27/07/2013

     

    

Mostra das Tradicións Mariñeiras

Anterior        Portada

 

 

            A carpa instalada no porto da Guarda e a nave das redeiras, continúan a acoller diferentes actos e actividades co gallo da IV Mostra das Tradicións Mariñeiras que do 25 ó 28 se celebran nestes espazos, ampliándose coa exposición de embarcacións tradicionais no Paseo Marítimo da Robaleira e a presenza dos artesáns da asociación Arco Baixo Miño na Rúa do Porto.

            O Venres, 26 ademais das exposicións e actividades xa habituais na nave das redeiras e a carpa, houbo outras iniciativas como os xogos populares nos que participaron pequenos e maiores, e un concurso de barcos de papel no que alcanzaron as primeiras posicións nove nenos, entre eles, algúns estranxeiros que pasan as súas vacacións na Guarda.

            Pouco despois das 10 da noite comezaron as entrevistas de “Tesouros Vivos do Mar”, na carpa, conducida por un membro de Ponte nas Ondas e que contou, para abrir e pechar este acto, cun grupo musical.

            Sobre o escenario estiveron Benito, que foi armador do barco "Guardés", que contou a súa experiencia nas costas africanas na captura de lagosta; Enrique “o Malla”, que foi dos derradeiros cordoeiros da Guarda, que salientou a importancia do traballo que realizaban elaborando cordas destinadas ós labores de pesca; María, Manoli e Carmen, da Asociación de Redeiras “Atalaia”, que recordaron o tempo das “atadeiras”, e a investigadora María Aurora Botao Pereira do Rego, autora do volume “De Santa Marinha de Gontinhaes a Vila Praia de áncora (1624-1924), que desvelou a orixe da comunidade piscatoria desa vila portuguesa, iniciada coa chegada dun mariñeiro da Guarda, Antonio Verde, acompañado da súa familia e, posteriormente ampliada ao instalarse outros guardeses na localidade, historia que sereflicte na publicación antes mencionada.

 

Outra forma de ver a reportaxe: premer na foto

Anterior        Portada

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Mostra das

Tradicións

Mariñeiras

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2012

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com