03/08/2013

     

    

Sardiñada en San Queitano

 

As sardiñas abriron as festas de San Queitano na Cruzada

 

            Cunha gran afluencia de público, as Festas de San Queitano, na Cruzada, abriron o programa de actos celebrando o xoves, 1 de agosto, unha sardiñada popular que desbordou a infraestrutura montada para atender a cantos quixeron inaugurar uns festexos que se prolongarán ata mañá, domingo.

            Co grupo de gaitas “Os Ghaiteiros do Carreiro” animaron a degustación, sardiñas recén capturadas pola flota “do día” da Guarda, que estaban “de vicio”, segundo apreciaron os padais de moitos que non dubidaron en repetir ración, acompañada de viño tinto, prolongándose a noite cun auténtico “serán” popular e espontáneo.

         

Outra forma de ver a reportaxe: premer na foto

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Regatiñas nas Festas da Virxe do Carme (a Guarda)

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2012

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com