18/03/2013

     

    

Presentación de "Sobre rodas" no Arruaz

  

 

            O dúo de zanfonistas Luis Correa “Caruncho” e Carlos Do Viso, presentaron no restaurante Arruaz da Guarda o seu disco “Sobre rodas”, o sábado, 16 de marzo. Unha nova aposta do establecemento de Ángel Baz pola música do país que conta co beneplácito dun público fiel en cada “entrega”.

            Luis Correa “Caruncho” e Carlos Do Viso interpretaron os temas de “Sobre rodas”, nalgunhas cancións acompañados polo público. Temas que falan do compromiso coa lingua do país, do recoñecemento as nais da Praza de Mayo e outras composicións máis distendidas. Entre eses temas un precioso tango “dialogado” polas zanfonas que encantou aos asistentes.

            Carlos Do Viso é, segundo palabras de “Caruncho”, un constructor das “melloras zanfonas”. Ámbolos dous deixaron unha pegada musical de excepción no Arruaz que o público soubo agradecer cos seus aplausos.

 

Outra forma de ver a reportaxe: premer na foto

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

"Por un

mar con

futuro"

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2012

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com