18/08/14

     

    

Slacidos en Blanco e Negro

   por Agustín Ferreira

 

Salcidos en Blanco e Negro

 

A exposición, Salcidos en Blanco e Negro, na súa segunda edición e que estivo aberta no salón parroquial durante seis días, rematou este domingo, 17 de agosto,  con notable éxito de público. Tal e como puidemos  escoitar,  foron  moitas as persoas que amosaron a súa satisfacción pola mesma,  e que comentaban con verdadeiro entusiasmo, cando chegaban a algunas das fotos con xentes do barrio e que xa non están con nós.  Non as contamos, pero deberon ser arredor de 200 as fotografías que  estiveron expostas,  nas que aparecían xentes dos barrios da Proba, Pintán, O Castro, Buxán, algunas moi populares no seu tempo, como Arminda.  A colaboración da xente da parroquia de Salcidos, polo que se puido ver, foi un completo éxito.

Detalle du dos paneis.

 

Unha vista xeral da sala de exposicións

 

Primeiro plano dunha das fotografías que estaban nun dos álbumes que había na exposición

 

Tres visitantes á exposición, cada un dunha das parroquias guardesa: esquerda, Agustín (A Guarda); no centro José Luis (Camposancos); á dereita Victoriano (Salcidos).

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

O Mar no mundo de Eliseo Alonso

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2013

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com