06/01/2016

     

    

Reis Magos na Residencia Monte Tecla

   

Os Reis visitaron a Residencia Monte Tecla na Guarda deixando agasallos para os residentes

 

            Coa presenza do alcalde da Guarda, Antonio Lomba, e as concelleiras Montserrat Masgallanes e Teresa Baz, Melchor, Gaspar e Baltasar adiantaron á tarde do luns, día 4, a súa estadía na Guarda para visitar a Residencia Monte Tecla, que o pasado ano cumpriu dez anos desde a súa inauguración en xuño de 2005 polo presidente da Xunta de Galicia, Manuel Fraga, sendo alcalde da Guarda, José Luis Alonso Riego.

            As súas Maxestades e autoriades locais foron recibidos polos titulares da Residencia de Maiores, así como polos mesmos residentes entre aplausos. Entraron os Magos acompañados polo grupo de baile, Xamaraina, e a charanga Os Zanfonos, que puxeron musica e cantos nunha tarde de ilusión na que os maiores non só aplaudiron e cantaron, senón que tamén se animaron a bailar.

            Durante a estadía dos Reis no salón de actos da Residencia, ademais de departir cos maiores acollidos neste centro, os Magos de Oriente entregaron cestas de Nadal entre a ilusión dos presentes neste acto.

            Cada ano, os Reis visitan este centro deixando a maxia e a ilusión que a súa presenza fai posible, non só entre os maiores, tamén entre os máis pequenos e familiares dos residentes que os visitan, pasando un ano máis una xornada especial e emotiva de lembranzas e agarimo nunhas idades onde especialmente se agradecen estes xestos cargados de acollimento.

 

Outra forma de ver a reportaxe: premer nas imaxes

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

En Bouzas, reportaxe de Milo Baz

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2014

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com