07/11/2013

     

    

A sinxeleza do natural

Reportaxe: Beti Rey

 

“A sinxeleza do natural” pode visitarse na Sala Municipal na Área Panorámica ata o 28 de decembro

 

 “A sinxeleza do natural” é o título da exposición que ata o 28 de decembro se pode visitar na Sala de Exposicións Municipal na Área Panorámica de Tui.  A mostra, comisariaza por Andrea Costas, recolle a obra de Antía Barba de Santiago, Marco Covela de O Irixo, Laura Novelle de Redondela e Tamara Alonso do Rosal, alumnos ou exalumnos de Belas Artes, e do profesor Fernando de la Iglesia.

Na exposición recóllense distintos xeitos de abordar o natural, e tal e coma explicaba Fernando de la Iglesia están presentes as distintas tendencias de arte contemporáneo. Salientaba o profesor de Belas Artes o traballo realizado por Andrea Costas, a quen tamén agradeceu o feito de telo convidado a expor nesta mostra.

O alcalde, Moisés Rodríguez, na inauguración da exposición salientou que o espíritu da Área Panorámica é dar cabida a todo tipo de mostras, amosando a súa satisfacción pola mostra que agora pode visitar o público ata finais de ano.

 

Outra forma de ver a reportaxe: premer na foto

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Festival Solidario a facor de SOS-Tomiño en Tui

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2012

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com