01/03/ 2010

     

    

RESIDENCIA

MONTE TECLA

A pegada de Xynthia no Baixo Miño

Reportaxe: Agustín Ferreira Lorenzo

anterior    seguinte

    

 

Volco dunha furgoneta na Ponte da Amizade (Goián)

 

 

 

 Na Ponte Internacional da Amizade, que une Goián con Vila Nova de Cerveira, producíase, o sábado, día 27, un grave accidente que a punto estivo de causar unha traxedia. Ás 17.50 horas un ramalazo de vento ocasionou o aparatoso volco dunha furgoneta portuguesa que ía cara Vila Nova e que foi bater contra un vehículo galego que viña de fronte, en dirección Goián, ocupado por un matrimonio e unha filla de curta idade. Aínda que os ocupantes deste último vehículo saíron ilesos, o condutor da furgoneta sangraba polo nariz e por unha man pero aparentemente o seu estado non parecía presentar gravidade. O accidente puido ser pior, pois a ráfaga de vento empurrou a furgoneta cara á esquerda e, a dicir do condutor do turismo, de non colidir contra o seu coche, é moi probable que mesmo caese ao río. Ao lugar dos feitos acodiron a policía portuguesa, unha ambulancia e os bombeiros que tiveron que estar traballando na zona  por espazo de dúas horas.

 

Vallas publicitarias do Campo de Fútbol de goián

 

 

En Goián, as vallas do campo de fútbol quedaron seriamente danadas, como se pode apreciar nas fotografías

 

Camposancos

 

Tamén, unha das vallas publicitarias da senda peonil existente na baixada á praia de Camposancos, foi ter ao chan

 

 

No piñeiral da praia de Camposancos, algunhas árbores tamén sufriron os efectos do Xinthia

 

Zona dos Observatorios de Salcidos

 

Nun día no que a alerta vermella por mor da chamada cicloxénesis explosiva, bautizada co nome de Xinthia, filxo que todos extremáramos as precaucións, os membros de Anabam percorrero algunhas das paraxes máis próximas do Baixo Miño. Unha delas foi a ribeira do Miño, en Camposancos e Salcidos, onde puidemos comprobar que, no primeiro dos lugares citados, a auga mesmo chegaba á estrada da Pasaxe, fronte ao antigo colexio dos xesuítas. Pero onde estaban as imaxes máis impactantes da crecida do río, debido a apertura das comportas da présa de Belesar (Ourense), a auga que baixa das ducias de afluentes e da marea alta, era na marisma de Salcidos. Na Xunqueira, a superficie estaba totalmente anegada cunha subida de máis dun metro e medio con respecto ao nivel medio do río. Un espectáculo que motivou a presenza de moitas persoas que inmortalizaron a escena coas cámaras fotográficas. Nin que dicir ten que o camiño que conduce dende o Forno do Duque ata a pista de San Roque na Xunqueira, era practicamente intransitable, con algúns traxectos no que a auga chegaba a ela.

 

 

 

anterior    seguinte

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Última reportaxe

 

María José presentó  su primer disco

   

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2010

 

Índice reportaxes 2009

 

Reportaxes dos lectores

 

Novas/avisos/outras

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com