03/01/2013

     

    

Armario de la Tita

 

 

El ”Armario de la Tita” unha iniciativa posta en marcha en Tui por dous desempregados que desexaban esquecer a súa situación

 

En tempos de crise, e cando o paro se ceiba sobre os traballadores, algúns matinan un especial xeito de saír desta situación botando man de iniciativas singulares que poñan remedio ao desemprego que sofren.

E eso foi o que fixeron a tomiñesa, natural de Amorín, Mari Carmen Álvarez González, e o seu compañeiro, José Luis López Sebastián. Alugaron un baixo na rúa Coruña de Tui, moi preto da oficina de Correos, e abriron o “Armario de la Tita”, unha tenda de 2ª man na que se pode atopar roupa, calzado, xoguetes, libros, menaxe, bisutería, bolsos, complementos e un longo etcétera desde 50 céntimos (calzado) ata a peza máis cara, 100 euros, un vestido de noiva. Entre esas cantidades, hai unha gran variedade de prezos e oportunidades, e por un só euros pódense mercar blusas, camisas, camisetas, pantalóns e xerseis de neno, xerseis finos de muller, xoguetes e calzado, por mencionar algunhas posibilidades.

Todo en bo estado, coidado, como novo.

A idea, conta Mari Carme, xurdiu da propia situación de desemprego, e tamén pola experiencia dunha amiga que se atreveu a abrir un establecemento en Marín que funcionaba.

Unha pequena inversión para preparar a tenda e procurar a mercancía, aproximadamente un 60 por cento foi doada, posibilitou ir enchendo os andeis. Hai xente que precisa un arranxo na roupa de seu, e que repara Mari Carmen cobrando en mercancía ou en euros.

O “Armario de la Tita” estase a facer un oco na comarca e recibe clientes non só de Tui, senón da contorna, tamén de Vigo e Portugal. Quizais as persoas de máis idade son as que se amosan máis reticentes a mercar por unha serie de prexuízos que reprimen, incluso, os desexos de entrar no establecemento, e Mari Carmen insiste en que, aínda que non compren, que entren, que miren o que hai, como está a mercancía; quizais nunha segunda vez se animen a adquirir aquilo que precisan por a penas “nada”. Son os mozos os máis animados a visitar a tenda e a mercar “pero tamén, a pesar do dito, as persoas maiores”, aclara Mari Carmen mentres José Luis amosa chaquetas e pantalóns de chandal, impecables, a un euro “porque están desparexados”, pero atopan acomodo nos corpos.

De luns a sábado, en horario comercial de mañá e tarde, pódese acudir ao “Armario de la Tita” e mercar, como Antonio, que saíu cunha boa bolsa de botóns de colores, formas e tamaños diversos por dous euros.

 

Outra forma de ver a reportaxe: premer na foto

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Reunión

Solidaria Atlética na Guarda

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2012

 

 

Reportaxes dos lectores

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com