09/12/2013

     

    

Vamolandando Teatro

 

Vámolandando encheu o salón de actos do Centro Cultural ca representación dunha obra de Darío Fo

 

            Unhas 240 persoas asistiron, o venres, 6 de decembro, á representación de “Aquí non paga ninguén”, obra de Darío Fo, representada polo grupo de teatro afeccionado “Vámolandando”, baixo a dirección de Álex Sobrino.

            Oito actores subiron ó escenario para dar vida a unha comedia na que dúas amas de casa se rebelan contra a situación económica imperante nunha sociedade na que os que menos teñen, aínda teñen menos. A obra, aínda que escrita hai máis de 40 anos, está hoxendía en plena vixencia.

            Unha vez máis o teatro constátase que ten na Guarda un público fiel e que goza de boa súa, como o demostra cada representación que se propón aos espectadores.

 

Outra forma de ver a reportaxe; premer na foto

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Presentación de "Flores para Amalia"

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2012

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com