30/12/2013

     

    

II Reunión Atlética Solidaria

   

A II Reunión Atlética Solidaria recolleu alimentos para repartir entre os máis necesitados

 

            A Guarda acolleu, por segundo ano, a Reunión Atlética Solidaria, celebrada o domingo, 29 de decembro, nunha mañña fría pero cun grande espíritu deportivo e solidario.

            Antes das 10 da maña, hora prevista para a saída da andaina solidaria, comezaron a chegar os primeiros participantes coa súa colaboración: bolsas de alimentos como latas de conservas (atún, mexillóns), leite, galletas, pan de molde, ovos,  cacao, tomate frito e embutidos pechados hermeticamente, que persoal do concello e da Cruz Vermella foron clasuificando para o seu posterior reparto. Mentres, noutras mesas instadas no pario do colexio da Sangriña, se preparaban as bolsas con froita e bebida lograda coa colaboración de distintas casas comerciais, que serían repartidas entre os corredores que sairía unha horas más tarde de que o fixeran os participantes na andaina. En total 166 inscritos percorrero, camiñando ou correndo, o traxecto que partindo da Sangriña, seguía polo centro urbano da Guarda, a Rúa do Porto, Senda Litoral, O Muíño, A Pasaxe e A Sangriña, uns dez quilómetros de percorrido aproximadamente.

            Satisfacción nos participantes e tamén nos organizadores, aínda qu este ano a aportación foi menor, debido, quizais, a que as colaboracións solidarias estanse a repartir entre distintas asociacións e clubs que oprganizan actos parecidos, de modo que as posibilidades de participar nestas campañas cos máis desfavorecidoas mutiplicáronse este ano.

 

Outra forma de ver a reportaxe; premer na foto

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Exposición de Belén en Inmobiliaria Lidia

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2012

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com