, gañadora do IV Concurso de Xoves Intérpretes “Antonio Granja”

O certame, que dende as súas primeiras edicións tiña como obxectivo fomentar entre os alumnos da escola de música o estudio, a superación persoal e a competición sa, converteuse xa, dende a edición pasada, nun referente a nivel galego e nesta ocasión tamén internacional, para os xoves talentos musicais, ao estar aberta a categoría de máis idade, a C, a participantes de calquera procedencia.

Así pois, durante a mañá do pasado domingo 27 competiron 15 intérpretes de toda Galicia e tamén de Portugal polos sete postos dispoñibles na fase final que tivo lugar ese mesmo día ás 19:00 horas. Aparte da contía dos premios (500, 300 e 200 euros), a gañadora do concurso terá nun futuro a oportunidade de actuar como solista coa Banda da Agrupación. Finalmente, e tras unha difícil deliberación debido ao alto nivel de tódolos finalistas, o xurado decidiu concedelo primeiro premio a flautista Ana Mª Fernández Álvarez, o segundo premio o tuba Rubén Fernández Álvarez, irmá da gañadora e ambos procedentes da canteira da nosa escola de música, e o terceiro á saxofonista viguesa Andrea González Pérez.

Na xornada do sábado, destinada a alumnado da propia escola de música ou compoñentes da Agrupación Musical do Rosal os gañadores foron na categoría A, Xiana Aldea González e na categoría B, Laura Riveiro Amorín (ambas saxofonistas), onde tamén obtivo unha mención especial David Pereira Pérez (clarinete).

O concurso, do que este ano se celebrou a súa cuarta edición, fai homenaxe a un dos socios fundadores e principais precursores deste colectivo musical do Baixo Miño, que este ano cumpre 32 anos. Para conmemorar este aniversario a banda de música da Agrupación Musical do Rosal, bauxa a batuta do seu director José Javier Bascoy, ofrecerá este vindeiro sábado día 2 de xuño, ás 20:30 horas, no Auditorio do Rosal, un concerto no que interpretarán un programa variado que de seguro gustará o público asistente, con obras de compositores como Luis Serrano, Rossano Galante, Thomas Doss, José Alberto Pina e Arturo Márquez. A apertura de portas do auditorio realizarase 45 minutos antes da hora de comezo do mesmo.

 

Se pone en marcha la primera escuela de hostelería del Baixo Miño

Dos emprendedoras, Marisol Álvarez y Esther Ruzo, logran poner en marcha, en el Concello del Rosal, su proyecto para la creación de la primera Escuela de Hostelería del Baixo Miño, que contará con espacios para aulas, degustaciones, demostraciones y dos exposiciones permanentes, una de elementos etnográficos  y otra de vinos producidos en la comarca.

Según las promotoras, en la elección para la ubicación del proyecto ha primado la búsqueda de un entorno natural único, como es la senda y los molinos del Río Tamuxe y la concentración de bodegas productoras de la D.O. Rías Baixas en el Rosal.

Pretenden formar a cocineros profesionales para que utilicen en sus recetas productos producidos en la propia comarca, poniendo en valor la alta calidad que tienen las legumbres, las frutas, la carne, el vino o el pescado que se produce en el Baixo Miño, reivindicando al mismo tiempo la cocina tradicional.

En la futura Escuela se impartirán más de 20 especialidades formativas, entre las que se encuentran, además de cocinero, repostero, catering, servicios de bar, cafetería, restaurante o sumiller, el perfeccionamiento de idiomas, especialmente para los colectivos vinculados al turismo.

A corto plazo también se pretende la puesta en marcha del primer Master de cocina galaico-portuguesa, para lo que ya se está negociando con una Universidad privada que se haga cargo de la dirección, supervisión y expedición de la titulación correspondiente y para lo que se pretende solicitar el apoyo de las Eurocidades de Tui y Tomiño y de los respectivos municipios fronterizos.

Al mismo tiempo, pretenden convertir sus instalaciones en un punto de degustación de productos típicos, donde el residente o el visitante, pueda contemplar el elenco de los sabores más importantes que ofrece la comarca.

