04/03/2014

     

    

Utingal: empresa punteira

Reportaxe: Beti Rey

 

A empresa tudense Utingal realiza en Tui pezas para as firmas aeronáuticas  Airbus e Embraer

O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, visitou a empresa tudense Utinga na compaña do alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, o director xeral do IGAPE, o xefe territorial de Economía e industria e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra entre outros.

Jesús González, presidente de Utingal, deu conta dos proxectos nos que traballan na actualidade para as empresas Embraer e Airbus.  En concreto en Tui se constrúen as portas do tren de aterraxe do A320, así coma os rudders do J170 e o mecanizado en pel das ás traseiras do J190 de Embraer. Amais en 2016 comezarán a produción de rudders e splits para Embraer tras rematar o proceso de desenvolvemento das pezas que están levando a cabo na actualidade. Os próximos obxectivos, explicaba Jesús González, son conseguir novos proxectos destas dúas firmas.  De ser así agardar poder continuar incrementando a plantilla que pasou de 21 traballadores en 2012 e 45 neste 2014.

O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, explicou coma Utingal é un exemplo de como adaptarse ás novas realidades, xa que a empresa comezou no sector da automoción e se dedica agora ao sector aeronáutico. Indicaba Francisco Conde coma o sector  aeronáutico é un dos sectores de maior proxección en Galicia, engadindo que “é presente con máis de 450 empregos”.

Tamén afirmou que hai que facer unha aposta pola formación, a certificación e a innovación.

O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, salientou coma Utingal é unha empresa pioneira no sector da aeronáutica, agradecendo á Xunta de Galicia o seu apoio a empresas como estas. Afirmou o rexedor como dende Tui, tal e coma demostra esta empresa se pode traballar ao máximo nivel, con innovación, e xerando amais postos de traballo na localidade.

  

 

  

  

 

 

  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Regata Miño Internacional en Tui

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2012

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com