30/07/12

     

    

Talleres deArqueoloxía no Trega

 

Visitantes e guardeses coñeceron e practicaron as actividades desenvolvidas no Monte Santa Trega hai máis de 2.000 anos

 

            Cunha importante participación, concluíron no Monte Santa Trega os talleres de arqueoloxía nos que distintos especialistas en diferentes materias posibilitaron que os visitantes do monte practicasen aquelas actividades que se desenvolveron fai algo máis de dous mil anos neste emblemático espazo.

            Desde a talla de utensilios líticos ou  facer lume, pasando polos gravados rupestres e a elaboración de recipientes de arxila, até participar nunha escavación arqueolóxica, coa “lectura” dos achados que se ían realizando, esta experiencia promovida polo Padroado Municipal Monte Santa Trega e o Concello da Guarda, a través da Concellaría de Patrimonio, resultou do agrado de cuantos quixeron achegase á contorna da Casa Forestal, onde se instalaron os talleres que se desenvolveron o sábado, 28 de xullo, e o domingo, día 29.

 

Outra forma de ver a reportaxe: premer na foto

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Exposición de Rosabell no Centro Cultural (A Guarda)

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2011

 

 

Reportaxes dos lectores

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com