Finalmente, tratarán de integrar la Escuela, con sus exposiciones permanentes, en la actual Ruta de Pescadores del Río Tamuxe (PR-G112), prolongando el sendero actual desde el Molino das Aceñas hasta el Molino do Rolete.

Las obras de rehabilitación y ampliación, que cuentan con la licencia municipal y el permiso de la Confederación Hidrográfica, se iniciaron esta semana y, según está previsto, finalizarán en el mes de octubre.

Las promotoras destacan la total colaboración que están encontrando por parte del  ayuntamiento de O Rosal y de su alcaldesa, para que el proyecto se convierta pronto en realidad, y también por parte del Grupo de Desarrollo Rural (GDR 14), con sede en Mos, cuya asociación preside la alcadesa de Tomiño, a través del que se ha conseguido parte de la financiación, que puede alcanzar hasta los 200.000 euros.

 

Mércores, 30 de maio de 2018  

Novo mural no Rosal na estrada de Pías-Cumieira

 

Premer na foto

 

A aposta do concello por poñer en valor diferentes espazos do municipio, se amplía nesta ocasión a Pías-Cumieira, concretamente baixo a ponte do Vial no seu trancurso pola Estrada da Devesa, en Pías, que xa loce unha nova apariencia despois do mural realizado por DoctorToy en colaboración con AnaUnga.

A Fonte do Ouro, datada de 1901,  e que aínda dá servizo aos vecinos da zona, é o último dos murais que locen nos espazos públicos desta vila, e que xa forma parte do conxunto formado pola Rotonda da Feira, Pías, Parque do Calvario e Valdemiñotos, coa colaboración de ACOR, e O Picón, e grazas tamén á comunidade de veciños deste barrio.

O proxecto de recuperación dos espazos máis representativos do Rosal continúa con máis iniciativas que en breve se van a mostrar.

 

Sábado, 26 de maio de 2018 

A Agrupación Musical do Rosal celebra esta fin de semana o Concurso de Xoves Intérpretes “Antonio Granja”

Entre o sábado e o domingo terá lugar no Auditorio do Rosal a cuarta edición do Concurso de Xoves Intérpretes “Antonio Granja”, organizado pola Agrupación Musical do Rosal e que naceu coa intención de ofrecer un estímulo máis no estudo dos rapaces da escola de música da Agrupación.

O concurso consta de tres categorías, dúas delas destinadas a alumnado da propia escola de música, mentres que na categoría C participarán intérpretes de toda Galicia e tamén chegados de Portugal. En total nesta edición participarán 35 músicos novos.

Os compoñentes da Agrupación Musical do Rosal, de 10 a 12 anos, participarán na categoría A, que actuarán hoxe, desde as 17.30 horas; os de 13 a 16 anos inscríbense na categoría B, e interpretarán as respectivas pezas a partir das 19 horas, e a terceira categoría, a C, aberta aos intérpretes de 17 a 23 anos de calquera procedencia, celebrarase mañá, domingo, e contará con dúas fases: unha eliminatoria, a partir das 11:00 horas, e a fase final, ás 19:00 horas, onde sete finalistas competirán polos tres premios de 500, 300 e 200 euros, e ademais o gañador terá a oportunidade de actuar como solista coa Banda da Agrupación nun concerto posterior. O concurso trata desta maneira de ser un estímulo a xoves estudantes de música de calquera procedencia, e ten como obxectivo converterse nun referente a nivel galego.

 

Martes, 15 de maio de 2018

Visita do xerente do Consorcio de Igualdade e Benestar ao Rosal

O pasado venres, 11 de maio, visitou O Rosal, Perfecto Rodríguez Muíños, xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, para coñecer as demandas do colectivo da Escola Infantil Galiña Azul, xa que esta escola infantil é unha das que máis solicitudes de matrícula ten. En concreto, para o vindeiro curso 2018/2019 quedaron en lista de agarda, 60 nenos, do Rosal e a comarca.

Á marxe desta cuestión, tamén se estableceron canles de comunicación para varias reparacións e melloras nas instalacións do centro.

