21/01/2013

     

    

Zurrumalla no restaurante Arruaz (A Guarda)

 

Zurrumalla congregou no restaurante Arruaz a un público incondicional da música tradicional galega

 

            O Restaurante Arruaz, no porto da Guarda, foi o escenario da sesión vermut protagonizada polo grupo Zurrumalla o domingo, 20 de xaneiro. Nun ambiente distendido, familiar e con moita “química” disfrutando, nas horas previas ao xantar, da música en clave galega seguida por un público incondicional que disfrutou co ambiente creado en torno a Zurrumalla.

            Ángel Baz, en nome do restaurante, agradeceu a presencia do público e salientou a aposta do Arruaz pola música tradicional fronte a outras propostas. Agradeceu asemade a presenza de Zurrumalla neste encontro coa música galega e animou a disfrutar da velada na que non faltaron os bailes protagonizados por algúns dos clientes do Arruaz.

 

Outra forma de ver a reportaxe: premer na foto

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

"Gong"

tamén pasou

pola Guarda

 

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2012

 

 

Reportaxes dos lectores

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com