01/05/2013

     

    

Vandalismo no C.R. Robaleira

 

Danos valorados nuns 2.000 euros nas instalacións do C.R. Robaleira

 

            O vandalismo, que non os cacos, foron nesta ocasión os autores de diversos danos nas instalacións do Club de Remo Robaleira da Guarda, que supoñen, nunha valoración inicial, unha contía duns dous mil euros.

            Os vándalos puideron acceder ao interior do recinto a través dunha das xanelas exteriores, e unha vez dentro baleiraron os extintores, esnaquizaron algunhas das pantallas de medida dos aparellos ergómetros e sacaron ao exterior un destes aparellos, que foi o que serviu para <advertir> do que ocorría.

            Mentres os remeiros de Robaleira competían en Cantabria, na noite do sábado ao domingo (28 ao 29 de abril) os vándalos pasaron ao interior das instalacións para producir unhas desfeitas que puideron ser maiores de poder acceder ao pequeno salón de actos.

            O domingo, pola mañá, un veciño atopou un aparello de remo ergómetro tirado nas proximidades da pequena pista polideportiva, próxima á Atalaia, comunicándoo aos directivos de C.R. Robaleira que se atopaba en Santander. Inmediatamente, vía telefónica, contactaron con outro directivo, que recolleu o aparello e xa advertiu os danos interiores. Segundo o presidente do Club, a limpeza das instalacións, pode ascender a uns 800 euros, e as cinco pantallas medidoras dos aparellos ergómetros, alcanzan no seu conxunto uns 1.250 euros.

 

Outra forma de ver as reportaxes: premer na foto

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

O avó de

Tui cumpriu

106 anos

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2012

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com