03/12/12

     

    

Concerto de Santa Cecilia da Agrupación Musical da Guarda

 

O Concerto de Santa Cecilia da Agrupación Musical da Guarda abriu os actos que preludian as Festas de Nadal na Guarda

 

            A igrexa parroquial da Asunción de Santa María da Guarda volveu ser o marco do Concerto de Santa Cecilia, organizado pola Agrupación Musical da Guarda coa colaboración da Deputación de Pontevedra, Concello da Guarda e a Parroquial de Santa María.

            Coas bancada ocupadas e unha importante presenza de público no Coro, o Concerto, celebrado o sábado, 1 de decembro, foi presentado polo párroco, Jesús García Villadóniga, participando neste encontro musical os alumnos da Banda Infantil da Agrupación Musical da Guarda e os mayores desta mesma formación.

            Os primeiros, baixo a dirección de José Antonio Soutelo Muñoz, interpretaron cinco composicións moi aplaudidas polos presentes que pediron “outra máis”, sendo correspondidos por esta xove formación.

            Víctor L. Alonso Treinta, dirixiu a Banda da Agrupación Musical da Guarda, nesta ocasión cun 45 compoñentes, para interpretar cinco composicións, reclamando tamén o público “unha máis”.

            No transcurso deste acto recibiron o pin da Agrupación Musical da Guarda cinco xoves músicos da banda infantil que os profesores consideraron preparados para integrarse no grupo dos maiores, cos que xa tocaron neste mesme concerto de Santa Cecilia: Natalia Fernández Lomba, frauta; Dafne Piñeiro González, trompeta; Brais Verde Verde; Manuel Loureiro Lomba, Clarinete; Daniel Portela Pena, trompeta, e Rodríguez Rodríguez.

            No nome da Directiva, un dos músicos da Agrupación Musical da Guarda impuxo o pin da Agrupación Musical da Guarda ao presentador, Jesús García Villadóniga, pola sempre disposición a colaborar con esta formación en cantos actos programa a banda de música da Guarda.

 

Outra forma de ver a reportaxe: premer na foto

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Procesión de

Santa Catalina

na Cruzada

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2011

 

 

Reportaxes dos lectores

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com