04/06/2013

     

    

Procesión do Santísimo

   

Moitos fieis participaron nos actos relixiosos en honor ó Santísimo

 

            Arredor das 12.30 horas do domingo, 2 de xuño, saíron da parroquial Santa María da Guarda a cruz procesional e os estandartes e bandeiras que precedían o palio levado por seis portadores. Detrás, os sacerdotes: o párroco da Guarda, Jesús García Villadóniga, e o somasco, P. Vidal. A continuación a comitiva oficial, co alcalde ao fronte, e pechando a procesión, a Agrupación Musical da Guarda, dirixida por Víctor Alonso Treinta.

            Ducias de “anxeliños”, foi unha da veces que máis se viron nos últimos anos, e os nenos que este año fixeron a Primeira Comuñón, participaron tamén neste acto procesional. A xornada calorosa, xa avanzado o percorrido procesional, pasaba factura a algúns dos rapaces, desexosos de chegar de regreso ao templo.

            En determinados lugares do percorrido (Prazo do Reló, A Ribeira, Convento e entronque das rúas Concepción Arenal-Brasilino Álvarez-José Mª Sesto), situáronse cadanseu altar onde se realizaron as paradas para honrar ao Santísimo, mentres o Coro Parroquial entoaba os cánticos de rigor, entre eles, a Salve Mariñeira). Ao paso do Palio, desde algunhas fiestras, como en Concepción Arenal, tiráronse milleiros de pétalos e na Praza do Reló voaron as pombas pechadas nas xaulas.

 

Outra forma de ver a reportaxe: premer na foto

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Primeira Comuñón na festividade do Santísimo

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2012

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com