17/07/14

     

    

Procesión da Virxe do Carme en Tui

   por Beti Rey

 

A Virxe do Carme fixo o percorrido fluvial a bordo do Cabo Fradera acompañada por numerosas embarcacións

 

Unha tarde soleada e calorosa acompañou onte a celebración da festividade da Virxe do Carme en Tui.  A igrexa de San Domingos acolleu a misa solemne na honra á patroa da Armada e dos homes do mar. Dende alí partiu a procesión pasadas ás oito da tarde ata ás instalacións da Comandancia Naval do Miño onde a imaxe da Virxe embarcou a bordo do Cabo Fradera. O comandante naval, o alcalde de Tui, o subdelegado do goberno en Pontevedra e o alcalde do Rosal, encabezaron as autoridades presentes neste acto. Numerosas embarcacións deportivas, de lecer, e de pesca, así coma o patrulleiro portugués acompañaron o percorrido fluvial ata pasar a vella ponte internacional e regresar de novo ao peirao da Comandancia. A beira do Miño tanto na zona da Mariña, coma ao longo do Paseo Fluvial, o Penedo ou nas gradas xunto ao Centro Interfederado, foi elixido por moitas persoas para presentar o paso desta procesión fluvial.

 

Outra forma de ver a reportaxe: premer na foto

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Festividade Virxe do Carmen na Guarda

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2013

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com