16/10/2013

     

    

Club Ribex

Reportaxe: Beti Rey

 

O club de patinaxe Ribex inicia a súa actividade no Concello de Tui

Con medio centenar de patinadores e patinadoras inicia a súa actividade en Tui o Club de Patinaxe Ribex. A súa presentación oficial tivo lugar o venres ( 11/10/2013) no pavillón deportivo do IES San Paio coa presenza do alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, o concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo, o concelleiro de Formación, José Ángel Villaverde así coma a presidenta de Ribex Sonia Pérez.

O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, na presentación desta agrupación, destacou a necesidade dun club desta características na cidade onde xa había unha canteira importante. Salientou coma este deporte hai uns anos apenas tiña seguidores e hoxe grazas ao traballo de moitos é xa unha realidade no municipio. Aproveitou o rexedor para desexar moitos éxitos a Ribex nas competicións oficiais ás que acudirá.

Pola súa banda o concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo, amosou a súa satisfacción por contar xa con este club logo de dous anos loitando polo mesmo. Destacou o importante número de nenos e nenas que practican patinaxe no municipio e lles desexou moitos éxitos.

Sonia Pérez, presidenta do Club Ribex, manifestou que tratarán de levar o nome de Tui o máis lonxe posible, ao tempo que desexaba que no futuro poidan ter unha boa canteira de patinadores tudenses.  Os responsables dos adestramentos van ser Carolina Figueroa e Santiago Alonso.

Nesta presentación os asistentes tiveron xa oportunidade de comprobar o bo facer deste club ao través das exhibicións realizadas por algúns dos seus patinadores. Os adestramentos vanos realizar no pavillón do IES San Paio os martes, xoves, venres e sábado, para preparar así tanto as exhibicións que realizarán como as competicións oficiais nas que van participar levando o Nome de Tui.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Centenario de Herminda  Villaverde

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2012

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com