09/06/ 2017

     

 

 

 

Xuntanza de asociacións guardesas

por Victoriano da Ghoreña

Xuntanza de colectivos da Guarda para organizar unha mostra dos mesmos ó rematar o verán

Por iniciativa de Elena Baz, concelleira de Cultura do Concello da Guarda, e coordinadas por Patri da OMIX, téñense celebrado varias xuntanzas cos colectivos socioculturais guardeses cara a realizar unha Mostra Asociativa os días 30 de setembro e 1 de outubro, no Centro Cultural e contorna, para dar a coñecer os labores realizados polos diferentes colectivos da Guarda, e que comprenderán a colocación de stands, charlas/coloquios, actuacións e clases maxistrais entre outras propostas, promovidas por AA V O Percamino, Conrazones, Erguete Baixomiño, Studio88, A Jalleira, Cruz Roja, Do-Majó, Agrupación Musical da Guarda, Hockey Liña, Xida, Vento Mareiro, Agrupación Cultural Guardesa, Lusco-Fusco, Fuscalho, Fibromialgia, Redeiras, Coro Cantabile e Grupo Antorcha, e outros que se están a incorporar, como Sporting Guardés, Mascareñas, San Xerome EM. C. Judo Baixomiño, CR Robaleira e Avelaiña.

 

(Para ver fotos, premer na imaxe)

 

 

Reportaxe anterior

 

Procesión de San Antonio

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2016

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com