28/10/2013

     

    

Tesouros Vivos do Mar

 

Presentado na Casa dos Alonso o proxecto para a Recuperación e Transmisión do Patrimonio Marítimo Inmaterial da Guarda

 

            Nun acto conducido Beti Rey, da Radio Municipal de Tui, o venres, 25 de outubro, a Casa dos Alonso da Guarda, acolleu a presentación dos traballos realizados no proxecto para a Recuperación e Transmisión do Patrimonio Marítimo Inmaterial do concello da Guarda, auspiciado pola Asociación Ponte nas Ondas, e financiado polo Grupo de Acción Costeira (Vigo-a Guarda), ao mesmo tempo que se recoñecía o labor das persoas portadoras.

            Para o alcalde da Guarda, Jo´se Manuel Domínguez Freitas, primeiro en intervir nesta presentación, e que se refiriu aos que poidéramos chamar antecedentes desta iniciativa como pode ser o labor de Anabam, no eido etnográfico; a Mostra das Tradicións Mariñeiras, o traballo desenvolvido por Ponte nas Ondas, sucede que “nestes tempos nos que todo muda tan axiña, corremos o risco de que se perdan os saberes de tanta xente que coñece tantas cousas que legar; de que perdamos retallos importantes da nosa historia. A Guarda posúe, desde hoxe, un conxunto de testemuñas que servirán ás xeracións posteriores para coñecer como era este pobo, que facían as súas xentes, que saberes posuían alá polo século XX, e será un documento valiosísimo”.

            A xerente do Grupo de Acción Costeira número 7 (Vigo-A Guarda), Elena Herbello, explicou que é esta institución, quen forma parte dela, a finaciación e a distribución dos recursos entre as actuacións que se presentaron e que acolleu, polo seu interese, este proxecto presentado polo conello da Guarda.

            Pola Asociación Ponte nas Ondas, o seu presidente, Santiago Veloso, explicou en que consiste este proxecto e, seguindo as recomendacións da Unesco, a necesidade de recuperar o patrimonio inmaterial, porque, como advertiu aquela institución internacional “desaparecen as persoas antes que as pedras”, de modo, insistiu, en que “hai que preservar os saberes das persoas que son máis efímeras que o patrimonio material”.

            Pedro Telmo Rodríguez, que coordinou o vídeo de “Tesouros do mar”, asegurou que foi un traballo moi grato o realizado, que lle permitiu entrar en contacto con moitas persoas ás que agradeceu a súa colaboración e disposición.

            Durante o acto foron subindo ao escenario os portadores do patrimonio, persoas que contribuíron, coas súas testemuñas, a preservar os valores inmateriais que forman parte do patrimonio local, e que recibiron un diploma, unha fotografía e o vídeo, que se presentou o sábado no Centro Cultural da Guarda.

            Pero houno tamén música que etivo a cargo de  Tino Baz, Luis Lechuga, Gustavo Eiras e Víctor Fuggetto, así como do grupo "Da outra margem".

 

Outra forma de ver a reportaxe: premer na foto

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Romaría de Santa Trega por Milo Baz

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2012

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com