13/10/12

     

    

Certame de fotografía Viaxando

 

O concelleiro de Cultura da Guarda e representantes das OMIX entregaron o premio do certame de fotografía Viaxando

 

O pasado venres, 19 de outubro, entregouse no concello da Guarda o premio do Certame de Fotografía Viaxando, que promoven as OMIX de A Guarda, Baiona, O Rosal, Tomiño, Gondomar, Porriño, Salceda de Caselas e a Casa da Xuventude de Tui,  e ao que se presentaron 50 fotografías con instantáneas logradas en distintos países de diferentes continentes, aínda que os autores pertencen ao ámbito galego, que aproveitaron as viaxes realizadas para obter as fotografías que decidiron con posterioridade presentar ao certame Viaxando.

            No acto de entrega participaron as representantes das OMIX da Guarda, O Rosal e Baiona, asistindo tamén o concelleiro de Cultura da Guarda, Antonio Lomba, que entregou o premio, un tablet de última xeración, á gañadora desta edición, Yolanda Gómez Fernández, de Nigrán, que presentou  “LLuvia en Oxford Street”.

            Coincidindo coa entrega do premio, inaugurouse esta mostra fotográfica que pode xa visitarse na Casa do Concello da Guarda, durante o horario en que están abertas as dependencias municipais.

 

Outra forma de ver a reportaxe: premer na foto

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Ruta PR-G119

Ruta do

río Xabriña

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2011

 

 

Reportaxes dos lectores

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com