23/06/14

     

    

Procesión do Santísimo

  

Estas fotos pódense mercar en pepel fotográfico enviando un correo a galiciasuroeste@gmail.com

   

Centos de fieis participaron na procesión do Santísimo na Guarda

 

                 Popularmente coñecido como "Domingo do Señor", A Guarda celebrou a tradicional procesión do Santísimo o domingo, 22 de xuño, percorrendo as rúas na súa meirande parte adornadas con alfombras florais que moitas mans, de todas as idades, elaboraron na noite precedente. O Corpus é, tamén, un día elixido por moitos pais para que os seus fillos fagan a Primeira Comuñón, e, xunto con aqueles que xa a fixeron nos domingos anteriores, nesta xornada tamén outros nenos e nenas recibiron por primeira vez o cuarto dos sete Sacramentos.

                 Neste acto relixioso participaron a maior parte dos concelleiros, presididos polo alcalde da Guarda, José Manuel Domínguez Freitas, acompañado polo vicepresidente da Cámara Municipal de Caminha, Guilherme Cesário Lagido Domingos. Na comitiva  relixiosa tamén participaron representantes do mundo empresarial e de distintas comisións de festas, así como a banda Agrupación Musical da Guarda.

 

Outra forma de ver a reportaxe: premer na imaxe

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Alfombras florais da Guarda

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2013

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com