PORTADA

NOTICIAS  

A GUARDA

TUI

O ROSAL

OIA

TOMIÑO

BAIXO MIÑO

LOCAL

OUTRAS NOVAS

DEPORTE

AXENDA

NECROLÓXICAS

ENTREVISTAS

COMUNICADOS

PORTUGAL

HEMEROTECA

PÁXINAS

 REPORTAXES

CONCELLO DA GUARDA

RÚAS DA GUARDA

VARIA

FOTOSAYER

FOTOS LECTORES

PATRIMONIO arquivo e documentación

XENTES de Ribadavila

Calendario

ENLACES

 
 
 

 

galiciasuroeste                                   José Luis Lorenzo Rodríguez

“Mascarenhas” traballa nun segundo disco que se publicará na vindeira primavera e que incorpora composicións inédidtas do director dedicadas a lugares da Guarda

            Nun pequeno despacho de “usos múltiples”, acompañado de acordeóns, atopamos a José Luis Lorenzo Rodríguez, xa unha institución guardesa no eido musical, ben coñecida dentro e fóra da Guarda. Fundador e director do Coro Arpegios, unha formación de voces brancas que ten levado o nome da Guarda por distintas cidades galegas e outras localidades de España, e tamén de Portugal. Fundador e director da Asociación Musical Mascarenhas, grupo de acordeón que vén xa de abril de 1997 e que editou, en 2003, o seu primeiro traballo discográfico baixo o título “Mis recuerdos”, nome dunha das composicións recollidas no mesmo.

            José Luis, máis coñecido na Guarda polo segundo apelido, Rodríguez, traballa cos demais membros de Mascarenhas nun novo proxecto discográfico que podería estar listo na primavera de 2007.

           

José Luis, recentemente comezástedes a traballar nun novo disco. ¿En qué estudos o estades a gravar?

            Nesta ocasión o estamos gravando en Vigo, en Area Master.

 

Xa está determinado o número de temas que van dar contido ao CD?

            En principio barallamos entre dez e doce temas.

 

No primeiro traballo, editado en 2003, atopamos composicións do director. ¿Imos ver novidades tamén nesta segunda gravación?

            Si. Hai unha que incluso, a día de hoxe,  aínda non ten nome, un pasodobre da miña autoría para o que andamos a barallar título. Hai tamén tres jotas, de estilo galego, que levan o nome de “Jota de Camposancos”, “Foliada de Buxán” e “Jota do Facho”. Decidinme por nomes de lugares nosos que me encantan e dos que gusto pasear por eles. É un recordo a eses lugares.

 

Composicións propias do director de “Mascarenhas”

            Si; son miñas.

 

E que aínda non se estranaron diante de público

            Non; son inéditas. O pasodobre, sen nome, foi executado unha vez, co gallo do peche do Cine Avenida. Pero non era a partitura definitiva, aquilo foi unha mostra, moi lixeira, do que xa é hoxe o tema depurado.

 

Falemos de datas da presentación. ¿Hai algún día concreto xa marcado no calendario de “Mascarenhas”?

            En principio gustaríanos presentalo en abril ou maio do ano que vén, porque cumprimos dez anos de traballo musical con “Mascareñas”, e no Aniversario, coas actividades que organicemos, quixéramos celebralo con este CD; estrenar disco.

 

Xa que falamos de Aniversario, ¿como foi evolucionando a formación que vostede dirixe?

            Comezamos sendo seis compoñentes, seis principiantes que empezaban a tocar. Eu levaba un ano ou ano e medio con este proxecto, fómonos motivando, e aí empezamos facendo presentacións, algunha actuación e ao longo destes dez anos entraron novos compoñentes, outros tiveron que deixar o grupo, e nestes momentos estamos con dez membros, dez acordeonistas.

 

E daquela primeira formación ¿cantos siguen?

            Mantéñense dous e o director.

 

Asemella que tocar a acordeón é complicado.

            Sí, ten as súas complicacións, pero como todo. Ao ser un instrumento con dúas claves e ser un instrumentos reducido, e a veces queremos interpretar obras que teñen certa dificultade, aumenta a complicación. Pero ben, todo ten o seu matiz e a súa forma de empezar, e todos podemos chegar ao nivel que desexemos. Tampouco é necesario acadar un alto nivel para tocar o acordeón.

 

¿Canto tempo se precisaría dedicarlle semanalmente ou diariamente a este instrumento?

            Un principiante que se queira iniciar neste instrumento musical debería dedicarlle, polo menos, unha hora diaria de execución, de traballo, a parte das clases. Creo que eso pasa con outros instrumentos tamén.

 

¿Está nos conservatorios o acordeón?

            Por exemplo no País Vasco, está xa nos conservatorios; en Pamplona, tamén. En Galicia temos un conservatorio para estudar acordeón creo que en Ourense. O acordeón foi evolucionando e incorpora varias modalidades. Nós nos iniciamos no acordeón-piano e, na asociación, temos tamén un programa de estudos propio, basado en outros programas dos que quitamos o que nos interesa e que aplicamos nas nosas clases para que os participantes, os alumnos que se inician, vaian orientados, e non que aprendan a tocar libremente, senón baixo unha orientación.

 

¿E nos recordas, José Luis, a orixen do nome do grupo?

            Eu fun alumno da Academia de Artes Mario Mascarenhas, no Brasil, onde me diplomei, e onde tamén estudou algún dos que foron compoñentes deste grupo. Os alumnos do noso grupo aprendían este instrumento con aquel sistema co que eu me formei en Brasil, e, no momento de buscar un nome pensamos que nos estabamos a formar co sistema de Mario Mascarenhas e, tamén como homenaxe a esa persoa que foi un gran músico a través da acordeón, e un gran promotor da música española por toda a América do Sur, con centos de edicións de música española, e non había concerto no que o propio Mario Mascarenhas non interpretase obras españolas, como as “Bodas de Luis Alonso” ou “España cañí”, “Si vas a Calatayud”, pasodobles que el transcribira para acordeón, entón en homenaxe a todo ese labor, a todo ese traballo, démoslle a esta Asociación Musical o nome de “Mascarenhas”.

 

Se alguén desexa integrarse no Asociación Musical “Mascarenhas”, ¿que ten que facer?

            Sen ningún problema achegarse a nós, e se ten as cualidades suficientes para entrar no grupo, xa pasa a formar parte do mesmo; en caso contrario terá que pasar por unha preparación, antes de incorporarse a esta formación.

 

¿Hai unha idade máxima da que se poida dicir: mira, ti é mellor que non te dediques a esto...

            Non, non, non. Dependendo das pretensións da persoa: se o interesado pretende avanzar nun curso e adquirir unha técnica, loxicamente a idade inflúe; a mellor idade é a da mocidade. Pero se desexa tocar algunhas cousas, compartir cos amigos, eso non ten idade, de feito hai xente con sesenta anos aprendendo a tocar o acordeón.

Novembro, 2006