13/10/12

     

    

PR-G119. Ruta do río Xabriña

 

Case cen sendeiristas da Guarda percorreron o PR-G119 que segue o curso do río Xabriña

 

            Preto dun centenar de sendeiristas percorreron, o sábado 20 de outubro, o PR-G119, Ruta do río Xabriña, no concello de Covelo, nunha xornada marcada por una climatoloxía que se aliou cos camiñantes que disfrutaron dunha paraxe excepcional rica en contidos naturais, etnográficos e paisaxísticos.

            Houbo, nesta ocasión, tempo nun dos autobuses, para cantar o Cumpreanos feliz a Rosa Rouco, a quen coincidiu a xornada de sendeirismo co aniversario, obsequiando aos compañeiros de viaxe cunha deliciosa sobremesa caseira, de verdade que “de vicio”.

            “Almiñas”, cruceiros, igrexas, pontes e pontellas, muíños, algún posto a funcionar polo seu dono que invitou pasar ao interior aos ruteiros; corredoiras, sendeiros con exhuberante e variadas vexetación (breixos, castiñeiros, carballos e loureiros, por citar algunhas especies), parrais, o Pozo do Demo e mesmo o río Tea, constitúen un reclamo singular que convida a volver a quen fai o percorrido por primeira vez. O sendeiro está perfectamente sinalado, e só é cousa de seguir as marcas que indican a ruta a seguir nun ciurcuíto de, aproximadamente, 18 quilómetros de percorrido.

 

Outra forma de ver a reportaxe: premer na foto

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Aymerich

(BNG)

na Guarda

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2011

 

 

Reportaxes dos lectores

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com