30/11/12

     

    

Clausura do Curso de Tapicería da Asociación para a Recuperación do Traxe Galego da Guarda

 

Clausura do Curso de Tapicería organizado pola Asociación para a Recuperación do Traxe Galego da Guarda

 

Un dos salóns da planta baixa do antigo colexio Rodríguez Sinde, foi a aula na que se formaron 18 alumnos e alumnas na especialidade de tapicería, organizada pola Asociación para a Recuperación do Traxe Galego da Guarda, coa colaboración económica da Deputación de Pontevedra e do concello da Guarda que cedeu os locais para desenvolver o curso, impartido polo tudenese, natural de Paramos, José Ramón González.

            O curso, que principiou o 4 de outubro, e se clausurou o 29 de novembro, impartiuse os xoves, de 17 a 21 horas.

            Na clausura, a presidenta da Asociación para a Recuperación do Traxe Galego da Guarda, Carmen González, agradeceu á Deputación e ao concello as posibilidades que lles deron para realizar o curso, esperando poder contar o vindeiro ano con esta mesma colaboración para impartir un novo curso da mesma especialidade ou doutra diferente.

            Julia Sobrino reiterou o agradecemento que estendeu ao alumnado “pola colaboración e a pacencia que tivéchedes”, e ao profesor, José Ramón González polo traballo realizado.

O deputado provincial, Pablo Baquero, lembrou que o curso se insire no Programa Social “Pensa en ti” da Deputación de Pontevedra que ten moita aceptación como o demostras, dixo, as máis de trescentas asociación que o solicitaron, máis de 130 modalidades diferentes se están a impartir; fórmanse más de 6.700 persoas,e conta cun orzamento de 360.000  euros. E adiantou, finalmente, que a institución provincial seguirá colaborando co colectivo da Guarda.

O concelleiro de Cultura, Antonio Lomba, na súa intervención lembrou a importancia que ten para o concello da Guarda contar cun edificio como o Rodríguez Sinde que posibilita realizar actividades como a que se estaba a clausurar. Fixo mención a pasados anos cando desde o concello se pretendeu derrubar esta infraestrutura e as mellorar que o goberno que preside Domínguez Freitas acometeu para, nas medidas das posibilidades municipais ir mellorando o edificio.

Felicitou ao profesor do curso de Tapicería “porque o que se ve desde aquí non parece un traballo realizado nun curso, senón obra de profesionais”. Tivo parabéns para os alumnos e alumnas “por facelo ben e porque actividades organizadas por colectivos como A Asociación para a Recuperación do Traxe Galego da Guarda enriquecen a vida cultural deste pobo.

Pechou as intervención o alcalde, José Manuel Domínguez Freitas, para manifestar que “estes cursos son posible porque hai alumnado; porque hai un profesor e porque hai unha asociación que está detrás e que sigue a facer cousas”.

Animou a incorporarse a actividades como as que se estaban a clausurar, que posibilitan unha formación para os que acoden a ela e, quen sabe, quizais, nestes tempo de crise, podería ser unha alternativa laboral.

Tralas palabras dos representantes da administración e da asociación, deuse por clausurado este curso.

   

Outra forma de ver a reportaxe: premer na foto

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Procesión de

Santa Catalina

na Cruzada

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2011

 

 

Reportaxes dos lectores

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com