08/06/15

     

    

A gamela Roncadeira

A “Roncadeira” traza estelas na desembocadura do Miño

 

O 6 de xuño as augas do río Miño reflexaban con singularidade a silueta dunha embarcación única na súa clase. Tratábase da Roncaderia, unha embarcación destinada a acercar a navegación ás persóas discapacitadas ou con mobilidade reducida. Partindo da lonxeva embarcación tradicional da Guarda -a gamela- modificouse para que puidese aloxar unha cadeira de rodas e se puidese embarcar con facilidade. Tamén se modernizou tanto o velame coma outros elementos de navegación. A gamela Roncadeira, propiedade do Condello da Guarda, está cedida para o seu uso ao Club Alagua, quen se encargou da planificación do evento de presentación na fin de semana. As condicións climatolóxicas resultaron perfectas para a navegación nesta embarcación no sábado, cun vento moderado e coa marea na fase idónea. Os navegantes nese día foron dous membros do Club Alagua, e un veciño da Guarda, Pablo, quen ao rematar a travesía indicaron que a embarcación fora moi doada de manexar.

Entre as autoridades presentes no evento de presentación da gamela estaba o alcalde, José Manuel Domínguez Freitas, quen agradeceu a presenza das demais autoridades, así como a participación de Pablo no evento. Ademais lle propuso ao antigo propietario da gamela ir a navegar nela noutra xornada. O alcalde tamén recordou ao recentemente falecido, José Miguel Abellán Ruiz, antigo Capitán Marítimo do distrito de A Guarda, quen se implicou directamente no proxecto de construcción da gamela Roncadeira. O presidente do Club Alagua, Héctor Carrero, resaltou que o Club Alagua quería agradecer ao Concello da Guarda a confianza que depositou no Club para a utilización desta embarcación e que se lle dará o mellor uso posible. O público que presenciou a navegación dende terra comentaba que a estampa que proporcionaba era inédita e alabou a valentía que demostrou Pablo. Nun futuro prevese realizar xornadas de navegación con persoas discapacitadas tendo sempre presente que esta gamela precisa dunha atención especial pola súa natureza.
 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Andaina Arcade-Pontevedra

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2014

  

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com