 

A Agrupación Musical do Rosal organiza distintas actividades co gallo do Día das Letras Galegas na Praza do Calvario

Co gallo do Día das Letras Galegas a Agrupación Musical do Rosal organiza diferentes actos na Praza do Calvario do Rosal, que no caso de chuvia, estará cuberta cunha carpa.

O día 16 haberá verbena coa participación dos grupos "Coro Fuscalheiro", "QuédeQué" e a actuación de "A Banda da Balbina". Os concertos comezarán ás 22:30 horas e dende ás 21:00 horas poderase degustar Porco ó Espeto a prezos populares, contando tamén con cantina.

O 17, Día das Letras Galegas, haberá actuacións e actividades durante todo o día, para tódolos gustos e tódalas idades. Terán protagonismo os rapaces e alumnado da escola de música da Agrupación, mediante actuacións da Banda Infantil, Coro Infantil, Grupo de Clarinetes Kla-son, música tradicional con Orballo e As nove Alí. Pola tarde estará o grupo "Bemolecontos" que farán disfrutar os nenos coas súas aventuras polo mundo dos libros.

Aparte da compoñente literaria e musical, tamén se intenta fomentar a convivencia entre tódolos membros da Agrupación, grandes e pequenos. Música, contacontos, venda de libros, obradoiros e postos de comida e postres caseiros a prezos populares, co fin de recadar fondos para as actividades que realiza a banda de música durante o ano na escola de música e no colectivo.Tamén contarase nesta edición coa colaboración da asociación de comerciantes ACOR, participando varios establecementos na colocación de postos de venda.

A Agrupación Musical do Rosal vén organizando esta actividade, en colaboración co Concello do Rosal, dende o ano 2006.

 

Sábado, 12 de maio de 2018

El CPI Suárez Marquier, de O Rosal, contará con comedor escolar en el curso académico 2019/2020

Después de la reunión mantenida entre el jefe territorial de Educación, César Pérez Ares, la alcaldesa de O Rosal, Mª Carmen Alonso Alonso, y el inspector de la zona, Carlos Acuña, en el Edificio Administrativo de Vigo, puede adelantarse que en el próximo curso académico 2019/2020, el CPI Suárez Marquier, de O Rosal, contará con servicio de comedor y aula matinal.

En el recinto escolar no existen instalaciones que puedan albergar un comedor, por lo que se propone coómo mejor opción emplear la nave taller colindante, propiedad del ayuntamiento, para llevar a cabo esta iniciativa. Para tal fin es preciso adecuar el edificio a la normativa vigente en materia de comedores escolares, por lo que el ayuntamiento de O Rosal asumirá el proyecto de mejora, las obras y los materiales precisos, y la Consellería se comprometió a firmar un convenio en el que se recojan sus competencias.

El aula matinal es otro de los proyectos que se llevarán a cabo en estas instalaciones. Las aulas matinales o aulas madrugadoras, son espacios en los que las familias pueden dejar a sus hijos antes del inicio del horario escolar.

Estas iniciativas surgen después de varios años persiguiendo este proyecto. Tanto la ANPA, el centro educativo, como el propio ayuntamiento en su compromiso por facilitar a las familias rosaleiras la posibilidad de conciliar su vida familiar, laboral y personal, por fin alcanzó la autorización de la administración para poder llevar a cabo este proyecto.

 

Xoves, 10 de maio de 2018

Visita de Nava Castro ao Rosal

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, visitou O Rosal para ver os avances dos últimos traballos levados a cabo nos Muíños do Folón e do Picón, un dos preto de 700 Bens de Interese Cultural (BIC) que están catalogados no conxunto da Comunidade galega e onde se vén de mellorar a experiencia dos visitantes que se achegan a coñecer este recurso turístico.

Ao abeiro da colaboración de Turismo de Galicia co concello do Rosal, o goberno galego investiu na posta en valor turística desta área xa máis de 250.000€ que posibilitaron a creación dunha área de recepción, aparcadoiro e bancadas ao aire libre para facilitar o traballo dos guías turísticos. Os últimos avances inclúen a construción dun quiosco na zona de recepción para dotar de maior comodidade a visita e tamén se colaborou para poder sinalizar o acceso por estrada a este BIC.

