21/10/2013

     

    

Tino Baz en concerto

 

Tino Baz encheu o Centro Cultural nun concerto que anticipa o novo disco do cantautor guardés

 

            O mellor Tino Baz estivo o sábado, 19 de outubro, sobre o escenario do Centro Cultural da Guarda nun encontro cun público fiel que, en complicidade co cantautor guardés, acompañouno nalgúns estribillos.

            Novas cancións, e outras de recente creación, conformaron un concerto que foi un avance do que será o próximo disco de Tino Baz, traballo discográfico, con data fixada en 2014.

            Cun fondo de imaxes, procedente de Proxecto Socheo, a voz de Tino atopou ecos nunha sala que rebosou de presenzas queridas, outras desexadas e outras arroupadoras. Sobre os escenario, acompañaron a Tino o pianista Álex Ríos; o guitarrista, Moisés Quintas; o percusionistas, Nachito, e as voces de Carmen Baz e Rocío Leiro.

            Palpouse no ambiente íntimo do cantor-poeta novos sentimentos musicais, que aínda sen esquecer a reivindicación, a homenaxe aos que teñen que ser recordados, estaban presentes outras connotacións que elevan aos poetas ó sublime cando cantan ao amor. E o concerto foi, tamén, unha declaración pública produto dunha situación benquerida pola que atravesa Tino Baz…

 

Outra forma de ver a reportaxe: premer na foto

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Presentación do Club de Patinaxe Ribex de Tui

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2012

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com