08/04/2013

     

    

X Aniversario de Xamaraina

(Ver Cea X Aniversario

 

            Non foi necesaria unha convocatoria pública para que os seguidores do grupo Xamaraina acudisen ao Centro Cultural da Guarda para compartir co este grupo, fundado e dirixido por Elena Baz, o décimo aniversario.

            Danza, baile moderno e a proxección dunha escolma de fotografías que recordaron distintos espectáculos, viaxes e tempo de lecer das compoñentes de Xamaraina, narrado pola mesma Elena Baz, formaron parte deste acto desenvolvido no Centro Cultural da Guarda o venres, 5 de abril.

            Xamaraina recoñeceu tamén a distintas persoas e colaboradores que teñen, e tiveron, algún tipo de relación especial co grupo, entregándolles un recordo realizado nos talleres ocupacionais de Avelaíña.

            Houbo emocións e sorpresas, como a organizada polas propias compoñentes de Xamaraina dedicada a súa directora, Elena Baz, que non puido evitar emocionarse.

            Arrouparon tamén a Xamaraina colectivos como Coiro Vello ou Na Revolta, entre outros que subiron ao escenario.

           

Outra forma de ver as reportaxes: premer nas fotos

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Escolares en Exponatur que se mostra na Casa dos Alonso

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2012

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com

 

 

 

 

2ª reportaxe

 

(Ver Cea X Aniversario