05/02/2015

     

    

Club S. Xerónimo no Campionato de España

 por San Xerome

 

O club San Xerónimo participou no Campionato de España de Campo a Través da FEDDI

 

 

O pasado 31 de xaneiro Celebrouse na localidade extremeña de Zafra (Badajoz) o XXIII Campionato de España de Campo a Través da FEDDI, no que participou o Club Polideportivo San Xerónimo Emiliani, na Categoría Junior, con Órcar Moure Rodríguez, que acadou a terceira posición. Na Categoría Senior Feminina a representante foi Maite Santos Fernández (12ª). E finalmente, ba Categoría Senior Masculina o equipo conformado por Armando Verde Moreira (7º), Borja Cadilla Lomba (9º) e Luis Antonio Sandez García (19º), alcanzaron a terceira posición por equipos.

O Club Polideportivo San Xerónimo da a noraboa aos deportistas, todo un éxito de participación e de resultados. Un labor que é froito do traballo dos máis de trinta deportistas que conforman a plantilla (Seccións Atletismo, Baloncesto e Remo), os adestradores, monitores, colaboradores e voluntarios que fan posible a realidade do Club Deportivo.

 

Outra forma de ver a reportaxe: premer nas imaxes

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Campeonato Gallego de Croos Corto en Friol

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2014

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com