17/07/2013

     

    

Procesión da Virxe do Carme

 

Os actos relixiosos en honra á Virxe da Carmen congregan a numerosos fieis no porto da Guarda

 

            Máis  dun milleiro de fieis acudiron á esplanada do porto da Guarda para asistir aos actos relixiosos da festividade da Virxe da Carmen, converténdose así esta cita nunha das que cada ano congrega a un maior número de fieis.

            Acompañada da Corporación, presidida polo alcalde, José Manuel Domínguez Freitas, e autoridades de Mariña, así como pola banda da Agrupación Musical da Guarda, ao once da mañá saía a imaxe do templo parroquial levada en procesión até o porto. Nenos de Primeira Comuñón e os <anxiños> participaron tamén neste encontro relixioso cuxa misa solemne, cantada polo Coro Arpegios Cantabile, dirixido por José Luís Lorenzo Rodríguez, e ao teclado Lucía Alonso, foi cooficiada polo párroco da Guarda, Jesús García Villadóniga; o somasco, Pai Vidal, e o delegado de Vocacións da diocese de Tui-Vigo, Juan Diz Miguélez, quen na homilía referiuse ás dificultades dos mariñeiros, á soidade pola ausencia familiar, ao seu esforzo e á crise.

            Durante a Misa, dous nenos fixeron a súa Primeira Comuñón, finalizando os oficios relixiosos con a Salve Mariñeira.

            Emotivo foi, unha vez máis, a Ofrenda Floral, cando se deposita unha coroa de flores no mar, en memoria de todos aqueles que perderon a vida faenando.

            A imaxe da Virxe da Carmen regresou de novo á parroquial da Asunción de Santa María, en procesión.

            Pola tarde, nunha xornada declarada festivo local polo Concello, celebráronse as tradicionais regatas de <gameliñas> e concluíu o día co concerto da Coral Polifónica Baiona A Real.     

 

Outra forma de ver a reportaxe: premer na foto

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Festival de Baile Moderno de Xamaraina

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2012

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com