19/05/ 2017

     

 

 

 

Tapearte

 

Tapearte, a ruta de tapas da Guarda do 19 de maio ao 18 de xuño

 

(Para ver máis fotos, premer na imaxe)

Organizado polo Concello da Guarda, coa colaboración de 23 restaurantes e bares da localidade e co patrocinio de Disramo, a Casa dos Alonsos acolleu a presentación da quinta edición da ruta “Tapearte” que naceu en 2013 vinculada a elaboración das Alfombras Florais do Santísimo.

O alcalde, Antonio Lomba Baz, e a concelleira de Turismo, Montserrat Magallanes, coa presenza da maior parte dos establecementos participantes, foron os responsables de presentar esta proposta gastronómica. O alcalde destacou a calidade das tapas que é a mostra do bo facer da hosteleria guardesa, e salientou o aumento do número de establecementos que nesta edición acadan os 23 restaurantes e bares que ofrecerán a tapa a 2 euros, sen incluír outras consumicións.

Pola súa banda, a Concelleira de Turismo resaltou a importancia do traballo dos hosteleiros para que esta iniciativa se leve a cabo un ano máis. Ademais dende a primeira edición a ruta foi crecendo tanto nas datas como no seu formato grazas a boa acollida desta ruta. Para rematar indicou que nesta edición se adiantou o comezo para que o peche coincidise coa celebración das Alfombras Florais do Santísimo, o domingo 18 de xuño.

A ruta celebrarase durante cinco fins de semana, os venres, sábados e domingos comenzando hoxe, ata o domingo 18 de xuño, entre as 12.00 e as 14.00 horas e de 19.00 a 22.00 horas.

Para fomentar a elaboración de tapas de calidade entre os establecementos adheridos organízase o Concurso da Mellor Tapa de Tapearte 2017. Os participantes serán os responsables de valorar as tapas e coas súas puntuacións serán os que escollerán o establecemento que elabore a mellor tapa. Tamén se recoñecerá ao establecementos que ofreza o maior número de tapas.

Pola súa banda os participantes poderán optar a agasallos por participar na ruta. Haberá un premio directo aos que entreguen o pasaporte cun mínimo de 15 selos, tendo coma premio un pack de reloxo e bolígrafo do deseñador Antonio Miró que terán que recoller na Oficina de Turismo. Tamén haberá un sorteo de 9 mochilas e 9 altavoces inalámbricos entre os pasaporte entregados nas urnas e que conteñan os datos de contacto completos e un mínimo de 7 selos. Haberá urnas para depositar os pasaportes nos establecementos adheridos e na Oficina de Turismo do Concello.

           

 

 

Reportaxe anterior

 

Domingo de Ramos na Guarda

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2016

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com