01/04/2013

     

    

Santo Enterro (Semana Santa)

   

A Semana Santa Guardesa sacou á rúa o Santo Enterro a pesar da inseguridade climatolóxica

 

 

            Soamente unha procesión, ademais da Soidade do sábado, puido saír na Semana Santa Guardesa.

            A abundante choiva do Xoves e Venres Santo impediu que saísen á rúa as procesións dos Paos e do Encontro. Na tarde do Venres Santo, desafiando un ceo encapotado, saíron as confrarías que promoven a Procesión do Santo Enterro, popularmente coñecida como <dos homes>, por ser soamente os varóns quen forman as filas que acompañan ás imaxes. Toñi Baquero cantou unha saeta ao Cristo da Esperanza, nas proximidades da igrexa Conventual. Por un momento, cando reanudaba a procesión, caeu a choiva obrigando a cubrir algunhas das imaxes con plásticos. Foron uns simulacros de choiva, que non impediron continuar o programa no seu habitual percorrido polas rúas Méndez Núñez, inicio de Oliva, Hernán Cortés, Concepción Arenal, Brasilino Álvarez Sobrino, Joaquín Alonso, Vicente Sobrino, Rúa Galicia, Puerto Rico e José M. Andreini.

            Previamente celebrouse na parroquial de Santa María o Desencravo e o Sermón das Sete Palabras, seguido por numerosos fieis, que reproduce a escena de baixar a Cristo da Cruz, presentalo á súa Nai e o Enterro.

            A Semana Santa guardesa concluíu coa procesión da Soidade que saíu o sábado, ás oito da mañá da Asunción de Santa María.

          

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Procesión

de Ramos na Guarda

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2012

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com