seguinte
Amegrove gañou a 1ª Bandeira Concello da Guarda doada pola
institución local
Espectacular a primeira regata de traineras celebrada no mar aberto,
en augas da Guarda en disputa da 1ª Bandeira Concello da Guarda pola que
loitaron 17 embarcacións. A idea da dureza da proba celebrada na Guarda pode
dala que dunhas 25 embarcacións de todo tipo que saíron ao mar para seguir a
competición, aproximadamente o cincuenta por cento regresou ao interior do
porto. O vento norte, e sobre todo a forte oleaxe, foron causa de que algún
patrón caese da trainera ao mar e que nalgún caso o patrón abandonase a súa
posición na proa e se desprazase á popa para calibrar a embarcación.
A regata fíxose en catro largos para cubrir ás 3,5 millas
(aproximadamente 5.500 metros) que separaban os extremos do campo de regatas.
Na primeira tanda saíron tres embarcacións e tres minutos despois
outras catro, entre elas o Club de Remo Robaleira, que se cruzaron no campo.
As dúas últimas tandas tiveron saídas
normais: primeiro cinco embarcacións e ao rematar a súa quenda, as outras cinco.
Tanto nesta regata celebrada na Guarda (1º Amegrove, con 26.33; 2º
Chapela, a 5.14”; 3º Cabo da Cruz, a 8.14”, 4º Náutico-Muros, a 9.15”, 5º Meira,
a 12.52”, e 6º Perillo, a 40.74”), coma a disputada o domingo, (Bandeira
Concello de Vigo), o Club de Remo Robaleira entrou en décima posición. Na táboa
da Liga Galega, o Club de Remo Robaleira ocupa a décimo primeira posición, no
que é o seu primeiro ano de competición en traineras. Hai que ter en conta que
os remeiros da Guarda carecen de embarcación e outra infraestrutura para
competir, e compiten con trainera e palamenta cedidas por outros clubs, aos que,
na Guarda, fixeron un recoñecemento público, destacando Hermelindo Marínez,
durante o acto de entrega da Bandeira da Guarda, o grao de colaboración entre os
distintos clubs, que só son rivais no campo deportivo e mentres se compite.
A entrega da I Bandeira Concello da Guarda, que tivo lugar na carpa
instalada polo concello na explanada da lonxa, foi feita polo alcalde, José
Manuel Domínguez Freitas, que cedeu este honor ao secretario xeral para o
Deporte, José Ramón Lete Lasa.

Preparativos






Os remeiros







seguinte