09/08/ 2016

     

 

 

 

Certame de Poesía Feliciano Rolán

 

A Agrupación Cultural Guardesa entregou os premios do certame de poesía “Feliciano Rolán”

 

 

            A Guarda celebrou, o martes 9 de agosto, a trixésima edición do Certame de Poesía Feliciano Rolán, organizado pola Agrupación Cultural Guardesa, presidida por Julia Sobrino.

            Presentou o recital poético-musical de entrega de premios Manuel Santos, quen lembrou diferentes textos do poeta que da nome ao certame, e a autores que compartiron experiencias literarias co poeta guardés.

            A secretaria da Agrupación Cultural Guardesa, Marisol Diz Amil, leu un poema de Feliciano Rolán, e o grupo de clarinetes Klason, ambientou musicalmente a xornada que supuxo un encontro coas letras.

            De seguido deuse lectura aos poemas premiados. Jonatan Rodríguez Cabaleiro, de Ponferrada, León, explicou previamente o contido da súa composición premiada co áccesit. Chuni Vázquez, leu o poema “Volver”, de Alberto de Frutos Dávalos, de Madrid, terceiro premio do certame; Julia Sobrino, puxo voz a “Arrodillamiento no disponible”, de José Repiso Moyano, de Málaga, galardoado con 2º premio, e o autor do primeiro premio, Joaquín Cadilla Castro, da Guarda, subiu ao escenario para recitar  “O patio”, poema que logrou o primeiro premio, no que o autor recolle vivencias, nostalgias e recordos.

            Os membros do xurado, que subiron ao escenario recibiron un agasallo da Agrupación Cultural Guardesa, cuxos membros foron responsables de entregar os falardóns aos premiados, cedendo a presidenta do colectivo, Julia Sobrino, a entrega do primeiro premio ao alcalde, Antonio Lomba.

            Unha representante da Comisión de Festas do Monte entregou un recordo a Agrupación Cultural Guardesa, recollido por Julia Sobrino. Finalizou o acto volvendo ao escenario o grupo de clarinetes Klason.

          

 

 

Reportaxe anterior

 

Pregón das Festas do Monte

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2015

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com