25/08/2013

     

    

Tino Baz e Xan López

Música e Escultura

 

A voz de Tino Baz e Xan López envolveron a obra escultórica de Xoán Piñeiro nunha homenaxe musical

 

            A Casa dos Alonso acolle, ata o 1 de setembro, a obra “Taller e Artista” de Xoán Piñeiro, unha mostra antolóxica, que vai máis alá da clásica exposición para trasladar o “espíritu” do escultor a un espazo concreto e revivir os momentos íntimos dun artista coa súa obra recreando, tamén, o taller no que Piñeiro desenvolveu o seu traballo.

            Tino Baz e Xan López, co apoio de Manolo Álvarez, excompoñentes de Treixadura, puxeron os sons sensibles da zanfoña, e envolveron coa voz a obra do egrexio artista goianés, nun acto que convocou o domingo, día 25, arredor dun cento de persoas que quixeron disfrutar dun acontecemento que poucas veces se conxuga: escultura e música.

            As fillas do recordado escultor, presentes neste acto, no que tamén estiveron os concelleiros de Patrimonio e Cultura, Javier Crespo e Antonio Lomba, non puideron disimular a emoción que supuxo esta homenaxe musical ao pai-artista. Eran os ollos de Cuqui e de Belén, un poema de bágoas contidas, e foi un emocionado abrazo aos músicos a forma de agradecerlles, desde o corazón, a súa colaboración desinteresada nesta homenaxe.

 

Outra forma de ver as reportaxes: premer nas fotografías

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Desfile das

Festas do Monte,

por MILO BAZ

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2012

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com