25/11/2013

     

    

A Guarda con Víctor

  

Víctor converteu a Alameda da Guarda nunha festa

 

            Unha vintena de formacións musicais da comarca do Baixo Miño participaron desinteresadamente no festival celebrado o domingo, 24 de novembro, na Alameda da Guarda para recadar fondos destinados a mercar un andador especial, que ten un custe duns 7.000 euros, ao neno Víctor que sufre unha enfermidade rara coñecida como leucodistrofia sudanófila, e que tamén precisa recibir terapia cun custe de 4.000 euros.

            A Guarda, e distintos colectivos da comarca, citáronse desde ás tres da tarde na Alameda para colaborar e arroupar a Víctor, convertendo este espazo nunha festa. Todos os obxectos sorteados, e as vendas de lambetadas, cafés, chocolate, refrescos, castañas; artesanía, camisetas, e un longo etecétera, foron doados por particulares ou distintos establecementos, destinándose a totalidade da recadación para os obxectivos sinalados.

            A Asociación Cultural Xida foi o colectivo organizador deste evento, no que tamén colaboraron desinteresadamente unha empresa que aportou un hinclable e outra que facilitou o equipo de son. As 5.000 rifas que se fixeron para o sorteo de diversos lotes de produtos, incluidas dúas cestas de Nadal, esgotáronse horas antes do sorteo, pero algúns dos que as mercaron volveron a donalas á organización para que as puxeran de novo á venta.

            Hai que dicir que os alimentos sobrantes foron doados pola organización á Asociación San Vicente de Paul, para a súa distribución entre as familias con necesidade ás que axuda este colectivo.

 

Outra forma de ver a reportaxe; premer na foto

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Concerto de Santa Cecilia da A.M. da Guarda

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2012

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com