Coa súa presenza, Nava Castro puxo en valor o papel que a actividade turística está a ter á hora de conservar e manter os BICs en Galicia, dos que máis de 300 están nesta provincia pontevedresa. "Os Muíños do Folón e do Picón son un recurso cun potencial turístico innegable como demostra que sexa considerado como un complexo histórico, etnográfico e único en Europa", explicou Nava Castro.

Neste sentido, referiuse ao turismo cultural como un dos segmentos turísticos cun maior potencial de crecemento, só superado pola paisaxe e a gastronomía. Recursos como os BICs permiten afondar no seu impulso á vez que favorecen economicamente as zonas nas que se sitúa, especialmente no rural, converténdose en elementos clave para desestacionalizar e atraer visitantes que xeren sustentabilidade económica e ambiental.

Con esta iniciativa o Goberno galego dá resposta ao seu compromiso, incluído na Estratexia do turismo de Galicia 2020, por facer da Comunidade un destino de calidade, sustentable, responsable, diversificado e accesible, posibilitando que os concellos de toda a xeografía galega poidan recuperar os seus mellores recursos diferenciadores.

 

Xoves, 3 de maio de 2018  

Excursión a Cambados organizada organizada por Mulleres en Igualdade do Rosal

            La Asociación de Mulleres en Igualdade, de O Rosal, organiza el 19 de mayo una excursión a Cambados, a cargo del programa “en Ruta coa Depo”, para cuya participación las personas interesadas se inscribirán, antes del 8 de mayo, llamando al número 689 1542 720.

            El precio, 12 euros, incluye la comida, y el itinerario recorrerá el Museo Etnográfico e do Viño, las ruinas de Santa Mariña Dozo, el conjunto histórico de Cambados, la visita a la bodega del pazo de Fefiñáns, con degustación, y el Museo Muíño de Mareas da Seca.

 

Sábado, 28 de abril de 2018  

Protección Civil do Rosal recibe o material necesario para o seu labor

Recentemente púxose en funcionamento o novo servizo de Protección Civil no Rosal, que vén de recibir o material necesario para poder participar nas diferentes actuacións nas que son solicitados.

Desde o concello, agraceden a colaboración de todas as persoas voluntarias, xa que sen o seu esforzo e dispoñibilidade non se podería ofertar este servizo.

Os voluntarios de Protección Civil son: Lucía, Walter Adrián, Facundo Adrián, Manuel Prudencio, Jaime, Adrián e Rafael. Aos que hai que engadir Luis, Alberto, José Manuel e Serafín que ainda que están pendentes do curso reglamentario esixido, son case parte do grupo.

 

Venres, 27 de abril de 2018  

Cursos de Reposteria no Rosal

Premer na foto

 

O Concello do Rosal vén de rematar dous cursos de repostería nos que participaron 30 persoas, que realizaron bizcoitos lixeiros e pesados para montaxe de tartas, pastas e galletas, salsas e recheos, chocolates e bombóns, coulants e brownie, semifríos e babaroises, entre outras elaboracións.

As persoas interesadas en facer este ou outro curso de cociña poden anotarse no concello para vindeiras edicións.

 

Mércores, 11 de abril de 2018  

A Agrupación Musical do Rosal convoca o concurso musical Antonio Granja

O concurso de Xoves Intérpretes “Antonio Granja”, convocado pola Agrupación Musical do Rosal, que xa ten aberto o prazo de inscrición ata o próximo 27 de abril, naceu coa intención de ser un estímulo máis no estudio dos alumnos da escola de música da Agrupación Musical do Rosal. O concurso leva o nome de “Antonio Granja” en agradecemento a este socio fundador, pola súa inestimable dedicación á Agrupación Musical do Rosal dende a súa creación.

A cuarta edición terá lugar o 26 e 27 de maio no Auditorio do Rosal, e unha vez máis conta cunha categoría aberta a xoves participantes, de entre 17 e 23 anos, de calquera procedencia, que optarán a premios de 500, 300 e 200 euros, e como aliciente especial o gañador gozará da oportunidade de actuar como solista coa Agrupación Musical do Rosal nun concerto posterior.

