04/06/ 2017

     

 

 

 

Xantar de SOS Tomiño-Baixo Miño

por Victoriano da Ghoreña

 

           Organizado por SOS Tomiño-Baixo Miño, a alameda de Pías (O Rosal) acolleu un xantar no que participaron preto de 200 comensais.

Como cada ano, dende o ano 2008, a  Asociación Asistencial SOS Tomiño Baixo Miño, celebrou, o 4 de xuño, o IX Xantar Solidario, que tivo lugar no parque de Pias, no Rosal, baixo carpa.

Este xantar, tivo a dobre finalidade de agradecer o traballo que ao longo do ano fai o grupo dos voluntarios  e ao mesmo tempo a colaboración das persoas e entidades que axudan co seu traballo ou facendo algunha doazón, tanto económica como de alimentos.

Preto de duascentas persoas participaron neste encontro cuxos fondos recadados destinaranse á compra de alimentos para as familias  necesitadas que a Asociación Asistencial SOS Tomiño Baixo Miño atende, acadando neste momento 34 familias en Tomiño, 81 no Concello de Tui e 6 no concello do Rosal.

 

(Para ver fotos, premer na imaxe)

 

 

           

 

 

Reportaxe anterior

 

Homenaxe a Laureano Matos Barcia, Nani

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2016

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com