07/04/2018

     

 

 

 

15 Anos de Xamaraina 

 

 Máis de 200 persoas asisten aos actos do 15º Aniversario de Xamaraina

 

Premer na foto para máis imaxes

 

 

            Xamaraina celebrou o 7 de abril os 15 anos de existencia nun Centro Cultural da Guarda no que se congregaron máis de 200 persoas, entre os que se atopopaba unha representación da Corporación da Guarda e persoas vinculadas ao mundo asociativo da localidade.

            Arroupando a Xamaraina, distintos colectivos, entre eles o grupo de gaitas A Boalleira, así como integrantes dos grupos que dirixe Elena Baz, fundadora e directora de Xamaraina, e que foi a encargada de presentar as diferentes coreografías que se presentaron neste acto no que, entre actuación e actuación proxectáronse vídeos de diferentes momentos de Xamaraina.

            A celebración dos 15 anos de Xamaraina concluíu cunha entrega de recordos, elaborados por Avelaíña, aos grupos participantes neste acto de aniversario.

 

 

 

           

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Domingo de Ramos na Guarda

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com