Para este colectivo musical, esta convocatopria supón un gran esforzo organizativo e económico, que conta cos apoios do Concello do Rosal, a Fundación O Rosal e a Comunidade de Montes de Santa Mariña, aparte de empresas e comerciantes da contorna.

Ver Bases.

 

Venres, 6 de abril de 2018  

O BNG do Rosal consegue que o Concello se comprometa a buscar nas dependencias municipais varios elementos do patrimonio

No pleno do mes de marzo o grupo municipal do BNG presentou unha moción na  que se achegaban datos sobre varios elementos do patrimonio rosaleiro desaparecidos desde hai xa anos e que, segundo a testemuña de varios veciños, foran retirados da súa localización por operarios municipais para proceder á súa restauración sen que volvera a saberse deles. Trátase concretamente das cruces de Parada (Novás) e da cruz do Couso.

A portavoz municipal do BNG, Ánxela Fernández Callís, defendeu a moción conseguindo o compromiso da alcaldesa de buscar e volver a colocar as citadas cruces, se ben dixo descoñecer o feito de que a cruz do Couso tivera desaparecido.

 

La Guardia Civil investiga a un vecino de O Rosal por destruir un yacimiento arqueológico

El Servicio de Protección de la Naturaleza (Seprona) de la Guardia Civil investiga a un vecino de O Rosal como presunto autor de un delito contra el patrimonio histórico, por la supuesta destrucción de un yacimiento arqueológico conocido con el nombre de Mina de As Medas, en el municipio de O Rosal.

Las investigaciones se iniciaron a raíz de una denuncia presentada ante la Guardia Civil en la que se ponía en conocimiento el movimiento de tierras que se estaba produciendo en el enclave de una antigua mina aurífera situada en el lugar del mismo nombre.

La patrulla del Seprona de Tui pudo comprobar que, en efecto, se estaban realizando trabajos de excavación en la zona donde se encontraba la mina, para retirar la tierra y utilizarla de relleno en las obras de la carretera PO-353 que discurre por el mismo municipio.

Una vez constatado que el yacimiento afectado se encuentra inventariado como Ben de Interese Cultural en el Servicio del Patrimonio Histórico de la Xunta de Galicia y que, además, la excavación carecía de la preceptiva licencia de obra urbanística de obra menor para movimiento de tierras, se le notificó a su responsable la condición de investigado como presunto autor de un delito contra el patrimonio histórico.

Las diligencias instruidas por el Seprona se entregaron en el Juzgado de Instrucción de Guardia de Tui.

 

Mércores, 4 de abril de 2018  

Feira da Camelia do Rosal

Este ano na Feira da Camelia do Rosal exporanse ata 400 variedades de camelias. con venda de productos derivados: perfumes, xabóns e aceites, todos artesanais. Tamén contarase con exhibicións, presentación de produtos, obradoiro de mosaico, e outras actividades,  que farán desta fin de semana unha cita obrigada ao Salón de Exposicións da Praza do Calvario.

Horarios:

7 de abril sábado apertura e presentación ás 13.00h e pola tarde de 16.00 a 20.00h

8 de abril domingo de 10.00-13.00 e  pola tarde de 16.00-20.00 h

Obradoiro de mosaicos: domingo pola mañá, previa inscrición no concello.

 

Martes, 3 de abril de 2018  

Raquel Queizás acudiu á Biblioteca do Rosal

Onte, co gallo do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, Raquel Queizás estivo na Biblioteca Municipal do Rosal para contar o conto “A viaxe de Nano, contos para bebés” aos pequenos da Escola Infantil Galiña Azul do Rosal.

Preto de 40 nenos, con idades entre 1 e 3 anos, desfrutaron do conto en compañía do profesorado e dos pais e avós que se divirtiron durante a hora que durou o espectáculo.

Raquel Queizás é unha das mellores contacontos de Galicia. Ela mesma di que a súa paixón pola narración oral, pola lingua, pola lectura e polo teatro nace das historias que escoitaba aos seus avós.

Esta contacontos estivo en dúas ocasións en apenas 15 días no Rosal. Na Sinfonía das Fábulas no Auditorio Municipal, o pasado 18 de marzo, e onte mesmo no Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil.