03/03/2014

     

    

Regata Miño Internacional

 

O catro scull absoluto feminino do Club Remo Tui impúxose na Regata Miño Internacional

O domingo, 2 de marzo, celebrouse a Regata Miño Internacional, no Río Miño, e rematando a proba nas instalacións do Centro Municipal de Remo, onde competiron os mellores clubes Galegos e Portugueses, nunha xornada cunhas condicións metereolóxicas moi duras para a práctica do deporte. Un ano máis o equipo do catro scull absoluto feminino do Club Remo Tui impúxose revalidando o título de Campionas de España nunha durísima regata de 6 quilómetros co incentivo da corrente que leva actualmente o Miño, aínda así, foron totalmente superiores as súas contrincantes sacándolle 1'50'' as segundas clasificadas do Mixto Miño-Castrelo-Caminhense e 2'49'' as terceiras clasificadas do Clube Naval Infante Don Henrique. O equipo B feminino do C.R. Tui formado por xuvenís e cadetes quedaba en sexto lugar mostrando unha moi boa forma física, e un futuro esperanzador para as xoves promesas.

No caso do catro scull absoluto masculino, aínda faltando os dous mellores remeiros do clube por estar concentrados coa selección española, quedaron en cuarto lugar cun barco de máis de 25 anos que está fóra da alta competición, polo que desde o club fan un chamamento ás autoridades e empresas para que colaboren a facer posibles os éxitos destes remeiros. No caso do oito con timonel, o C.R. Tui quedou en 9º lugar deixando atrás a 4 equipos, tendo en conta que é un equipo veterano cunha media de idade de 49 anos.

 

 

 

 

 

 

 

    

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Venres de Foliada en Tomiño

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2013

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com