25/01/2013

     

    

Desfile solidario en Goián

   

A Asociación de Mulleres “Paso a Paso” entregou a SOS Tomiño 113 polos mercados co diñeiro recadado no desfile solidario

Promovido pola Asociación de Mulleres “Paso a Paso”, coa colaboración do Concello e SOS Tomiño, celebrouse con gran éxito o I Desfile Solidario cun cheo no Auditorio de Goián para amosar a súa solidariedade cos máis desfavorecidos.

Vendendo rifas, os membros da asociación lograron recadar 577 euros, que se destinaron á compra de carne. Precisamente, onte tivo lugar a entrega de 113 polos enteiros a SOS Tomiño, como resposta ao pedido que a asociación realizou co fin de cubrir a gran demanda de carne que teñen por parte das familias necesitadas.

Ademais, achegando en calidade de entrada, un quilo de alimentos non perecedoiros, reuníronse 255 quilos de produtos alimenticios que se repartirán a través da mesma asociación de voluntarios.  

Sobresaínte para os encargados de desfilar pola pasarela; mulleres, homes, nenas e nenos que, voluntaria e desinteresadamente, se ocuparon de lucir roupa doada á asociación Paso a Paso, e que esta presta para festas e outras ocasións especiais.

Tania Alves, presidenta de Paso a Paso, agradeceu a axuda de todos os colaboradores e voluntarios, entre os que estiveron tamén o músico venezolano Erik Feles, que amenizou o desfile coa súa gaita; un grupo de baile infantil de Tomiño e o Rei Midas, cun gran espectáculo de maxia, que fixo as delicias dos pequenos. O agradecemento faise extensivo, ademais, ao escultor Carlos Fierro, que donou unha das súas obras como premio das rifas, e a Informática Solidaria, que fixo o propio cun computador.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Solidariedade

con Marta

en Goián

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2012

 

 

Reportaxes dos lectores

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com