14/06/14

     

    

"Tapearte a Guarda"

  

20 establecementos participan en “Tapearte A Guarda” entre o 13 e o 24 de xuño

 

O venres, 13 de xuño, a Casa dos Alonsos acolleu a presentación de “Tapearte A Guarda”, ruta gastronómica organizada polo Concello da Guarda que terá lugar entre o 13 e o 24 de xuño, mesturándo gastronomía e a elaboración das alfombras florais do Santísimo (domingo 22) e a celebración do San Xoán.

A idea xurdiu o ano pasado dentro da Cámara de Comercio de Tui, e esta segunda edición estará aberta a case todos os establecementos da Guarda. A ruta desenvolverase en 20 restaurantes e bares do municipio, ofrecendo unha tapa de calidade a un prezo único de 2 euros. Trala satisfacción dos nove establecementos e dos clientes retómase un ano máis esta iniciativa ampliando as datas, cun horario que vai das 12.00 ás 13.30 horas e de 19.00 a 21.00 horas.

Para premiar aos participantes organízase o sorteo de dúas fins de semana para dúas persoas no Parador de Tui e no Hotel El Molino da Guarda. Cada establecemento dispón de papeletas do sorteo e entregarase unha papeleta por cada consumición, para poder participar no mesmo.

O alcalde da Guarda, José Manuel Domínguez Freitas, aproveitou a ocasión para agradecer a todos os participantes a súa colaboración e crear “pequenas obras de arte, que son un auténtico reclamo para que a xente  visite A Guarda”.

A finalidade da ruta é darlle maior peso á elaboración das alfombras florais, que se realizan dende hai máis de 25 anos en diversas rúas e prazas do casco antigo da vila. Deste xeito, permítese dar a coñecer este gran traballo, vinculando este labor á gastronomía.

É importante destacar o esforzo que está asumindo o Concello da Guarda para promover a gastronomía. “Fai apenas dous meses que estábamos presentando a primeira edición da Ruta da Lamprea e xa estamos inmersos nunha nova ruta, que estou que seguro que fará que sexamos máis coñecidos pola arte culinaria e  a nosa gastronomía inigualable”, salientaba o alcalde.

  

Outra forma de ver a reportaxe: premer na foto

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Desfile do Traxe Galego na Guarda

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2013

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com