02/03/2016

     

 

 

 

Día de Rosalía

 

Centos de escolares concentráronse na Praza do Reló da Guarda para homenaxear a Rosalía de Castro

 

Organizados polo Concello en colaboración cos centros escolares, a Praza do Reló, na Guarda, acolleu o martes, 1 de marzo, os actos escolares dedicados a Rosalía de Castro con motivo do 179 aniversario do seu nacemento, e que por cuestións meteorolóxicas, non foi posible realizar no seu día.

            Os alumnos de Primaria dos distintos centros de ensino da Guarda foron chegando á céntrica praza guardesa mentres soaba por megafonía “Adios ríos, asdios fontes”, na voz de Amancio Prada, despois das 11.30 horas para iniciar a lectura dos poemas ás 12 do medio día, coa presenza do alcalde, Antonio Lomba, e concelleiros do grupo de goberno. Poemas e lendas nas que se destacaban os valores da poetisa galega e o seu amor a Galicia, e que foron lidos desde o balcón da Casa Consistorial polos escolares, algúns cos beizos pintados de vermello, distintivo da poetisa, e “caretas” coa imaxe de Rosalía, pancartas e un “mellor” coñecemento da autora do século XIX máis representativa.

 

Outra forma de ver a reportaxe: premer nas imaxes

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Entroido da Guarda por Milo Baz

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2015

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com