27/05/2016

     

 

 

 

Tapearte Guarda, presentación

  

A Casa dos Alonsos acolleu a presentación de Tapearte que ofrece 20 tapas a 2 euros na Guarda

 

            Arroupados pola maior parte dos restauradores participantes, e precedidos na mesa polas 20 degustacións de Tapearte, o alcalde da Guarda, Antonio, Lomba, e a edil de Turismo, Motserrat Magallanes, presentaron o xoves, 26 de maio, na Casa dos Alonsos esta ruta gastronómica que, ademais das diferentes tapas que poderán saborearse ao prezo de 2 euros, leva premio seguro, que se entregará na Oficina de Turismo, para quen realicen a ruta completa, e sorteo de agasallos para quen degusten un mínimo de 12 tapas.

            Ademais serán os comensais quen co seu voto, elexirán a mellor tapa, e tamén recibirá premio o establecemento que sirva o maior número de tapas.

            A edil de Turismo explicou que Tapearte, prolongarase durante todo o mes de xuño. Valorou a presentación dos produtos, que son unha boa mostra da gastronomía local e un magnífico reclamo para a participación.

            Pola súa banda Antonio Lomba Baz, que pola hora e vendo os produtos, se “fai a boca auga”, dixo, coida que pola gran participación dos profesionais en Tapearte, a calidade do produto e a presentación, supoñen unha xustificación máis para aqueles que queiran achegarse á Guarda e degustar, en horario de mañá ou tarde, estas tapas que “son unha tentación”.

            Destacou a calidade visual dos pratos presentados, que sen dúbida será superada polo padal.

            Finalizou a súa intervención o alcalde, agradecendo aos restauradores a súa implicación na ruta e aos medios de comunicación, a súa importante colaboración para difundir Tapearte.

 

Outra forma de ver a reportaxe: premer nas imaxes

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Exposición Curso de Pintura A Guarda

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2015

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com